Outes restablece o servizo de auga municipal para o consumo humano
O concello de Outes restablece o servizo de auga municipal para o consumo humano. A decisión foi tomada despois de que a consellería de Sanidade lle remitise os resultados das analíticas que confirman que a auga é apta para o consumo humano.
Volta á actividade marisqueira na ría de Noia despois do parón obrigado pola toxina
Volta á actividade marisqueira na ría de Noia despois do parón obrigado pola toxina. Os profesionais de a pé e de a flote confían en que a apertura se manteña, e non se vexa afectada de novo pola marea vermella.
Outes presenta a II Gala do Deporte
Esta mañá presentábase a segunda edición da Gala do Deporte de Outes. Na cita, que terá lugar o 20 de decembro, premiarase ós deportistas, clubs e entidades máis destacadas ó longo do ano.
A Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos
Nos últimos catro anos a Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos, o que coñecemos popularmente como feismo. Son achegas tanto para concellos como para particulares, que conseguiron mobilizar un investimento global de arredor de 14 millóns de euros. Estas achegas teñen cada vez máis demanda. Dende 2021 xa chegaron a máis do 90% dos concellos galegos.
Aumentan as queixas polo mal estado do céspede de Cabanetán
Acumúlanse as queixas polo mal estado do terreo de xogo do campo municipal de Cabanetán, en Lousame. Os clubs locais que a diario empregan as instalacións critican o defectuoso estado do céspede artificial, con máis de 18 anos de antigüidade. Denuncian que a situación supón un claro risco de lesións para os futbolistas.
O BNG de Noia solicita unha auditoría externa das arcas municipais
O BNG de Noia propón a realización dunha auditoría externa do Concello. A solicitude formulada polos nacionalistas responde á necesidade de analizar os actuais procedementos de xestión, para ver se estes se realizaron conforme á legalidade.
FALEMOS! o programa de entrevistas de Canal Rías Baixas
Falemos, seguindo a actualidade da nosa contorna.
O PP tumba no Parlamento a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e...
O Parlamento Galego bota abaixo a iniciativa lexislativa popular para o recoñecemento e protección das actividades pesqueiras e marisqueiras. A proposta debateuse esta mañá en Santiago. Pero o Partido Popular impediu que se admitise a trámite, votando en contra. Si apoiaron o texto o BNG e o PSdeG.
A moción de censura en Noia parece improbable atendendo ós números
En Noia, despois da tempestade vivida no último pleno, ó non prosperar a cuestión de confianza presentada polo alcalde, Santiago Freire, ligada á aprobación definitiva dos orzamentos, a situación no Concello vívese con relativa normalidade. Aínda así, estase á espera de que se cumpra o prazo dun mes para a presentación dunha posible moción de censura, algo que a día de hoxe parece improbable, basicamente porque non dan os números.
Arranca un novo curso no conservatorio profesional de música Felipe Paz de Carbajal de...
Arranca un novo curso no conservatorio profesional de música Felipe Paz de Carbajal de Noia. A dirección aproveitou para presentar a programación anual do centro, na que se inclúe un concerto aberto ó mes dende outubro a xuño no coliseo Noela. O primeiro deles será xa este xoves 24, ás oito e media da noite.

















