En marcha as obras que aumentarán a capacidade de abastecemento de auga de Noia
Xa están en marcha as obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable de Noia. A actuación, cun orzamento próximo ó millón e medio de euros, permitirá modernizar a instalación e aumentar a capacidade ata unha poboación de 24 mil habitantes.
Desarticulado un grupo especializado en fraudes en telefonía que operaba dende Santiago e Ribeira
A Garda Civil desartellou un grupo criminal especializado en fraudes de contratos de telefonía e compravenda de dispositivos electrónicos. Estaba integrado por once persoas asentadas en Santiago e Ribeira. Sete delas xa foron detidas.
Rianxo dispón do seu primeiro plan estratéxico de subvencións
Rianxo dispón xa do seu primeiro plan estratéxico de subvencións. A proposta do executivo, con validez para o período 2024-2026, foi aprobada no último pleno. Terá un orzamento duns 90 mil euros e permitirá regular as axudas que perciben os clubs e entidades locais.
Adrián Ben e Edymar Brea impóñense na Sin-Son 10K
Non houbo sorpresas. Adrián Ben e Edymar Brea fixéronse co ouro na Sin-Son 10 K disputada este domingo entre Portosín e Porto do Son. Lograron impoñerse sen dificultade entre os máis de 1300 deportistas que participaron nunha das edicións máis multitudinarias da proba.
A nova base da Unidade Operativa de Rianxo entrará en funcionamento antes do verán
A Base da Unidade Operativa contra incendios forestais da consellería de Medio Rural que se está a construir actualmente en Rianxo estará operativa xa para este verán. As obras avanzan a bo ritmo, encarando xa a súa recta final. A actuación sufragada na súa totalidade pola Xunta conta cun investimento de máis de 441 mil euros.
Ribeira adopta medidas preventivas para frear futuras okupacións
O concello de Ribeira adoptou unha serie de medidas para evitar novas ocupacións en inmobles abandonados. Ademais do corte de subministros nun piso da rúa Romero Ortiz, negociaron coa SAREB para o tapiado de edificios baleiros.
O concello da Pobra considera ‘positivo e necesario’ o traslado do Fernández Varela
O concello da Pobra seguirá adiante coa proposta de traslado dos alumnos do Fernández Varela a Bandaseca. Priman os criterios de baixada de matrícula no CEP Salustiano Rey Eiras que conta con instalacións infrautilizadas que poderían acoller tanto o módulo de infantil como a zona de comedor e madruga.
A escola infantil de Ribeira aposta por pedagoxías activas para estimular a creatividade
A escola infantil de Ribeira aposta por novos métodos pedagóxicos nos que cobra protagonismo a experimentación dos cativos a través de materias naturais e de refugallo. O concello de Ribeira colabora cunha dotación económica para a adquisición destes novos equipamentos.
Os nenos de Boiro conectan con Papá Noel por videoconferencia
Os nenos de Boiro tiveron ocasión de falar con Papá Noel. Nunha videoconferencia con Laponia, desenvolvida esta mañá na aula CeMit fixéronlle chegar as súas peticións para este Nadal.
Os pais da E.E.I. Fernández Varela opóñense ó traslado dos alumnos a Bandaseca
Oposición da comunidade educativa ó posible traslado dos alumnos da Escola de Educación Infantil Fernández Varela a outro centro. Tanto os pais como o equipo docente manifestaron a súa disconformidade coa proposta do concello.


















