Mar recolle as demandas da confraría de Porto do Son

A conselleira do Mar mantivo esta mañá un encontro con representantes da confraría de Porto do Son. Ademais de visitar as instalacións da lonxa, analizou co patrón algúns proxectos de próxima execución como a posta en marcha dunha aula formativa para garantir a remuda xeracional.

A Deputación da Coruña apoia con 25 mil euros ó conservatorio de Noia

A deputada de Educación e Mocidade na Deputación da Coruña, Yoya Neira, xunto co alcalde de Noia, Francisco Pérez, visitaron as instalacións  do conservatorio municipal de música da localidade. Durante a visita, a responsable provincial puxo en valor o apoio da Deputación ó funcionamento dos centros de formación musical. No caso de Noia, a institución provincial aporta uns 25 mil euros ó financiamento do conservatorio.

Noia destinará uns 100 mil euros á mellora da praza de abastos

Noia destinará uns 100 mil euros á diversas melloras na praza de abastos. O executivo noiés financiará estas actuacións, que buscan dinamizar e poñer en valor este espazo, a través dunha axuda da Dirección Xeral de Comercio.

Serra do Barbanza avanza na recollida selectiva

A Mancomunidade Serra do Barbanza recibiu esta mañá da Xunta un total de 177 contedores para a recollida selectiva de papel-cartón e envases lixeiros . No acto, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, destacou a importancia de seguir apostando pola reciclaxe.

Lousame impulsa a candidatura de Zernadas de Castro ás Letras Galegas 2027

O concello de Lousame presentou oficialmente a campaña Zernadas de Castro 2027 coa que busca promover a candidatura do cura de Fruíme ás Letras Galegas. No ano en que se cumpren 250 anos do seu pasamento buscarán reivindicar a súa figura como precursor do galeguismo.

Un total de oito procesións integrarán o cartel da Semana Santa en Noia

Noia presentou o programa e o cartel da súa Semana Santa. Serán un total de oito procesións organizadas pola parroquia de San Martiño, en colaboración coas catro confrarías existentes na localidade e o Concello.

Lousame homenaxea á deportista Carolina Castro, exemplo de superación

O concello de Lousame rendeu unha homenaxe á deportista Carolina Castro, que vén de acadar a medalla de bronce no campionato nacional de remoergómetro. Veciños, amigos e familiares quixeron recoñecer o gran esforzo desta moza pola súa capacidade de superación.

A alameda noiesa acollerá o I Mercadiño Solidario de Pascua

A alameda de Noia acollerá o vindeiro sábado 28 de marzo un mercadiño solidario. A actividade ten coma finalidade a recadación de fondos para a investigación contra o cancro de mama metastásico.

O PP de Noia denuncia trabas para acceder ó expediente da liquidación da Conta...

O Partido Popular volve a denunciar a constante vulneración do seu dereito ó acceso á información municipal. Acusan ó executivo de non facilitarlle o expediente da conta xeral de 2025 co fin de ocultar a boa xestión dos populares cando ostentaban a alcaldía.

Noia adquire unha nova barredora para reforzar os servizos de limpeza viaria

Noia  continúa coa súa aposta pola modernización dos equipamentos municipais. Nesta ocasión, o executivo presentou unha das súas últimas adquisicións. Trátase dunha nova varredora de última xeración que supón un reforzo clave para a mellora da limpeza viaria en todo o termo municipal.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete