A Pobra reunirá ós seus maiores nun xantar de confraternidade o 25 de outubro

A Pobra celebrará o vindeiro 25 de outubro o xantar da tarceira idade. Na cita, que se desenvolverá como é habitual no pavillón de Venecia, prevese reunir a unhas 750 persoas.  O prezo das entradas será de 18 euros, que poderán retirarse a partir do día 7.

Continúa a busca do veciño de Boiro desaparecido dende a noite do luns

Continúa a busca dun veciño de Boiro de 72 anos. Trátase de Félix Triñanes Sánchez, natural de Abanqueiro. Desaparecía o pasado luns pola noite, cando saíu a pescar á praia de Mañóns. A súa familia alertou da súa falla, despois de ver como non regresaba a súa casa.

Mal inicio do libre marisqueo en Arousa, especialmente nos Lombos do Ulla

RIANXO> Mal inicio da campaña do libre marisqueo en Arousa. O peor escenario rexistrouse nos Lombos do Ulla nos que foi imposible acadar os...

A factoría de Stolt Sea Farm de Rianxo creará 175 postos de traballo

RIANXO> O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, informou do macroproxecto da nova factoría de Stolt Sea Farm, que prevé asentarse no polígono industrial de...

O concurso fotográfico de Micoloxía da Pobra repartirá 750 euros en premios

O concello da Pobra convoca a oitava edición do Concurso Fotográfico de Micoloxía. O certame, enmarcado nas Xornadas Mociolóxicas, repartira 750 euros en vales...

A escola deportiva ‘El canario’ organiza a I Milla da Hispanidade en Ribeira

RIBEIRA> O 12 de outubro, Ribeira acollerá a primeira Milla da Hispanidade organizada pola escola deportiva El Canario. O obxectivo desta proba que se...

O BNG demandará no Parlamento unha liña de transporte entre o Barbanza e a...

O BNG levará ó Parlamento a solicitude dunha liña de transporte público que conecte o Barbanza coa estación de tren de Catoira. Faise eco así da campaña desenvolvida por Galiza Nova na que recolleron máis de dúas mil sinaturas respaldando esta solicitude.

A campaña de doazón de voz ‘Nós’ recala este xoves en Ribeira

A campaña de doazón de voz ‘Nós’ recala este xoves en Ribeira. Os interesados en participar tan só deben dispoñer de 15 minutos para facer a súa achega rexistrando as súas verbas nunha base de datos. O obxectivo é incorporar as distintas variedades dialectais e fonéticas do galego ós sistemas de intelixencia artificial.

O PP de Boiro esixe a retirada da modificación da suba do IBI

BOIRO> O PP decidiu presentar varias alegacións á modificación da ordenanza reguladora do Imposto de Bens Inmobles, aprobada inicialmente o pasado mes de agosto,...

Ruptura no seo do goberno noiés coa renuncia de Luís Alamancos tras votar en...

Sorpresa no pleno de Noia. O concelleiro do PP Luís Alamancos votou en contra da proposta de orzamentos do executivo impedindo a súa aprobación. O ata agora edil popular abandona as filas populares aínda que seguirá como edil no grupo mixto.

REDES SOCIAIS

40,759FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete