Rianxo avanza no proceso de urbanización dos terreos en Rianxiño

Rianxo deu luz verde ós estudos de detalle para a adaptación das aliñacións  nos ámbitos Z5 e Z6 da urbanización do pazo de Rianxiño. Este trámite permitirá desbloquear estas bolsas de terreo para poder edificar alí unhas 136 vivendas.

Un álbum ilustrado recupera os diarios de Xulio Silva, asasinado polo franquismo

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza vén de publicar un álbum ilustrado baseado nos Diarios de Xulio Silva. Presentarase este sábado en Ribeira co obxectivo de achegar a un público máis amplo as memorias deste ribeirense, fusilado durante a ditadura pola súa labor sindicalista e de defensa dos valores democráticos.

O alcalde de Ribeira desminte as acusacións do PP e pide unha rectificación publica

O alcalde de Ribeira desminte por completo as acusacións do PP e insta á súa voceira a unha rectificación pública. Luís Pérez Barral amosou o documento de notificación da comisión enviado o pasado xoves día 30 de xaneiro.

A Xunta anima a participar na nova convocatoria do Bono Enerxía PEME

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaba esta mañá en Lousame a farmacia de Valentina Domínguez, que resultou beneficiaria o pasado ano do Bono Enerxía Peme. Aproveitou a visita para animar ós negocios da zona a solicitar este tipo de achegas que axudan a reducir os custes enerxéticos.

Os pais do Fernández Varela piden a Educación que aclare o futuro do centro

A maior parte dos pais do colexio Fernández Varela seguen a opoñerse ó peche. A concellería de Educación estudo o traslado do módulo de infantil ó colexio de Bandaseca, sempre e cando conte coa aprobación da comunidade educativa.

O PP de Ribeira denuncia falla de transparencia do goberno para dificultar o labor...

Pola prensa. Así coñecía a voceira do PP de Ribeira a convocatoria dunha comisión informativa extraordinaria para esta tarde. Os populares denuncian a falla de comunicación por parte do goberno municipal co fin, din, de obstaculizar o seu labor na oposición.

O PP de Boiro faise eco do malestar de hostaleiros e comerciantes pola última...

BOIRO> Os dous últimos roubos perpetrados a negocios da vila, un deles en pleno casco urbano, a escasos metros da casa consistorial, está a...

O goberno rianxeiro consegue sacar adiante o POS+2025 da Deputación co apoio do PP

Rianxo destinará o 75 por cento do POS a gasto corrente. O pleno aprobou a pasada noite a proposta do goberno co apoio do PP e a abstención do PSOE e o BNG. No apartado de obras destaca unha partida para dotar de mobiliario á biblioteca así como actuacións de mellora viaria.

O Encontro Arqueolóxico do Barbanza celebrará a súa maioría de idade no Pazo de...

O Encontro Arqueolóxico do Barbanza acada este ano a súa maioría de idade. As xornadas terán lugar en febreiro no Pazo de Goiáns e contarán con poñentes de gran sona a nivel internacional.

Comuneiros de Olveira demandan maior transparencia na xestión por parte da directiva

A comunidade de montes de Olveira denuncia a falla de transparencia na xestión por parte da xunta directiva. Demandan ter acceso á información para coñecer o estado das contas e as actas das asembleas.

REDES SOCIAIS

40,751FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete