Cambados prepara xa un segundo envío de produtos para os afectados pola DINA

A Policía Local de Cambados e Protección Civil traballan de xeito coordinado para xestionar todo o que a veciñanza está doando. Xa mandaron para alá o primeiro lote e esta mañá comezaron a preparar o segundo envío. Din estar sorprendidos pola gran cantidade de produtos que se está a doar, moi por riba das súas expectativas.

As Rías Baixas solidarízanse coa Comunidade Valenciana co envío de efectivos, maquinaria e alimentos

A axuda non deixa de chegar ás zonas afectadas pola DINA. Parte dese apoio ten acento galego. Sobre o terreo devastado pola gota fría traballan xa efectivos de emerxencias de Vilagarcía. Están achicando auga de garaxes, buscando vítimas e limpando rúas. Nas últimas horas sumáronse a estas tarefas tamén voluntarios de Protección Civil de Cambados.

O Goberno central inviste en Valga 3,5 millóns de euros para a supresión de...

Para o Concello de Valga esta é unha das grandes obras que había pendentes no municipio, porque á mente de todos os veciños cando se fala de pasos a niveis vén o tráxico episodio de 2007 cando falecían tres veciños arrolados polo tren no paso de Campaña. Agora, o goberno central está a investir no concello máis de tres millóns e medio de euros para a supresión de dous pasos a nivel.

Meaño estrea as renovadas instalacións da praza de abastos de Dena

O mercado foi obxecto dunha actuación que, entre outras cousas, corrixe o exceso de temperatura que rexistraba o edificio no verán. Para iso, instalouse aire acondicionado, converténdose nunha das poucas prazas de Galicia en contar con este servizo. Ademais, tamén se renovou a instalación eléctrica e se reformou o chan, cun novo pavimento antideslizante.

Poio e Rianxo, entre os concellos que contarán cunha unidade de atención temperá este...

A Xunta porá en marcha novas unidades de atención temperá antes de que ramate o ano. A de Poio instalarase na Casa Rosada, que xa acolle outro tipo de servizos sociais. Tamén se abrirá a de Rianxo e outra na que se agrupan os concellos de Pontecesures, Valga, Padrón, Rois e Dodro.

A Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos

Nos últimos catro anos a Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos, o que coñecemos popularmente como feismo. Son achegas tanto para concellos como para particulares, que conseguiron mobilizar un investimento global de arredor de 14 millóns de euros. Estas achegas teñen cada vez máis demanda. Dende 2021 xa chegaron a máis do 90% dos concellos galegos.

Cambados dinamiza o seu comercio local cos Bonos de Outono

Zona Centro xa se prepara para unha nova edición dos Bonos de Outono. O concello colabora co colectivo de comerciantes, achegando 6.000 euros. Calquera persoa pode mercar por 20 euros un bono e recibirá 10 euros.

Internacionalización e desestacionalización, obxectivos do novo plan turístico do Salnés

A Mancomunidade do Salnés lanza a súa estratexia turística para os vindeiros catro anos. O plan márcase como obxectivo a internacionalización e desestacionalización do sector. Esta mañá tivo lugar a súa presentación en Ribadumia, nun acto no que o organismo comarcal estivo arroupado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta. Neste sentido, destacaron o aliñamento de todas as administracións á hora de deseña-la folla de ruta do turismo do futuro.

O Sergas devólvelle ao Concello de Meis as chaves do consultorio de Paradela

MEIS> O Sergas devólvelle ao Concello de Meis as chaves do consultorio de Paradela. O local, de titularidade municipal, leva sen uso dende a...

Un cento de adegas e unha ampla programación musical paralela na edición máis ambiciosa...

Viños, gastronomía e agora tamén moita música. Esa é a carta de presentación da sétima edición de Castes, a feira independente do viño que acollerá Vilagarcía entre o 22 e o 24 de novembro. A cita segue expandíndose, coa participación de máis dun cento de adegas nacionais e internacionais. Na programación paralela salienta o nacemento desa nova proposta musical paralela, coas actuacións xa confirmadas de Depedro, Belako, Catuxa Salom ou The Agapornis.

REDES SOCIAIS

40,720FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete