Ribeira conmemorará a festividade de Santa Icía cunha semana de música
Para celebrar o día de Santa Icía, o concello de Ribeira programou unha serie de concertos ó longo das próxima semanas. Ademais do alumnado do conservatorio, haberá actuacións da Coral Polifónica e da Rondalla de Aguiño.
Tres murais de gran formato embelecerán Ribeira no marco do proxecto Salmoira
Tres murais de gran formato pasarán a formar parte da paisaxe de Ribeira trala posta en marcha do Festival de Muralismo Salmoira. Nesta primeira edición, tres artistas deixarán a súa pegada en fachadas da rúa de Galicia, Abesadas e BAndourrío.
O PP de Ribeira propón que se lle conceda a medalla de ouros do...
O PP de Ribeira proporá ó executivo que conceda a medalla de ouro do concello á confraría de Aguiño. Así llo comunicou a voceira dos populares ó patrón maior e outros representantes do pósito nunha xuntanza mantida a pasada tarde para interesarse polas principais necesidades desta entidade.
Lousame pon en marcha a campaña ‘Quérenme ben’ para conmemoral o 25N
O concello de Lousame pon en marcha a campaña ‘Quérenme ben’ a través das redes sociais para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para animar á participación, haberá varios premios a sortear entre os que realicen as súas achegas.
O PP critica a falla de medidas para evitar novas ocupacións dos desaloxados das...
O PP de Ribeira arremete contra a xestión do executivo municipal tralo desaloxo do bloque de vivendas das Abesadas. Acusan ó goberno de non ter adoptado as pertinentes medidas disuasorias para evitar a mudanza dos okupas a outros barrios como as rúas Cristóbal Colón ou Romero Ortiz onde xa están instalados.
Outes dá un novo paso cara a creación de chan empresarial coa aprobación da...
Outes contará por fin con chan industrial trala aprobación definitiva da modificación do PXOM que permitirá desenvolver solo empresarial no lugar de Xurisdición. O concello iniciará agora os trámites para desenvolver o plan parcial de cara á urbanización do futuro polígono.
Boiro adquire un novo punto limpo móbil
Boiro adquire un novo punto limpo móbil para facilitar a reciclaxe nos distitos núcleos do municipio. A adquisición deste punto limpo móbil foi posible grazas a unha subvención da consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A Pobra convida á cidadanía a posicionarse contra a violencia de xénero
A Pobra volverá conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero con diversos actos enmarcados na campaña ‘Desmárcate’. Ademais da concentración do propio día 25, desenvolveranse actividades cos centros educativos e un obradoiro de defensa persoal
1.500 escolares participan en Noia nas clasificatorias de cross do programa Xogade
O estadio de San Lázaro en Noia acollía esta mañá unha das clasificatorias do campionato de cross, enmarcado no programa Xogade da Xunta en idade escolar. Na proba tomaron parte preto de 1500 escolares de diferentes centros educativos de Noia, Porto do Son, Muros, Outes, Brión e Lousame.
Desaloxado sen incidentes o edificio okupa das Abesadas en Ribeira
A Policía Nacional desaloxou o edificio ‘okupa’ das Abesadas en Ribeira. O operativo que contou cun amplo despregamento das forzas de seguridade desenvolveuse sen incidencia. Os catro inquilinos que permanecían aínda no interior, abandonaron o inmoble de xeito voluntario.


















