O PP fai vicepresidenta da Mancomunidade do Salnés á cambadesa Sabela Fole
A voceira do Partido Popular de Cambados, Sabela Fole, xa é a vicepresidenta da Mancomunidade do Salnés. Fíxoo o PP en solitario, cos votos en contra de PSOE, BNG e Esquerda Unida. Fole entrará así na comisión executiva, igualando as forzas dos socialistas e dos populares, tendo en conta que estes teñen do seu lado o voto de calidade do presidente David Castro.
A banda de Rianxo e a de Xinzo-Ponteareas, convidadas ao III Festival de Bandas...
Este domingo 14 de xullo o Auditorio de Ribadumia acollerá a terceira edición do Festival de Bandas de Música organizado pola agrupación músico-cultural do municipio. A banda da agrupación actuará de anfitrioa e recibirá na casa á banda da Escola de Música de Riaxo e á Banda de Música Xuvenil de Xinzo, de Ponteareas. As actuacións comezarán ás 6 da tarde.
Dous fuxitivos relacionados co Salnés, entre os dez máis buscados pola Policía Nacional
Dous fuxitivos da zona das Rías Baixas, entre os dez prófugos máis buscados pola Policía Nacional. Un deles é Baltasar Vilar Durán. Coñecido como Saro, está condenado a 45 anos de cadea por delitos de tráfico de drogas. O outro é Segundo Cousido Vieites. De 42 anos e natural de Vigo, foi condenado a unha pena de 32 anos de cadea por abusar de menores de idade nun campamento organizado por un colexio de Cambados.
O Rallymix Ribadumia homenaxea a Bárbara Gómez e crea un premio especial para os...
En Ribadumia, o calendario deportivo non ten parada. Do 19 ao 21 de xullo os ollos do automobilismo galego estarán postos neste municipio do Salnés. O concello acolle a terceira edición do Rallymix Ribadumia, que atraerá os mellores pilotos da especialidade e mesmo algún piloto español de talle internacional. Ademais este ano a cita chega con novidades: a estrea dun galardón especial para os copilotos, en memoria da copiloto boirense Bárbara Gómez.
As traballadoras do SAF de Vilagarcía reclaman un plus polo uso dos seus coches...
As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Vilagarcía reclaman melloras na súa situación laboral. En concreto, denuncian que teñen que utilizar os seus vehículos persoais para desprazarse entre as vivendas dos usuarios que atenden. Algo que, aseguran, lles está a xerar un importante prexuízo económico xa que a contía coa que as compensa a concesionaria non é suficiente para cubrir o mantemento dos coches. Por iso reclaman ao concello que teña en conta esta demanda nos pregos do novo concurso.
Máis de 350 padexeiros participarán na XXX Baixada Internacional do Río Umia
A Baixada Internacional do Río Umia cumpre 30 anos de vida. A proba, unha das máis importantes da comarca, celebrarase esta fin de semana no concello de Ribadumia, organizada polo club Náutico O Muíño. Será o sábado 6 de xullo, e está previsto que participen nela máis de 350 deportistas.
O PP reclama a Ravella uns orzamentos ‘realistas’ e presenta 80 propostas
O Partido Popular de Vilagarcía presenta 80 propostas para que se inclúan nos orzamentos do concello para este ano. A formación recupera moitas das ideas que levaba en campaña, coas parroquias, o emprego, o deporte e o turismo como eixos. Critican ademais que no mes de xullo o goberno local aínda non fora quen de elaborar as contas para este 2024 e reclaman que sexan uns orzamentos realistas.
O saxofonista francés Arnaud Desprez, cabeza de cartel do Festival de Jazz da Armenteira
O saxofonista francés Arnaud Desprez é un dos pratos fortes da edición deste ano do Festival de Jazz da Armenteira, no Concello de Meis. Vaise celebrar entre o venres día 12 e o domingo 14. Ademais deste artista francés, pola Armenteira pasarán outros moitos ao longo dos tres días de festival. Entre as propostas deste ano: Diego Nogueira Trío, Tornado Jazz Ensemble, Sizixia Quartet e Brass Atlantic.
A PO-308 xa é un bulevar ao seu paso por Portonovo
O presidente da Xunta visitou os traballos que se están a realizar á altura de Portonovo, coa construción dun bulevar. Beirarrúas máis amplas e reforzo da seguridade viaria para, dixo Alfonso Rueda, un dos concellos turísticos máis importantes de toda España.
PP e PSOE acordan crear unha comisión para estudar un cambio de estatutos na...
Partido Popular e Partido Socialista dan un paso cara o entendemento na Mancomunidade do Salnés. No dobre pleno extraordinario celebrado onte as dúas formacións maioritarias votaron a favor de crear unha comisión para o estudo dunha modificación estatutaria. O obxectivo, explicaron, é devolver o consenso perdido ao ente comarcal.

















