Caldas estrea o seu novo Fogar do Maior: case 900 metros ao servizo de...

Caldas xa goza do seu novo Fogar do Maior. O centro acaba de ser inaugurado, nun acto ao que asistiron ducias de usuarios. Dende este luns as flamantes instalacións xa funcionan a pleno rendemento, acollendo máis dunha vintena de actividades para as que están inscritas máis de 800 persoas. O alcalde salientou que a posta en funcionamento deste novo Fogar do Maior é un punto e seguido ás políticas sociais do concello das últimas décadas.

Caldas entrega preto de 4.000 alegacións contra o estudo do Goberno para a Variante...

A loita contra a proposta do Goberno do Estado para a Variante Oeste de Caldas non perde folgos. Esta mañá, o concello e as plataformas veciñais entregaron máis de 3.800 alegacións contra o estudo da infraestrutura presentado polo Ministerio de Transportes, que contempla un acceso ao porto de Vilagarcía. O alcalde e os voceiros de BNG e PP acompañaron aos veciños, que entregaron os documentos na Subdelegación do Goberno e na Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra.

Os afectados pola Variante Oeste de Caldas comezan a traballar para presentar alegacións ao...

Os veciños afectados pola Variante Oeste de Caldas, esperanzados en que haxa cambios no proxecto definitivo. As plataformas veciñais mantiveron unha reunión na Delegación do Goberno en Galicia co delegado e con representantes da Demarcación de Estradas. Unha entrevista que aproveitaron, xunto co alcalde caldense, para poñer sobre a mesa o impacto social do actual proxecto. Agora traballarán para consensuar unha nova proposta. Polo de momento, manterán as mobilizacións.

A clase política de Caldas, unida en contra do proxecto da Variante Oeste

E que opina ao respecto a clase política? En Caldas e sobre o proxecto da Variante Oeste todos os partidos con representación no pleno municipal van a unha. Súmanse aos veciños á hora de rexeitar un proxecto que, tal e como está presentado na actualidade, consideran lesivo para a localidade.

Caldas demanda unha reunión co Ministerio de Transportes para buscar alternativas ao estudo da...

Caldas de Reis rexeita as propostas para a Variante Oeste presentadas polo Goberno central. O executivo local non entende por que non se ten en conta a opción que defende a corporación de xeito unánime dende o ano 2008. O principal foco de polémica é a conexión da variante co Porto de Vilagarcía. Nunca foi demandada polo municipio e suporía a demolición de varias vivendas e a división das parroquias afectadas polo trazado. Agora o rexedor solicita unha reunión co Ministerio de Transportes para propoñer melloras a este estudo.

Recollida de sinaturas en Carracedo para que poñan pasos de peóns na concorrida N-550

A veciñanza de Carracedo, en Caldas, reclama dous pasos de peóns para a concorrida N-550, que atravesa a parroquia. Denuncian que tanto eles como os milleiros de peregrinos que fan o Camiño Portugués vense obrigados a atravesar a estrada a diario poñendo en perigo a súa seguridade. Acaban de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar ao Ministerio de Transportes que atenda dunha vez esta vella reivindicación.

Caldas, unha das vilas máis afectadas polo traslado da ambulancia medicalizada a Sanxenxo, di...

Continúa a recollida de sinaturas do BNG para que Sanidade non leve este verán para Sanxenxo a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés. Os nacionalistas, xunto con persoal de emerxencias, estiveron hoxe buscando apoios en Caldas. Advirten que a vila e a súa contorna veríanse gravemente afectadas por esa medida, que quedaría desprotexida, din, para atender situacións nas que o tempo sexa vital. Defenden que Sanxenxo e o Grove conten con outra unidade medicalizada, sen que o resto de municipios vexan empeorado o servizo.

As familias do CEIP San Clemente entregan 1.500 sinaturas para reclamar a reapertura da...

As familias do colexio San Clemente de Caldas de Reis entregan 1.500 sinaturas para reclamar a reapertura da terceira unidade de Educación Infantil. Unha vintena de familias desprazáronse ata Pontevedra para facer a entrega no edificio administrativo da Xunta na cidade. Denuncian que aínda que Educación recoñeceu que a supresión da aula debeuse a un erro administrativo, non ten plans de reabrila.

Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas

Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.

O alcalde de Caldas marca como retos ampliar os polígonos e máis mantemento e...

Jacobo Pérez marca obxectivos á fronte do concello de Caldas. O novo alcalde fai balance da súa xestión á fronte do goberno local un mes despois da súa toma de posesión. Asegura que está indo porta a porta para escoitar á veciñanza. Marca como retos a ampliación dos polígonos industriais, mellorar o mantemento na vila e nas parroquias e atender as necesidades básicas do rural.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete