Guadi Galego e os tradicionais callos, pratos fortes das festas do San Bieito de...

Meis ten todo listo para as súas festas do San Bieito. Guadi Galego será un dos pratos fortes da proposta musical, xunto con orquestras como Os Satélites ou a Marbella. Na parte gastronómica, os callos serán un ano máis os protagonistas absolutos destes festexos, coa XXXII edición da súa festa o 14 de xullo. Ademais, haberá distintas actividades paralelas, como o torneo interparroquial de fútbol ou a xa clásica BTT dos callos.

Meis volve amosar a súa cara máis solidaria nun Solifesti a prol da AECC...

A sexta edición do Solifesti deixa moi bo sabor de boca en Meis. Ducias de persoas achegáronse ata este festival solidario que impulsa o CPI do Mosteiro. Este ano todo o recadado foi para a Asociación Española contra o Cancro e o propio bando de alimentos da localidade.

O PP trata de reconducir a situación da Mancomunidade tralo pleno no que retiraron...

O futuro da Mancomunidade do Salnés, no aire. O PP trata de recompoñer o organismo logo do pleno do pasado venres. O presidente comarcal, David Castro, acabou retirando da orde do día a proposta de orzamentos e os nomeamentos de José Aspérez como delegado de turismo, cun soldo que acabaría roldando os 35.000 euros; e de Sabela Fole como vicepresidenta. PSOE, BNG e Esquerda Unida fixeron fronte común denunciando que o PP está a rachar co consenso que sempre caracterizou á Mancomunidade.

Sorpresa no Pleno da Mancomunidade do Salnés

> A ausencia dos dous representantes do PP de Meaño no pleno da Mancomunidade, obriga o seu presidente, o popular David Castro a retirar da orde do día os puntos máis controvertidos.

A comunidade educativa do CEIP As Covas, farta do lamentable estado dos baños do...

A comunidade educativa do colexio As Covas, en Meaño, está farta do lamentable estado no que se atopan os baños. Piden de novo a Educación a que tome medidas e reforme os aseos canto antes, unha petición que veñen arrastrando dende hai anos. As condicións dos baños son tan malas que as familias aseguran que hai nenos e nenas que agardan a chegar á casa para facer as súas necesidades. Non descartan seguir facendo presión para que se atenda a súa petición, recorrendo a tódalas vías precisas.

Vilagarcía, primeira cidade galega en contar cun ximnasio ao aire libre

O primeiro ximnasio ao aire libre de Galicia está en Vilagarcía. Trátase dun espazo de 400 metros cadrados con máquinas de todo tipo para diferentes exercicios. Detrás desta iniciativa está a empresa Evofit, que dende hai xa sete anos ofrece os seus servizos no Centro Comercial Arousa.

Centos de barcos da ría de Arousa únense ao Artic Sunrise na súa loita...

VILAGARCÍA> Centos de embarcacións arroupan ao Artic Sunrise de Greenpeace na súa chegada á ría de Arousa. Trátase dunha mobilización histórica coa que ecoloxistas...

A reforma do pavillón de Fontecarmoa rematará en xullo

A reforma do pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía, encaran a súa recta final. As obras superaron xa a súa fase máis complexa, co cambio de cuberta e a reparación da estrutura. Nestes momentos 30 operarios traballan no acondicionamento do interior, que inclúe tamén a reforma dos vestiarios e o ximnasio. Malia os contratempos e os retrasos acumulados, calculan que os traballos estarán rematados no vindeiro mes de xullo.

Gotas organiza en Ribadumia un contacontos para normalizar entre a rapazada o colectivo LGTBIQ+

Ribadumia conta dende hoxe cunha biblioteca diversa. Trátase dun espazocon diferentes títulos que teñen como nexo común a temática LGTBIQ+. A colección xa está dispoñible na Casa da Cultura de Ribadumia, onde esta mañá a Asociación Gotas organizou tamén un contacontos diverso para a rapazada. O obxectivo, normalizar entre os nenos e nenas os dinstintos modelos de familia, inculcándolle valores como o respecto e a tolerancia.

Cambados impulsa unha Festa Mariñeira que servirá para recadar fondos para a restauración da...

Cambados estará os días 28 e 29 deste mes máis á beira do mar que nunca. O barrio de Santo Tomé acollerá a Festa Mariñeira, un encontro co que se busca recuperar e poñer en valor a cultura mariñeira na vila. Haberá varias rutas, a proxeccion dun documental, citas gastronómicas, música e un encontro de embarcacións tradicionais. A festa servirá tamén para recadar fondos a prol da rehabilitación da emblemática embarcación cambadesa Airexa.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete