O Salnés propón en fitur ‘outra forma de facer o camiño’

A Mancomunidade do Salnés amosou en Fitur outra forma de facer o camiño. O organismo comarcal quere adiantarse ás necesidades dos visitantes, buscando cativar aos peregrinos de alto poder adquisitivo que optan por paradores ou hoteis para descansar no canto de albergues. Un perfil de visitante que busca experiencias novas, vinculadas a un turismo de calidade.

O Salnés e o empresariado chinés en España seguen entreitando o seu vínculo

Aproveitando a celebración de Fitur, representantes da Mancomunidade e todos os alcaldes do xeodestino do Salnés asistiron a un encontro con empresariado da China en España. O organismo comarcal leva tempo traballando para fortalecer os lazos de cooperación coas principais organizacións empresariais do xigante asiático. En xogo, ademais de alianzas turísticas, novas relacións económicas en sectores comerciais estratéxicos, como o vitivinícola ou o da conserva.

A Mancomunidade lanza Salnés Slow Business para os que buscan combinar a vida persoal...

A Mancomunidade presenta en Madrid Salnés Slow Business. Trátase dunha nova proposta turística que ofrece a oportunidade de combinar traballo e lecer. Máis de 80 negocios e empresas forman parte xa desta iniciativa dirixida a empresarios, altos executivos ou nómadas dixitais que precisan un descanso pero non poden desatender as súas responsabilidades laborais.

A Illa quere instalar máis paneis solares e destinar o excedente a familias en...

A Illa de Arousa quere seguir ampliando a súa rede de paneis fotovoltaicos. O concello opta a poñer en marcha un proxecto que suporía a instalación de case 170 novos paneis, a repartir entre os  tellados da casa consistorial e do museo da conserva. Son os derradeiros edificios municipais non que aínda non se instalou esta fonte de enerxía renovable. O plan iría máis alá porque pretenden que o excedente da produción poida destinarse a familias en risco de exclusión social.

López salienta que a reforma do paseo do Naval é ‘un plus’ para a...

Visita do presidente da Deputación de Pontevedra á Illa de Arousa pola reforma do paseo do Naval. A zona foi obxecto dunha remodelación, cun investimento de 440.000 euros, dos que o organismo provincial aportou o 90%. A reforma supuxo tamén a reordenación dos espazos da contorna.

Emendas do PSdeG aos orzamentos da Xunta para A Illa reclamando ‘equidade’ co resto...

O PSdeG presenta unha batería de emendas aos orzamentos da Xunta para 2025 centradas na Illa de Arousa. Son en total seis propostas, centradas en servizos sociais ou infraestruturas. Entre elas, salientan varias vellas demandas do municipio insular, como a construción dun centro de día, un aparcadoiro no paseo do Cantiño ou fondos para a EDAR.

Unha ducia de detidos nunha nova operación antidroga con epicentro no Salnés

Nova operación antidroga con epicentro na comarca do Salnés. Hai polo de agora máis dunha ducia de persoas detidas nun operativo contra o tráfico de heronía que, ademais, tería ramificacións na provincia da Coruña e Portugal. Estase a desenvolver dende primeira hora deste mércores, con rexistros en varios puntos da comarca, como A Illa ou Vilanova. Neles teríanse incautado máis de 20 quilos de heroína.

Convocan o pleno ordinario da Mancomunidade o mesmo día no que o PSOE ía...

O novo presidente da Mancomunidade do Salnés convoca o seu primeiro pleno ordinario para o venres da semana que vén. Malia ter tomado posesión no mes de xaneiro, e as sesións ordinarias ter que celebrarse cada dous meses, ata o de agora aínda non se fixera ningunha. O anuncio desta convocatoria produciuse esta mañá, apenas unha hora despois de que o PSOE anunciase que ían presentar por rexistro unha solicitude de convocatoria. Os socialistas denuncian que o PP ten 'secuestrado' o organismo comarcal. Advirten, ademais, de que está ao borde da fractura.

Anuncian a licitación da nova depuradora da Illa nun acto que o BNG considera...

O Concello da Illa e a empresa pública Acuaes asinaron esta mañá o convenio que impulsa a construción da nova depuradora de Niño de Corvo. Unha actuación que busca acabar cos problemas no tratamento das augas residuais no municipio, o que provocou no 2018 un procedemento de infracción pola Comisión Europea. Trala sinatura do convenio, anunciouse que este mesmo martes sairán a licitación estes traballos, cun orzamento de 8,5 millóns de euros. Na sinatura desta mañá non estivo presente a metade do goberno local, do BNG, que o considera un acto de campaña do PSOE.

A renovación do parque do Bao, na Illa, incluirá dez novos elementos de xogo

A ILLA> O concello da Illa quere renova-lo parque infantil do Bao, situado ao carón da ponte. Trátase do último espazo de xogos pendente...

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete