A ABE inviste 25 mil euros na campaña de Nadal máis ambiciosa da súa...

A Asociación Boirense de Empresarios dará esta fin de semana o pistoletazo de saída á súa campaña de Nadal máis ambiciosa. Repartirá máis de tres mil euros en premios. Contará ademais coa colaboración do concello que organiza diversas actividades de animación para dinamizar as rúas comerciais.

A escaseza de marisco e a entrada de produto foráneo lastran a campaña de...

Tralo fiasco da campaña da vieira en Rianxo, as previsións para o marisqueo este Nadal van na mesma dirección. apenas hai recurso en ningunha das pescarías polo que as previsións son moi pesimistas.

Dous chefs da Pobra compartirán as súas receitas coa veciñanza nas Mostras de Cociña...

O concello da Pobra volve poñer en marcha as Mostras de Cociña este Nadal. Serán os días 13 e 27 de decembro, cando dous recoñecidos cociñeiros pobrenses compartirán coa veciñanza os seus segredos na elaboración de receitas.

A exposición do Certame Isaac Díaz Pardo recala en Ribeira ata o 18 de...

A mostra do Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo recala en Ribeira. Fotografía, escultura, pintura e videocreación compoñen esta exposición que xa se pode visitar no Centro Cultural Lustres Rivas.

Un grupo de veciños de Cando denuncia prácticas autoritarias por parte do párroco

A tranquila parroquia de Cando, no concello de Outes,  vive estes días un clima de tensión tralos enfrontamentos entre o cura e un grupo de veciños.  Acúsano de impoñer os horarios, tarifas e demais condicións para os enterros ou prohibir que sexan oficiados por outros curas.

Ribeira contará este Nadal cunha pista de xeo

Ribeira inaugurará este xoves unha pista de xeo. Trátase dunha iniciativa impulsada pola asociación de empresarios na que se implican tamén os concellos de Ribeira, A Pobra e Porto do Son. O obxectivo é favorecer a dinamización do tecido comercial de toda a comarca.

Abre o prazo para inscribirse no obradoiro de conciliación de Nadal da Pobra

A concellería de Igualdade da Pobra volve ofertar un obradoiro de conciliación para o Nadal. Desenvolverase durante todo o período non lectivo nas instalacións do colexio Salustiano Rey Eiras. As inscricións poden realizarse ata o 18 de decembro.

AMICOS e AMBAR conmemoran no Barbanza o Día das Persoas con Discapacidade

No Barbanza celebraron por todo o alto o Día Internacional da Discapacidade. Escolares de toda a comarca participaron no Festirititi organizado por AMICOS en Boiro. Na Pobra, a praza Segundo Durán acolleu unha xornada de xogos a cargo de AMBAR.

Arranca a campaña comercial de Nadal en Ribeira

Arranca a campaña comercial de Nadal da Asociación de Empresarios de Ribeira. Na iniciativa, que se prolongará ata o 6 de xaneiro, tomarán parte un cento de negocios, sumando comercios e hostalería. Sortearanse vales de compra entre os clientes por un valor total de cinco mil euros.

A Pobra estrea Nadal co acendido do alumeado e a inauguración do belén municipal

O Concello procedeu esta fin de semana ó acendido do alumeado de Nadal. O acto simbólico, no que tomaron parte as autoridades locais, desenvolveuse na praza Alcalde Segundo Durán. Aproveitouse tamén para realizar a inauguración do belén municipal que volve a estar localizado na praza do Emigrante.

REDES SOCIAIS

40,756FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete