O mellor da ría na nosa mesa co cociñeiro Xoanqui Ameixeiras
Na praza de abastos de Vilagarcía presumen unha vez máis da calidade do seu produto. Desta volta fano a través das xornadas 'O calendario da ría na túa mesa', unha proposta que serve para promocionar os peixes e mariscos de proximidade. O cociñeiro Xoanqui Ameixeiras protagonizou hoxe esta actividade, que continuará ao longo dos vindeiros meses.
Polbo, zamburiñas, navallas e o arroz, o ‘top’ da Festa do Marisco do Grove
A Festa do Marisco do Grove encara a súa recta final. A carpa instalada no Corgo botará o peche este vindeiro domingo, logo de dúas intensas semanas. Por alí seguen desfilando estes días milleiros de persoas, na procura dos mellores manxares do noso mar.
Valga inicia unha nova fase da rexeneración da lagoa de Porto Piñeiro coa construción...
Valga segue avanzando para facer realidade o seu proxecto de rexeneración da lagoa de Porto Piñeiro. Xa están en marcha os traballos de construción da piscina, que contan cun orzamento de algo máis de 900.000 euros. Os cartos proceden de fondos da Deputación de Pontevedra: do Plan Extra e do Plan Máis Provincia. Hoxe celebrouse o levantamento da acta de replanteo da actuación.
17 anos entrando tarde e xantando ás présas no colexio de Rubiáns
As familias do colexio de Rubiáns están en pé de guerra polos horarios imposibles que teñen no centro. A rapazada entra contra as dez da mañá e, ao mediodía, case non teñen tempo para comer no comedor. Explican que o problema parte dos horarios do autobús escolar e que se solucionaría contando cun autobús máis. As nais e pais denuncian que levan case seis meses agardando por unha resposta da Xunta a un problema, lembran, que veñen sufrindo no centro dende hai 17 anos. Agora, puxeron en marcha xunto con Zona Aberta unha nova campaña para denunciar a súa situación.
O sol volveu saír en Meis nunha multitudinaria terceira edición da Carreira de Leo
Unha marea humana encheu a localidade este domingo para participar nesta proba solidaria. Unhas 2.400 persoas participaron nesta cita que serviu para recadar fondos para enfermidades raras, nesta ocasión, para a Asociación Española de Enfermos de Alexander e a entidade Duchenne Parent Project. Un evento que ademais serve para lembrar a memoria do pequeno Leo, falecido a causa dunha doenza rara.
O 85% dos participantes no Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés atopou...
A Mancomunidade do Salnés acaba de clausuar a décimo terceira edición do seu Programa Integrado de Emprego, un dos seus proxetos estrela. Unha edición que se despide cun alto volume de inserción laboral. Dos 100 participantes, 85 atoparon traballo.
Meusviños incorpora unha cuarta xornada dedicada a profesionais
Meusviños, as xornadas vitivinícolas de Meis, seguen medrando. A sexta edición desta cita gaña unha xornada máis, arrancando xa o xoves 16 de outubro cunha cata profesional. O evento prolongarase ata o domingo 19 reunindo 14 adegas nas casteas instaladas no Mosteiro. Ademais, a vila aproveitará o evento para irmandarse co concello asturiano de Cangas de Narcea, incluíndo unha cata maridaxe dos viños da DOP Cangas.
O BNG non dá por perdida a batalla do asilo de Cambados
Os nacionliastas insistirán no Parlamento Galego na necesidade de que a xunta adquira o Pazo de Montesacro para que volva prestar os seus servizos como residencia de maiores. Tamén pedirán á Xunta acollerese ao dereito de retracto que se pode aplicar en bens protexidos. Unha medida que tamén demanda o PSdeG.
Zona Aberta celebra unha ‘moi boa’ campaña de verán coa vista posta xa no...
Zona Aberta de Vilagarcía fai un balance moi positivo da campaña de verán. Dende o colectivo de comerciantes e hostaleiros explican que a tempada foi moi boa en canto a vendas. Aseguran que detectaron nos últimos meses un repunte de clientela que se achega aos seus establecementos, atraída pola oferta ampla e todos os servizos que ofrece a cidade. Agora, na entidade traballan xa coa vista posta na campaña de Nada.
Adeus Conde Vallellano, ola Clara Campoamor!
Clara Campoamor xa forma parte do rueiro de Vilagarcía. A cidade despediuse hoxe da rúa Conde Vallellano, ministro franquista, en cumprimento da Lei de Memoria Democrática. Este é o primeiro dos cambios previstos porque nos vindeiros meses tamén mudarán Xeneral Yagüe ou Almirante Fontán. Tamén se renovarán nos vindeiros meses todas as placas de rúas e parroquias do municipio.


















