Ribeira acolle o inicio da xira galega de ‘Manuela Rey is in da house’
O Centro Dramático Galego levará a Ribeira a obra ‘Manuel Rey is in da hose’. Trátase dunha coprodución galego-portuguesa inspirada en textos da autora. A vila barbanzá será a primeira das cidades galegas en acoller a función trala súa estrea en Santiago o pasado mes de marzo.
Éxito de participación na Feira Cabalar da Pascua de Padrón
O mal tempo non foi quen de augar a festa da Pascua de Padrón. Miles de persoas pasaron este domingo pola vila para gozar das celebracións onde cobrou especial protagonismo a feira cabalar.
Noia recupera o seu antigo Cine Club
A iniciativa xorde da man dun grupo de amantes do sétimo arte co apoio da concellería de Cultura. As proxeccións iniciaranse xa o vindeiro 11 de maio no Coliseo Noela e prolongaranse ata o 8 de xuño, grazas tamén á colaboración de Cine Numax, encargado do deseño da programación.
A Pobra organiza un novo ciclo dedicado ao escritor Victoriano García Martí
Esta mañá presentábase na Pobra o sexto Ciclo Victoriano García Martí. A programación desenvolveranse os días 25 e 26 deste mes de abril e nelas, ademais da tradicional ofrenda cívica diante do seu busto, incluirase a presentación dunha nova publicación, ‘Fiestra del madrigal’, un resumo do discurso pronunciado polo escritor no teatro liceo de Ourense en maio de 1913.
A CIG denuncia precariedade e acoso ós traballadores de Froiz na provincia da Coruña
A CIG denuncia situacións de acoso laboral e o incumprimento do convenio colectivo nos supermercados de Froiz na provincia da Coruña. Esta mañá desenvolveron unha concentración en Boiro para esixir que se respecten os dereitos dos traballadores nun sector, xa de por si, precarizado.
Demandan máis persoal de seguridade no hospital do Barbanza tralo aumento de agresións a...
Traballadores do hospital do Barbanza concentráronse ás portas do centro comarcal para reclamar a incorporación de máis persoal de seguridade. Na actualidade, conta tan só cun garda por quenda.
Volven as ‘Visitas Guiadas’ a Noia na Semana Santa
A concellería de Turismo de Noia e a asociación Noia Histórica volven ir da man na organización das visitas guiadas durante esta Semana Santa. Con esta actividade, con gran demanda, buscan poñer en valor o patrimonio histórico da vila, e ó mesmo tempo promocionar os negocios locais.
Aprobados os orzamentos da Pobra a pesar do voto en contra do PP
A corporación pobrense aprobou esta mañá os orzamentos para o presente exercicio. As contas ascenden a preto de 11 millóns de euros, millón e medio máis ca o pasado ano. O PP votou en contra cualificando a proposta de irreal e irresponsable.
Os praceiros de Ribeira alíanse coa asociación de empresarios para dinamizar o tecido económico...
A asociación de empresarios de Ribeira e os comerciantes da praza de abastos veñen de iniciar unha colaboración. Unha ducia de postos pasarán a formar parte da patronal como asociados.
Heredeiros da Crus e Monoulious DOP actuarán no Estival Fest 2025
A concellería de Cultura de Noia vén de poñer á venda as entradas para unha nova edición do Estival Fest. A cita será o vindeiro 17 de maio e o cartel do festival compóñeno dúas bandas con moito tirón na comarca como é o caso de Heredeiros da Crus e Monolius Dop.

















