FALEMOS! o programa de entrevistas de Canal Rías Baixas

Falemos, seguindo a actualidade da nosa contorna.

O PP tumba no Parlamento a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e...

O Parlamento Galego bota abaixo a iniciativa lexislativa popular para o recoñecemento e protección das actividades pesqueiras e marisqueiras. A proposta debateuse esta mañá en Santiago. Pero o Partido Popular impediu que se admitise a trámite, votando en contra. Si apoiaron o texto o BNG e o PSdeG.

A moción de censura en Noia parece improbable atendendo ós números

En Noia, despois da tempestade vivida no último pleno, ó non prosperar a cuestión de confianza presentada polo alcalde, Santiago Freire, ligada á aprobación definitiva dos orzamentos, a situación no Concello vívese con relativa normalidade. Aínda así, estase á espera de que se cumpra o prazo dun mes para a presentación dunha posible moción de censura, algo que a día de hoxe parece improbable, basicamente porque non dan os números.

Arranca un novo curso no conservatorio profesional de música Felipe Paz de Carbajal de...

Arranca un novo curso no conservatorio profesional de música Felipe Paz de Carbajal de Noia. A dirección aproveitou para presentar a programación anual do centro, na que se inclúe un concerto aberto ó mes dende outubro a xuño no coliseo Noela. O primeiro deles será xa este xoves 24, ás oito e media da noite.

O PP de Ribeira pide maior control sobre as obras do mercado que puxeron...

O PP de Ribeira vén de criticar o resultado das obras acometidas no mercado municipal. Tralo pintado interior do recinto, o chan quedou esvaradío motivando as queixas de traballadores e usuarios.

AMBAR sae á rúa para reclamar accesibilidade no transporte público

A asociación AMBAR demanda maior accesibilidade no transporte pública. Os usuarios da entidade sumáronse á campaña promovida por COCEMFE cun acto simbólico na estación de autobuses de Ribeira.

O PP de Ribeira pon en valor o esforzo inversor da Xunta no municipio

O PP de Ribeira valorou moi positivamente os orzamentos da Xunta que prevén un investimento de máis de 20 millóns de euros na localidade. As partidas máis destacadas refírense á futura residencia da terceira idade, a ampliación do hospital do Barbanza ou a rehabilitación do faro de Sálvora.

As VIII Xornadas Micolóxicos da Pobra afondarán no valor nutricional dos cogomelos

Todo listo na Pobra para acoller as xornadas micolóxicas que acadan este ano a súa oitava edición. Ademais da saída e posterior degustación de cogomelos desenvolveranse actividades cos escolares e unha charla sobre o valor nutricional dos fungos.

Ribeira convoca unha xornada de limpeza na praia de Río Azor o próximo sábado

O concello de Ribeira convoca unha xornada de limpeza de praias para este sábado. Será a partir das once da mañá en Río Azor e nas calas próximas, a onde os temporais das últimas semanas arrastraron gran cantidade de residuos, principalmente plásticos.

O BNG insiste na necesidade de regular un protocolo de baleirado dos encoros

O BNG volverá a levar ó Parlamento unha iniciativa para instar á Xunta a regular dunha vez o baleirado e limpeza dos encoros. Os nacionalistas pretenden así evitar os danos que estas prácticas, bastante habituais por parte das empresas hidroeléctricas, coa chegada das chuvias, poden causar ós bancos marisqueiros.

REDES SOCIAIS

40,757FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete