Ribeira convoca o concurso de decoración de Nadal para vivendas, escaparates e locais hostaleiros

O concello de Ribeira volve convocar o concurso de decoración de Nadal. Haberá tres modalidades, un para fachadas e balcóns, outros para locais hostaleiros e un terceiro para os escaparates de establecementos comerciais.

Abanca e Afundación levan a Rianxo a exposición de fotografías ‘Fauna esencial’

Abanca e Afundación levan a Rianxo a exposición de fotografías ‘Fauna esencial’. A mostra, que poderá visitarse no auditorio municipal ata o 8 de decembro, recolle imaxes das especies máis representativas da nosa contorna.

Portosín acollerá o 16 e 17 de novembro a regata clasificatoria da clase ILCA

Un ano máis o Real Club Náutico de Portosín organiza a regata clasificatoria da clase ILCA, enmarcada no Memorial Alejandra Fernández. A cita terá lugar a fin de semana do 16 e 17 deste mes de novembro e nela participarán un cento de regatistas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia, ó ser puntuable para o ranking galego.

Valentín G. Formoso: ‘A contía do POS+2025 verase aumentada en máis dun 70%’

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita institucional á Pobra do Caramiñal. A finalidade da mesma non era outra que supervisar varias das actuacións desenvolvidas neste municipio con cargo ó Plan de Obras e Servizos do organismo provincial.

O concello de Boiro inviste 50 mil euros na rehabilitación da Casa dos Veciños...

O alcalde de Boiro e o concelleiro de Obras visitaron esta mañá os traballos de acondicionamento que se están a executar na Casa dos Veciños de Mieites. O obxectivo da actuación, na que o concello inviste 50 mil euros, é dinamizar a vida social deste núcleo de poboación da parroquia de Cures.

Rianxo aproba a ordenanza municipal que regulará o uso das vivendas sociais

Con máis retraso do inicialmente previsto, Rianxo vén de aprobar a ordenanza municipal que regulará o uso das vivendas sociais, situadas nas antigas vivendas dos Mestres. O nivel de renda dos solicitantes será un dos elementos fundamentais para acceder a elas. O prazo de cesión será de dous anos, prorrogable ata un máximo de seis.

Os traballadores da Tomada súmanse ás campañas de doazón de sangue

Os traballadores do polígono da Pobra tiveron ocasión de aportar ó seu gran de area ó sistema sanitario. A entidade de conversación da Tomada solicitou a presenza da unidade móbil de doazón de sangue nunha experiencia piloto en colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia.

O comercio da Pobra sorterá unha viaxe a Disney entre os seus clientes este...

Medio cento de establecementos participarán na Campaña Merca na Pobra que vai poñer en marcha a concellería de Promoción Económica. Desenvolverase entre o 9 e o 30 de novembro co fin de activar as compras no comercio local. Os clientes entrarán no sorteo dunha viaxe a Eurodisney.

Recepción no Concello ó Club ITF Noia despois dos éxitos acadados no Campionato de...

O salón de plenos noiés acollía hai uns días a recepción oficial ós integrantes do Club ITF, trala súa participación, na localidade inglesa de Hatfield, no Campionato de Europa da ITF Unión. A delegación do club noiés, que formaba parte do combinado nacional, estivo formada por un total de 17 loitadores.

Éxito do Plan Integrado de Emprego de Ribeira cun índice de inserción do 46%

Clausurado con éxito o Plan Integrado de Emprego promovido polo concello de Ribeira. Máis dun cento de persoas participaron destes itinerarios formativos especializados que tiveron como resultado preto do 50 por cento de inserción laboral.

REDES SOCIAIS

40,756FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete