Caldas, unha das vilas máis afectadas polo traslado da ambulancia medicalizada a Sanxenxo, di...
Continúa a recollida de sinaturas do BNG para que Sanidade non leve este verán para Sanxenxo a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés. Os nacionalistas, xunto con persoal de emerxencias, estiveron hoxe buscando apoios en Caldas. Advirten que a vila e a súa contorna veríanse gravemente afectadas por esa medida, que quedaría desprotexida, din, para atender situacións nas que o tempo sexa vital. Defenden que Sanxenxo e o Grove conten con outra unidade medicalizada, sen que o resto de municipios vexan empeorado o servizo.
Conmoción nas Rías Baixas polo achado de dous cadáveres calcinados en Campo Lameiro
A falta de confirmación oficial, todo apunta a que os corpos localizados en Campo Lameiro corresponden a unha parella que vivía en Moraña. O home era natural dese municipio e a muller, de Caldas. Aínda que non se descarta ningunha hipótese, gaña forza a posibilidade de que se trate dun crime machista. Seica o varón tiña antecedentes por violencia de xénero.
Pontecesures reordenará a rúa Carlos Maside con fondos da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra asumirá o 100% do financiamento do proxecto de reordenación da rúa Carlos Maside, en Pontecesures. O presidente e a alcaldesa asinaron un convenio no marco do Plan Extra polo cal a administración provincial achegará 371.000 euros máis á actuación. Esta contía súmase aos 65.500 procedentes do Plan +Provincia que o goberno local destinará á reforma. Deste xeito, os 436.000 euros que custará a intervención procederán de fondos provinciais.
As familias do CEIP San Clemente entregan 1.500 sinaturas para reclamar a reapertura da...
As familias do colexio San Clemente de Caldas de Reis entregan 1.500 sinaturas para reclamar a reapertura da terceira unidade de Educación Infantil. Unha vintena de familias desprazáronse ata Pontevedra para facer a entrega no edificio administrativo da Xunta na cidade. Denuncian que aínda que Educación recoñeceu que a supresión da aula debeuse a un erro administrativo, non ten plans de reabrila.
Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.
Vaga de roubos no Grove: as cámaras captan un dos ladróns dentro dun dos...
Preocupación no Grove pola vaga de roubos que están a sufrir na vila. Varios negocios de hostalaría e vivendas sufriron nos últimos días a visita dos ladróns. Mesmo algunha persoa pola rúa sufriu algún ataque. Os comerciantes reclaman máis vixilancia policial, en especial pola noite. O concello acaba de activar o que denominou Plan de Acción Inmediato, coa convocatoria da Xunta Local de Seguridade e a petición de reforzos da Garda Civil.
Fronte común contra Altri dos alcaldes e voceiros socialistas das comarcas do Salnés e...
Fronte a Illa de Cortegada, no fondo da ría de Arousa, os alcaldes e voceiros do PSOE das comarcas do Salnés e Caldas dixeron 'non a Altri'. Todos eles asinaron hoxe un manifesto en contra da instalación da celulosa en Palas.
Situación límite nunha unitaria de Moraña: precisan dous nenos antes do xoves ou terá...
A unitaria de Lamas, no concello de Moraña, busca rapazada para evitar o peche. A escola infantil precisa que se matriculen dous nenos para o próximo curso antes deste xoves. Se non o conseguen, a Xunta pechará o centro. A mestra fai un chamamento ás familias a que aposten polo modelo educativo que se ofrece neste tipo de escolas, moito máis próximo e apegado á contorna.
O rearme de Europa comeza en Valga: Urovesa prevé un incremento da demanda dun...
Urovesa ten sobre a mesa un aumento de persoal e investimentos nas súas instalacións de Valga ante o incremento da demanda. Aseguran dende a compañía que prevén aumentar a produción nun 50% 'de aquí a dous anos' polo rearme da Unión Europea e o incremento das solicitudes que está a recibir a nivel internacional. Esta mañá, en pleno debate sobre o incremento do gasto en defensa, recibiron a visita do delegado do goberno en Galicia.
Baixan os tempos de agarda para operarse pero non para unha consulta na área...
Balance positivo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés respecto das listas de agarda nos tres hospitais. O xerente destacou hoxe que no 2024 se conseguiu unha redución nos tempos de espera en intervencións cirúrxicas, que se sitúan en 62 días. Tamén diminuíron nas probas diagnósticas. En canto ás consultas, mantivéronse estables, en algo máis de 58 días.

















