A nova base contra os incendios forestais de Valga estará operativa ao longo de...

Valga contará cunha nova base de unidades operativas da loita contra o lume. Trátase dun servizo que busca favorecer a conciliación entre traballo e descanso do persoal que traballa na prevención e extinción dos incendios. Os traballos para a súa construción vanse iniciar no segundo semestre do ano, cun orzamento de preto de medio millón de euros.

O alcalde de Caldas marca como retos ampliar os polígonos e máis mantemento e...

Jacobo Pérez marca obxectivos á fronte do concello de Caldas. O novo alcalde fai balance da súa xestión á fronte do goberno local un mes despois da súa toma de posesión. Asegura que está indo porta a porta para escoitar á veciñanza. Marca como retos a ampliación dos polígonos industriais, mellorar o mantemento na vila e nas parroquias e atender as necesidades básicas do rural.

Rueda encabeza o tradicional xantar do empresariado de Valga polo día de San Brais

O empresariado de Valga celebrou o seu tradicional xantar de traballo polo día de San Brais. Ao acto asistiu o presidente da Xunta, acompañado pola Conselleira do Medio Rural e o alcalde do municipio. Alfonso Rueda salientou a capacidade que ten Galicia de ter empresas competitivas ao longo de todo o territorio, poñendo como exemplo o caso do concello de Valga.

Rías Baixas recibiu 1,8 millóns de turistas en 2024, un ‘ano inmellorable’ para a...

O 2024 foi 'inmellorable' para o turismo en Rías Baixas. O ano pasado visitaron a provincia de Pontevedra 1,8 millóns de persoas. É un 5% máis respecto ao 2023. Segundo o presidente provincial, Luis López, trátase do mellor ano turístico da historia.

O Club Náutico O Muíño denuncia unha ‘apertura incontrolada’ das comportas do encoro de...

24 horas despois das enchentes que se rexistraron en Cabanelas, no concello de Ribadumia, a zona volveu xa a normalidade. No Club Náutico O Muíño chegaron a ter máis dun metro de auga dentro do seu local. Bótanlle a culpa destas inundacións á presa da Laxe, en Caldas, que segundo denuncian abriron sen ningún tipo de control. Din ademais que os mecanismos para evitar riscos non funcionan porque, aseguran, do mesmo xeito que aconteceu en Valencia, ninguén avisou das enchentes aos posibles afectados.

As comarcas de Caldas e O Salnés, pendentes da situación do río Umia

Nas comarcas do Salnés, Caldas e Pontevedra Herminia tamén se deixou notar con forza, pero sen incidencias graves. Árbores caídas, colectores do lixo envorcados, bolsas de auga e pequenos desprendementos foron a tónica habitual nas últimas horas. O que máis preocupa é a evolución dos ríos e, en especial, a situación do Umia ao seu paso por Caldas.

A Deputación de Pontevedra convida a ‘volver’ ás Rías Baixas para descubrir o interior...

A Deputación de Pontevedra descubriu en Fitur unha campaña que cualificaron de 'rompedora'. Por primeira vez, o interior da provincia foi o protagonista, sen ningunha alusión á costa. Dende o organismo que preside Luis López cren que esta estratexia de Rías Baixas permite ao visitante descubrir unha parte descoñecida da provincia. Defenden que a acción turística ten que chegar aos 61 concellos.

O concurso austríaco ‘Goldene note’ chega a Galicia da man do Concello de Valga

Os gañadores do concurso austríaco 'Goldene note' actuarán en Santiago grazas ao concello de Valga e ao Centro Superior de Música. Será no mes de febreiro e toda a veciñanza do municipio poderá asistir como público de balde. Este concurso é todo un fenómeno televisivo en Austria.

A comunidade de augas de Santa Cruz de Lamas, en Moraña, mellora a súa...

A comunidade de augas de Santa Cruz de Lamas, en Moraña, mellora a zona de captación do seu manancial. Foi posible grazas a unha achega da Xunta de Galicia de 12.000 euros. Os traballos consistiron no desbroce da zona e a instalación dun novo decantador para a filtración da auga dese manancial.

A Xunta leva a cabo distintas melloras no CODI e no centro de día...

A Xunta destina 134.000 euros á mellora do Centro Ocupacional de Discapacidade e do centro de día para persoas maiores de Valga. Ademais das obras que se fixeron nestes dous espazos, o goberno galego tamén concedeu unha achega para a compra dun vehículo adaptado para o centro ocupacional. Este conxunto de melloras son o resultado dos convenios de colaboración asinados entre o concello e o goberno galego ao longo de 2024.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete