Veciños, comerciantes e hostaleiros protestan na Illa contra a reordenación do tráfico no centro
Concentración na Illa de Arousa contra a reordenación do tráfico no centro urbano. Ducias de particulares, comerciantes e hostaleiros participaron esta mañá nunha protesta en contra da implantación das medidas que afectarán, especialmente, aos non residentes. Acusan ao alcalde de falta de diálogo e de ter elaborado este plan sen escoitar as súas inquedanzas. Unhas normas que moitos non ven mal, pero cren que se deberían ter implantado despois de habilitar zonas de estacionamento.
O alcalde da Illa, aberto a incorporar melloras ao novo plan de tráfico
Nas zonas residencias de uso restrinxido da Illa xa están instalados os sinais e os lectores de matrícula que, ata mediados de xuño, non van multar. O alcalde defende esta reordenación do tráfico, argumentando que leva anos escoitando a veciños desa zona queixarse do colapso que viven esas rúas. Luís Arosa asegura que está a escoitar todas as demandas dos veciños e comerciantes. Insiste en que o plan está vivo e aberto a cambios. Avanza ademais que están a traballar na creación dun aparcadoiro de 300 prazas preto do instituto.
As traballadoras de DomusVi Ribadumia retoman as protestas denunciando as súas malas condicións laborais
Primeira das catro xornadas de folga das traballadoras da residencia DomusVi de Ribadumia. Protestan, unha vez máis, polos baixos salarios e as súas malas condicións laborais. Aseguran que non se están cumprindo os hoarios ou os descansos. Unha situación insostible, cunha gran carga de traballo que, lamentan, está repercutindo na calidade asistencial aos residentes.
Cita solidaria este domingo coa segunda edición do Solifest no barrio vilagarcián do Piñeiriño
O barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía, pon en marcha a segunda edición do Solifest. Trátase dunha iniciativa impulsada pola asociación de veciños a favor da Amencer-Aspace, que ten a sede neste barrio. A cita vai ser este domingo, cun completísimo cartel que animará a rúa Camilo José Cela dende o mediodía. Na organización agardan superar o éxito do ano pasado, tanto de público como de recadación solidaria.
La Guardia ou Los Limones no festival co que Vilanova regresa este verán aos...
Vilanova volve aos 80. O municipio prepárase para O Son de Vilanova Fest. O evento vaise celebrar o 12 de xullo, cunha ampla escolma musical dos anos 80. La Guardia é o cabeza de cartel dun festival no que tamén participarán Los Limones, La Década Prodigiosa ou Zapato Veloz.
Un grupo de xubilados quere impulsar a primeira residencia de anciáns do Salnés en...
Un grupo de xubilados do Salnés crea a asociación Sabia Vella. O colectivo nace coa intención de promover a primeira residencia de maiores da comarca en réxime de cooperativa. Un modelo, explican, que funciona xa noutros puntos do Estado. Xa están a estudar a compra dun hotel para transformalo neste novo centro. Fan un chamamento ás administracións para conseguir que este proxecto se faga realidade.
Martín Códax lanza as súas propostas enoturísticas para esta Semana Santga
Ás portas da Semana Santa, Martín Códax lanza a súa proposta enoturística para esta primavera. A adega reforza a súa oferta, con actividades pensadas para públicos amplos, autóctonos e visitantes. Inclúe visitas guiadas con catas de viños e produtos galegos e un paquete de experiencias nas que se vincula a viticultura coa tradición mariñeira.
A Illa aplicará restricións no tráfico aos non residentes nas rúas do seu casco...
A Illa de Arousa aplicará restricións no tráfico nas rúas do casco máis urbano do municipio. Serán un total de 45 rúas e unha superficie de máis de 200 mil metros cadrados pola que só poderán circular os residentes no concello ou as persoas que teñan un permiso especial. A medida comezará a implantarse o vindeiro luns e estará totalmente operativa a partires do 15 de xuño.
O PSOE do Salnés pide explicacións pola contratación de Aspérez na Deputación de Pontevedra
Os alcaldes socialistas do Salnés piden explicacións pola contratación de José Manuel Aspérez, concelleiro de Meaño Independente, como administrativo do gabinete do presidente da Deputación de Pontevedra. Os rexedores cren que é o pago que recibe dos populares despois de devolverlles a presidencia da Mancomunidade do Salnés co seu voto na moción de censura celebrada hai algo máis dun ano. Denuncian que, segundo se recolle no Portal de Transparencia da Deputación, Aspérez cobraría 36.000 euros anuais.
O alcalde da Illa agradece á Xunta que se asfalte o acceso ao municipio...
Comezaron os traballos de reasfaltado no acceso á Illa de Arousa, unha estrada de titularidade autonómica. Trátase dunha vella reivindicación no municipio, porque a Xunta non actuaba nesa zona dende hai unha década. Estes traballos forman parte dun conxunto de reasfaltados en once municipios da nosa contorna. Unha actuación que, en conxunto, supera os 3,3 millóns de euros.

















