A Deputación mobilizou 8,7 millóns de euros nos concellos do Salnés co primeiro Plan...

A Deputación de Pontevedra mobilizou 8,7 millóns de euros nos nove concellos da comarca do Salnés na primeira convocatoria do Plan Extra. É un dos datos que achegou Luis López no acto para facer balance deste programa. Segundo o presidente provincial, os 7 millóns de euros achegados polas arcas da Deputación permitiron levar adiante numerosas obras que agardaban a contar con financiamento.

Os parquistas de Carril acusan ao concello de Vilagarcía de rozar a prevaricación polo...

Logo de que o concello de Vilagarcdía ordenase o precintado ndas naves dos Parquistas de Carril no peirao do Ramal, hoxe o seu presidente cargou contra a xestión do goberno municipal. José Luis Villanueva considera inxusta a decisión e acusa ao goberno local de estar ao borde da prevaricación.

O GDR Salnés-Ulla-Umia despide o 2025 cun encontro no que se fixo balance do...

O actual programa Leader abrangue o período 2023-2027. Unha iniciativa para o desenvolvemento das zonas rurais, cos obxectivos básicos de asentar poboación a través da creación e mantemento de emprego e de dotar de servizos esenciais as distintas parroquias e municipios que compoñen o territorio do GDR. Na asemblea destacouse a capacidade de xestión do Grupo de Desenvolvemento Rural para impulsar e completar proxectos.

Vilagarcía evita polémicas prescindindo da solta de globos no 25 aniversario da Toma das...

Vilagarcía celebrará a chegada de 2026 coa xa tradicional Toma das Uvas. Unha cita que este ano promete moitas sorpresas, na conmemoración do seu 25 aniversario. Carlos Blanco e Erea Hierro conducirán un acto no que ademais de recibir o ano novo 12 horas antes con uvas, gominolas e cava; aproveitarase para "rebobinar" e ver como fondos cambiando ao longo deste último cuarto de século. Tampouco faltará a música e a animación, con Somoza Trío ou Nelson Quinteiro.

O Piñeiriño reivindica máis ciencia e menos guerras coa Aldea de Nadal ‘máis pequena...

No barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía, volven facer do pequeno algo moi grande. Logo do éxito do ano pasado, cando crearon a árbore de Nadal máis pequena do mundo, este ano preséntannos a Aldea de Nadal máis pequena do planeta. Un pequeno gran poboado, que só se pode ver a través de microscopio, coas súas casas, a súa árbore e o que é máis importante, cargado de simboloxía a favor da paz. Todo baixo unha mensaxe clara: "máis ciencia, menos guerra e stop xenocidio".

Pérez Gulín asegura que o seu primeiro ano como alcalde serviu para ‘sentar as...

O impulso ao novo centro de saúde e o desenvolvemento dos polígonos industriais, dous dos grandes fitos deste 2025 no concello de Caldas. Así o destaca, cando menos, o alcalde, que salienta tamén a apertura do novo Fogar do Maior ou o reforzo do mantemento e a limpeza en todo o municipio. A piques de facer un ano na alcaldía, Jacobo Pérez avanza para 2026 a adquisición de novos terreos na contorna da Tafona, para acoller distintas actividades ou a construción dunha ponte peonil sobre o Umia.

O Belén caseiro máis famoso de Ribadumia faise maior de idade

O Belén de Francisco Martínez, veciño de Ribadumia, celebra a súa maioría de idade. Hai agora 18 anos que este home comezou a darlle forma a este nacemento que non deixa de medrar. Coa última ampliación, rolda xa os 40 metros cadrados, con diferentes escenas e representacións, todas elas con figuras en movemento. Para conseguilo, Francisco leva todo o ano traballando. Xa ten en mente novas melloras de cara ao ano que vén.

37 millóns de euros en emendas do BNG para a comarca do Salnés

Os nacionalistas presentaron unha batería de emendas para a comarca por un importe de 37 millóns de euros para melloras en materia de sanidade, servizos sociais ou o saneamento e rexeneración da ría de Arousa. O Parlamento de Galicia aprobará este martes as contas da Xunta para 2026, que superan os 14.200 millóns de euros.

Zona Aberta anima o Nadal de Vilagarcía co sorteo de 3.000 euros

O Nadal en Vilagarcía vai polo aire da man de Zona Aberta. O colectivo de comerciantes instalou en pleno centro da cidade un globo aerostático para facer deste un Nadal moi vistoso. A asociación de comerciantes e hostaleiros pon en xogo 3.000 euros en premios.

Ribadumia e Cambados saen á rúa para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos

Neste 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Unha xornada que en concellos como Ribadumia ou Cambados dedicaron a defender principios fundamentais como a vida, a liberdade, a igualdade e a non discriminación. En ambos casos, organizaron actos nos que a rapazada foi a protagonista.

REDES SOCIAIS

40,708FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete