As obras do instituto Aquis Celenis de Caldas estarán rematadas en abril
Esta mañá o Conselleiro de Educación visitou o instituto Aquis Celenis de Caldas para supervisar os avances nos traballos. Aquí o goberno galego está a investir máis de 5,3 millóns de euros, nunha obra que Román Rodríguez cualificou de 'complexa'.
Pérez Gulín asegura que o seu primeiro ano como alcalde serviu para ‘sentar as...
O impulso ao novo centro de saúde e o desenvolvemento dos polígonos industriais, dous dos grandes fitos deste 2025 no concello de Caldas. Así o destaca, cando menos, o alcalde, que salienta tamén a apertura do novo Fogar do Maior ou o reforzo do mantemento e a limpeza en todo o municipio. A piques de facer un ano na alcaldía, Jacobo Pérez avanza para 2026 a adquisición de novos terreos na contorna da Tafona, para acoller distintas actividades ou a construción dunha ponte peonil sobre o Umia.
Caldas escenifica na rúa o seu rexeitamento ao trazado da Variante Oeste
Multitudinaria manifestación en Caldas contra a Variante Oeste. Unhas 2.000 persoas botáronse á rúa para amosar o seu rexeitamento a un proxecto que, denuncian, parte en dous lugares e parroquias e mata o rural. Na marcha participaron as distintas plataformas de afectados, así como todos os grupos políticos.
O exfiscal xeral do Estado, Ábalos e Koldo incorpóranse ao elenco de figuras do...
O caso do fiscal xeral do Estado, Ábalos e Koldo, a morte do Papa Francisco ou a vaga de lumes deste verán en Galicia, presentes no Belen de Valga. O Nacemento xa está aberto, dando o tiro de saída ao Nadal na nosa contorna. Este ano, ademais, trátase dunha edición moi especial, ao celebrar o seu trinta aniversario.
O goberno central ofrece cursos en Valga para ensinar á veciñanza a facer xestións...
O programa ‘A Administración preto de ti’ chega tamén ao concello de Valga. Trátase dun proxecto do goberno central que busca ensinar á veciñanza a facer trámites a través da internet. Entre os trámites que se ensinarán a facer grazas a esta iniciativa, xestións coa Seguridade Social, dúbidas sobre pensións ou trámites xerais como o certificado electrónico ou o DNI.
Caldas chama á veciñanza a mobilizarse contra a Variante Oeste o vindeiro 29 de...
Sábado 29 de novembro. É a data escollida en Caldas de Reis para celebrar a gran mobilización contra o estudo da Variante Oeste. A marcha, que está a ser impulsada polas plataformas veciñais coa colaboración do concello, sairá as 12 do mediodía da explanada do Hotel Sena. O percorrido rematará na Praza das Palmeiras coa lectura dun manifesto. Haberá un servizo gratuíto de autobuses para facilitar a participación.
O Plan Extra da Deputación de Pontevedra mobilizou 4,5 millóns de euros na comarca...
O primeiro Plan Extra da Deputación de Pontevedra mobilizou nos sete concellos da comarca de Caldas 4,5 millóns de euros. Hoxe o presidente do organismo provincial fixo balance dos proxectos que se beneficiaron destes fondos. Nun encontro en Moraña, Luis López destacou que o Plan Extra é un balón de osíxeno fundamental para os municipios de pequeno e mediano tamaño.
Caldas estrea o seu novo Fogar do Maior: case 900 metros ao servizo de...
Caldas xa goza do seu novo Fogar do Maior. O centro acaba de ser inaugurado, nun acto ao que asistiron ducias de usuarios. Dende este luns as flamantes instalacións xa funcionan a pleno rendemento, acollendo máis dunha vintena de actividades para as que están inscritas máis de 800 persoas. O alcalde salientou que a posta en funcionamento deste novo Fogar do Maior é un punto e seguido ás políticas sociais do concello das últimas décadas.
Caldas entrega preto de 4.000 alegacións contra o estudo do Goberno para a Variante...
A loita contra a proposta do Goberno do Estado para a Variante Oeste de Caldas non perde folgos. Esta mañá, o concello e as plataformas veciñais entregaron máis de 3.800 alegacións contra o estudo da infraestrutura presentado polo Ministerio de Transportes, que contempla un acceso ao porto de Vilagarcía. O alcalde e os voceiros de BNG e PP acompañaron aos veciños, que entregaron os documentos na Subdelegación do Goberno e na Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra.
Os dous pasos a nivel que aínda quedan en Valga desaparecerán nun prazo máximo...
Xa están operativos en Valga os dous pasos elevados sobre as vías do tren. O ADIF investiu alí 3,5 millóns de euros para eliminar os pasos a nivel situados nos cruces cos camiños de Castiñeiras e Carracido. Na visita a esas obras, o subdelegado do goberno en Pontevedra avanzou que se van suprimir nun prazo máximo de tres os dous a nivel que aínda quedan neste concello, un deles no límite con Pontecesures e outro preto a Catoira.

















