Jacobo Pérez Gulín, cuarto alcalde socialista da democracia en Caldas
Jacobo Pérez Gulín xa é o novo alcalde de Caldas. Esta mañá tivo lugar a sesión de investidura do socialista, logo da renuncia de Juan Manuel Rey hai uns días. Gulín convértese no cuarto alcalde da democracia no municipio. Esta mañá estivo arroupado polos seus predecesores no cargo e compañeiros de partido. O novo alcalde prometeu honestidade e transparencia na súa xestión.
Isabel Couselo deixa a Deputación de Pontevedra para ‘fichar’ pola Xunta
A deputada Isabel Couselo deixa a Deputación de Pontevedra para dar o salto á Xunta. A tamén concelleira e voceira do PP de Cuntis vai ser nomeada directora territorial en Pontevedra de Cultura, Lingua e Xuventude do goberno galego. A súa renuncia fíxose efectiva este venres no pleno ordinario celebrado no Pazo Provincial.
Pérez Gulín asume a alcaldía de Caldas con ‘ganas e ilusión’ avanzando unha liña...
Jacobo Pérez Gulín asumirá o bastón de mando o vindeiro 30 de decembro. Di asumir a alcaldía con ganas e ilusión. Avanza que a súa xestión virá marcada pola continuidade, poñendo en foco nos proxectos que Juan Manuel Rey deixa enriba da mesa. O socialista situarase á fronte dun goberno bipartito. Agarda manter co BNG a boa sintonía que, segundo indicou, mantiveron ata o momento as dúas formacións na vila.
Rey despídese da alcaldía satisfeito: ‘Caldas vive unha idade de ouro’
Juan Manuel Rey despídese da alcaldía do Concello de Caldas. O aínda rexedor fixo hoxe balance dos seus dezaoito anos á fronte do goberno local. O socialista explicou que toma a decisión de marchar logo de conseguir algúns dos grandes obxectivos que aínda tiña pendentes, entre eles, o anuncia de que haberá novo centro de saúde na vila. O rexedor avanzou hoxe que a sinatura do convenio con Sanidade poderá ter lugar en breve, logo de que a consellería confirmase que toda a documentación aportada polo concello é correcta.
Juan Manuel Rey deixará a alcaldía de Caldas nos vindeiros días
O alcalde de Caldas deixará nos vindeiros días o bastón de mando no municipio. Así o anunciou hoxe José Manuel Rey nunha entrevista en Radio Arosa. Fíxoo precisamente no día no que se cumpren 18 anos dende a súa chegada ao cargo. Rey explicou que se trata dunha renuncia voluntaria. Xa hai uns meses adiantara a necesidade de dar cabida a novos proxectos e liderados. Todo apunta a que trala marcha de Juan Manuel Rey será o número dous da candidatura socialista, Jacobo Pérez Gulín, quen se converta no novo alcalde de Caldas de Reis.
Caldas recuperará a riqueza botánica e patrimonial da súa Carballeira cunha achega de 1,45...
Visita do subdelegado do Goberno a Caldas de Reis. Abel Losada coñeceu sobre o terreo o proxecto impulsado dende o concello para recuperar a súa carballeira. A iniciativa conta cunha achega de 1,45 millóns de euros do Goberno do Estado, financiada con fondos europeos Next Generation. Unha aposta, dixo, polo desenvolvemento turístico e cultural.
O Belén de Valga abre as portas na súa trixésima edición cunha homenaxe aos...
O Nadal xa está inaugurado no concello de Valga. Xa está aberto ao público o Belén Artesanal en Movemento do municipio, que este ano celebra a súa edición número 30. Fai cunhas 4.500 pezas que recrean os acontecementos de maior relevancia social, política e deportiva do último ano. Tamén reservando un espazo a modo de homenaxe aos afectados pola DINA de Valencia.
O Goberno central inviste en Valga 3,5 millóns de euros para a supresión de...
Para o Concello de Valga esta é unha das grandes obras que había pendentes no municipio, porque á mente de todos os veciños cando se fala de pasos a niveis vén o tráxico episodio de 2007 cando falecían tres veciños arrolados polo tren no paso de Campaña. Agora, o goberno central está a investir no concello máis de tres millóns e medio de euros para a supresión de dous pasos a nivel.
Poio e Rianxo, entre os concellos que contarán cunha unidade de atención temperá este...
A Xunta porá en marcha novas unidades de atención temperá antes de que ramate o ano. A de Poio instalarase na Casa Rosada, que xa acolle outro tipo de servizos sociais. Tamén se abrirá a de Rianxo e outra na que se agrupan os concellos de Pontecesures, Valga, Padrón, Rois e Dodro.
A Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos
Nos últimos catro anos a Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos, o que coñecemos popularmente como feismo. Son achegas tanto para concellos como para particulares, que conseguiron mobilizar un investimento global de arredor de 14 millóns de euros. Estas achegas teñen cada vez máis demanda. Dende 2021 xa chegaron a máis do 90% dos concellos galegos.

















