O PP de Boiro denuncia o desmantelamento do parque do estuario do río Coroño

O PP de Boiro denuncia o desmantelamento do parque do estuario do Río Coroño ante a retirada dos elementos que se atopan en mal estado. Os populares responsabilizan ó executivo do deterioro pola falla de mantemento. Dende o concello aclararon que existe un proxecto para a renovación integral do parque.

M. Ángel Iglesias: ‘O marisqueo está en caída libre’

O patrón maior de Rianxo volve a mandar unha nova mensaxe de SOS para o sector, denunciando unha vez máis a baixa produtividade da Ría. A apertura da campaña marisqueira nas súas concesións non está a dar as expectativas agardadas. Apenas dez embarcacións  están a saír estes días a traballar e a escaseza de recurso é a tónica xeral das primeiras xornadas.

Lousame fomenta hábitos de lectura entre os máis pequenos con diversas actividades de animación

O concello de Lousame deseñou unha ampla programación cultural para os meses de abril e maio. Os nenos serán os principais destinatarios destas actividades organizadas pola Axencia Infantil Municipal de Lectura.

A Pobra delegará o cobro de impostos na Deputación

A Pobra delegara o cobro dos impostos directos e multas de tráfico na Deputación da Coruña para a mellora da tesourería acumulada . Aínda así, a administración local seguirá asumindo a xestión do imposto do lixo.

O concello de Ribeira destina máis de 300 mil euros á renovación integral do...

O concello de Ribeira investirá máis de 300 mil euros na mellora do parque periurbano de San Roque. Ademais da reforma do centro de interpretación e renovación de contidos, o proxecto inclúe a actuacións en materia de accesibilidade e dotación de alumeado.

A Pobra reclama unha solución urxente para os vertidos da Ribeiriña

O alcalde da Pobra compareceu esta mañá diante dos medios para mostrar a súa preocupación pola deriva dos vertidos da Ribeiriña. O rexedor pídelle ás Administracións con competencias neste asunto, tanto á Xunta como ó Goberno Central, que dean dunha vez solución a este grave problema medioambiental, xa que, segundo el, o Concello non ten capacidade para facelo.

Multan a un condutor dúas veces polo mesmo delito en menos de dúas horas

A Garda Civil de Tráfico denunciou a un mesmo condutor en Noia por infrinxir as normas de seguridade vial ata en dúas ocasións en menos de dúas horas. Circulaba sen permiso de circulación e duplicando a taxa de alcol permitida.

Rianxo e Ribeira sedes da IV Challenge Volta ao Barbanza ‘A Orixe’

Esta fin de semana disputarase tamén unha nova edición da Challenge Volta ó Barbanza ‘A Orixe’. A cita deportiva, dividida en dúas etapas, Rianxo e Ribeira, reunirá a 120 ciclistas dun total de 18 equipos. A proba está organizada polo Club Ciclista Barbanza e a Federación Galega de Ciclismo, e conta co patrocinio da mancomunidade Barbanza Arousa.

A Semana Santa de Ribeira aunará devoción, cultura e compromiso social

Ribeira vivirá unha Semana Santa cargada de relixiosidade e compromiso social. Ademais dos actos litúrxicos desenvolveranse accións de voluntariado e actividades para os mozos nas distintas parroquias.

A Xunta aposta pola formación e o emprego a través de obradoiros como o...

A delegada territorial da Xunta na provincia desprazouse esta mañá ata o parque de San Roque para coñecer os traballos que están a desenvolver os alumnos do Tahume X. Trátase dun obradoiro de emprego conxunto entre os concellos de Ribeira e Porto do Son no que participan 20 alumnos.

REDES SOCIAIS

40,742FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete