Noia acollerá este mércores a primeira das xornadas de FAGAMOS

NOIA> Esta mañá presentábanse en Noia as xornadas itinerantes que a asociación de Familias Monomarentais de Galicia, FAGAMOS, desenvolverá durante os meses de agosto...

O desdobramento do corredor Brión-Noia conta con informe ambiental favorable

Novo paso adiante para a conversión do corredor Brión-Noia en autovía. A Xunta de Galicia vén de emitir informe de impacto ambiental favorable a esta actuación

Seguen as mobilizacións ás portas dos centros de saúde do Barbanza

PORTO DO SON> Dende o pasado 10 de maio a Plataforma leva convocando concentracións tódolos venres en distintos centros de saúde da comarca para...

Santiago Freire releva a Teresa Villaverde á fronte da Asociación do Camiño da Ría...

Santiago Freire vén de ser elixido coma presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros-Noia. Freire susbstitúe neste cargo á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, que presentara xa a súa renuncia na última asemblea da entidade celebrada en xullo.

Unhas 30 embarcacións disputarán a Regata Mar de Fisterra-Trofeo Pitusa Sabín

O Real Club Náutico de Portosín acolleu este mediodía a presentación da Regata Mar de Fisterra-Trofeo Pitusa Sabín. A proba, a máis lonxeva do club sonense, desenvolverase a fin de semana do 10 e 11 de agosto. A cita será ademais valedeira para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia.

Noia acometerá a mellora do alumeado no campo de fútbol de San Lázaro

NOIA> A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá as...

Noia, orgullosa de Caetano Horta a pesar de non clasificarse para a final olímpica

Non puido ser. O noiés Caetano Horta non logrou clasificarse para a final de remo nos Xogos Olímpicos. Xunto co seu compañeiro Dennis Carracedo quedaron cuartos nas semifinais disputadas esta mañá en París. Aínda así, os seus veciños que seguiron a proba dende o Coliseo Noela, amosáronse moi contentos e orgullosos do papel do remeiro nestas Olimpíadas.

Porto do Son volveu as súas orixes durante unha multitudinaria Feira Celta

O intenso calor rexistrado durante toda a fin de semana non foi impedimento para que miles de veciños e visitantes gozaran da Feira Celta de Porto do Son. Foron moitas as actividades de animación e espectáculos que se desenvolveron durante os tres días, con especial protagonismo para os pequenos da casa.

O Campus do Saber de Noia acollerá tres novos cursos en agosto

Noia acollerá no mes de agosto tres novas xornadas do Campus do Emprendemento e do Saber. Abordarán a literatura e os medios de comunicación en Galicia, a saúde mental e  o deporte e os novos retos en ciberseguridade.

Un noiés no comité de protocolo dos Xogos Olímpicos de París

O noiés Juan Ramón Vidal participará nos Xogos Olímpicos, na área de protocolo da Federación Internacional de Triatlón. Cumpre así un dos seus soños alcanzando esta meta profesional tras unha ampla traxectoria na organización de eventos deportivos de primeiro nivel.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete