Usuarios de Ambar participan nun curso de prevención de violencias sexuais financiado pola Deputación
A deputada provincial de Igualdade, Soledad Agra, visitou esta mañá as instalacións de Ambar en Ribeira. Alí participou nun curso de habilidades dixitais para previr as violencias sexuais, cofinanciado pola Deputación da Coruña.
Suspendido o operativo de busca dos desaparecidos no naufraxio do Argos Georgia
Suspendida a busca dos desaparecidos do Argos Georgia. Así o decidiu o goberno das Malvinas, nove días despois do afundimento do palangreiro a 200 millas da costa de Stanley.
Unhas 30 embarcacións disputarán a Regata Mar de Fisterra-Trofeo Pitusa Sabín
O Real Club Náutico de Portosín acolleu este mediodía a presentación da Regata Mar de Fisterra-Trofeo Pitusa Sabín. A proba, a máis lonxeva do club sonense, desenvolverase a fin de semana do 10 e 11 de agosto. A cita será ademais valedeira para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia.
Éxito de participación no Torneo de Xadrez das Festas de Ribeira
Éxito de participación no Torneo de Xadrez das festas de Ribeira que se disputou a pasada tarde nas instalacións da Casa da Xuventude. Nesta 27ª edición, 35 participantes mediron forzas nun torneo a cinco roldas.
Abraham Cupeiro, The Rapants, Uxía e Ruibal e Xurxo Fernandes e Pan sen Fron...
BARBANZA> Volve unha edición máis de ‘Paisaxes Sonoras’.
O festival, organizado pola mancomunidade Barbanza Arousa, celebrarase no mes agosto, do 23 ó 25.
Esta mañá tiña...
Noia acometerá a mellora do alumeado no campo de fútbol de San Lázaro
NOIA> A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá as...
O noiés Antonio Barreiro podería estar entre os falecidos do Argos Georgia
Aínda que inicialmente se deu por desaparecido, todo apunta a que o noiés Antonio Barreiro está entre os falecidos do naufraxio do Argos Georgia. Á espera da confirmación oficial por parte das autoridades británicos, existen indicios sólidos de que o corpo do segundo enxeñeiro do buque foi recuperado xunto co resto das vítimas mortais.
Aguiño contará cun renovado conservatorio trala reforma interior e mellora da envolvente térmica
O concello de Ribeira avanza na mellora das súas instalacións culturais coa rehabilitación do conservatorio de Aguiño. O proxecto contempla a envolvente térmica e a reforma interior para dotar ó inmoble de maior accesibilidade.
Noia, orgullosa de Caetano Horta a pesar de non clasificarse para a final olímpica
Non puido ser. O noiés Caetano Horta non logrou clasificarse para a final de remo nos Xogos Olímpicos. Xunto co seu compañeiro Dennis Carracedo quedaron cuartos nas semifinais disputadas esta mañá en París. Aínda así, os seus veciños que seguiron a proba dende o Coliseo Noela, amosáronse moi contentos e orgullosos do papel do remeiro nestas Olimpíadas.
Abanqueiro recupera a tradicional Romaría de Exipto
BOIRO> Despois de varios anos sen celebrarse, Abanqueiro recupera a súa tradicional Romaría de Exipto, grazas ó empeño dunha renovada Comisión que puxo todo...


















