Lousame impulsará a natalidade con axudas económicas e servizos de apoio e conciliación
O concello de Lousame impulsa o seu primeiro plan de fomento da natalidade. As familias con fillos nacidos a partir do 1 de xaneiro percibirán unha axuda económica de 900 euros. Así mesmo, contarán con servizos de conciliación e de asesoramento adaptados a cada unidade familiar.
A conselleira do Mar reúnese coas confrarías de Porto do Son e Portosín
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, segue coa súa rolda de visitas polas confrarías galegas. Hoxe tocoulle a quenda ás de Portosín e Porto do Son. Nos encontros mantidos coas xuntas directivas de ambos pósitos, a titular do Mar puido coñecer de preto as principais necesidades das dúas confrarías, moitas delas relacionadas coa mellora das infraestruturas portuarias.
Noia acende un Nadal cheo de maxia e moitas novidades
Noia inaugurou este venres o seu Nadal co acendido do alumeado e unha chocolatada. O programa deste ano inclúe moitas novidades como o primeiro mercado de Nadal, a festa pre-fin de ano e a visita de Papá Noel ás parroquias.
Noia Histórica sorteará este Nadal 5 reloxos intelixentes e un premio de 800 euros
Preto de 60 establecementos participará na campaña de Nadal de Noia Histórica. Ademais do sorteo de cinco reloxos intelixentes, a asociación de empresarios colaborará co concello no sorteo do décimo que repartirá preto de tres mil euros en vales de compra.
Noia porá en valor os xardíns Felipe de Castro cunha mellora da accesibilidade
O concello de Noia vén de sacar a licitación o acondicionamento dos xardíns Felipe de Castro. A actuación suporá un investimento de máis de 90 mil euros, financiados con fondos europeos Next Generation, para a posta a punto dunha das principais zonas verdes do casco urbano.
O PP de Noia contraataca con facturas de gastos en hostalería presentadas por PSOE...
O PP de Noia saíu ó paso das informacións que cuestionaban os gastos en hostalería realizados polos populares con cargo á asignación do grupo político. O seu voceiro presentou facturas similares presentadas polos grupos da Marea e do PSOE, ós que acusa de emprender unha campaña de difamación en contra do anterior executivo.
O conservatorio de Noia promove unha xornada formativa sobre instrumentos de vento madeira
O conservatorio de Noia organiza unha xornada formativa sobre instrumentos de vento madeira. Desenvolverase o 13 de decembro no Casino, a cargo do experimentado lutier Pablo Pascua.
O Museo do Mar de Noia reabrirá ó público cunha programación especial
O executivo noiés vén de anunciar a reapertura do Museo do Mar. Será este vindeiro venres, ás sete da tarde, nun acto aberto a toda a veciñanza. Dende o Concello indicaron que era unha das súas prioridades, destacando tamén a colaboración da Asociación Mar de Noia
O concello de Outes recupera a concesión do náutico do Freixo
A Conselleira do Mar visitou esta mañá o edificio de Usos Náuticos do porto do Freixo en Outes. O concello vén de recuperar a concesión desta instalación e traballa xa na busca de financiamento para a súa posta a punto.
A Sin-Son 10K reunirá a máis de 2000 corredores na súa 14 edición
Esta mañá presentábase oficialmente en Porto do Son a 14 edición da Sin-Son 10K. A carreira, incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 21 de decembro. Na proba tomarán parte máis de dous mil atletas.


















