Servizos Sociais de Ribeira amplía a súa oferta formativa para maiores
A próxima semana abre o prazo para inscribirse nos obradoiros do programa de dinamización para maiores que pon en marcha o concello de Ribeira. Haberá talleres de memoria e de enriquecemento educativo, lingua e cultura galegas, conversa en inglés así como Taek-Health e ximnasia adaptada.
O Carme encherá Porto do Son de festa e relixión durante cinco días
Porto do Son vivirá cinco intensos días de celebración coas festas do Carme. Desenvolveranse entre o 7 e o 11 de setembro cunha mestura da programación relixiosa e cultural con actividades para tódolos públicos.
Ópera e Break mesturaranse nun espectáculo multidisciplinar este xoves en Ribeira
A Rede de Dinamización Lingüística pechará en Ribeira o Ópera Break. Será o próximo xoves na praza da Porto do Son onde distintos xéneros musicas conformarán un espectáculo multidisciplinar que combina ópera, beatbox e break dance.
A procesión das mortallas e o espectáculo de drons, principais atractivos das festas do...
Do 13 ó 16 de setembro, A Pobra vivirá unha das súas festas máis especiais na honra do Divino Nazareno. Ademais da procesión das mortallas que atrae cada ano a miles de visitantes, o programa inclúe un espectáculo de drons e fogos de artificio.
A Xunta saca a licitación as obras de humanización da travesía de Palmeira
RIBEIRA> A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acompañada do presidente da Fundación RIA, o arquitecto británico David Chipperfield, foi...
Seguen as protestas en Rianxo contra Educación pola falla de profesorado
RIANXO> Para que se lles escoite. Facendo soar pandeiretas, tambores e outros instrumentos a comunidade educativa do colexio Castelao concentrouse a última hora da...
A 11ª etapa da Volta Ciclista a España percorre o Barbanza con saída dende...
Pasada a unha e media da tarde, daba comezo a undécimo etapa da Volta Ciclista a España dende Padrón. O pelotón tomaba a saída dende o Parque tecnolóxico Cortizo para percorrer máis de 166 quilómetros con catro portos de montaña.
A hostalería de Ribeira pechará o día de Santa Uxía en protesta pola designación...
A hostalería de Ribeira pechará o día de Santa Uxía como medida de protesta por perder o martes de entroido como festivo local. O carnaval supón unha forte inxección económica para o sector nunha época de baixa actividade e menor consumo.
O xerente do Consorcio supervisa as melloras executadas na Galiña Azul de Porto do...
O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar visitou esta mañá as instalación da escola infantil de Porto do Son, onde se están a acometer unha serie de melloras de cara ó inminente inicio do curso. Alí anunciou tamén a inversión prevista no centro de día da localidade para dotalo dun peche exterior.
Xa hai emprazamento para o futuro centro de saúde de Porto do Son
PORTO DO SON> Xa hai acordo. Das dúas opcións posibles para emprazar o futuro centro de saúde, o edificio de Outeiro e a parcela...

















