42.000 cataviños, 44 adegas e concertos a diario para a LXXII Festa do Albariño...

Cambados xa conta os días para a súa semana grande. A septuaxésimo segunda edición da Festa do Albariño comezará o vindeiro 31 de xullo, garantindo cinco días de gran ambiente, ampla programación e dos mellores viños na vila cambadesa. Haberá stands das adegas no Paseo da Calzada, o Túnel do Viño no Salón Peña, os concertos na Praza de Fefiñáns e o Xantar de Confraternidade no Pazo Torrado, entre outras citas que non poden perder.

O PP fai vicepresidenta da Mancomunidade do Salnés á cambadesa Sabela Fole

A voceira do Partido Popular de Cambados, Sabela Fole, xa é a vicepresidenta da Mancomunidade do Salnés. Fíxoo o PP en solitario, cos votos en contra de PSOE, BNG e Esquerda Unida. Fole entrará así na comisión executiva, igualando as forzas dos socialistas e dos populares, tendo en conta que estes teñen do seu lado o voto de calidade do presidente David Castro.

Dous fuxitivos relacionados co Salnés, entre os dez máis buscados pola Policía Nacional

Dous fuxitivos da zona das Rías Baixas, entre os dez prófugos máis buscados pola Policía Nacional. Un deles é Baltasar Vilar Durán. Coñecido como Saro, está condenado a 45 anos de cadea por delitos de tráfico de drogas. O outro é Segundo Cousido Vieites. De 42 anos e natural de Vigo, foi condenado a unha pena de 32 anos de cadea por abusar de menores de idade nun campamento organizado por un colexio de Cambados.

Boudebou, Os Carecos e Os Melidaos no regreso do festival de Xironsa

A asociación Xironsa de Cambados recupera este ano o seu festival, logo de ter que cancelalo o ano pasado por falta de apoios económicos. A cita será o vindeiro sábado 6 de xullo, cunha proposta que recolle actuacións pensadas para todas as idades.

O PP trata de reconducir a situación da Mancomunidade tralo pleno no que retiraron...

O futuro da Mancomunidade do Salnés, no aire. O PP trata de recompoñer o organismo logo do pleno do pasado venres. O presidente comarcal, David Castro, acabou retirando da orde do día a proposta de orzamentos e os nomeamentos de José Aspérez como delegado de turismo, cun soldo que acabaría roldando os 35.000 euros; e de Sabela Fole como vicepresidenta. PSOE, BNG e Esquerda Unida fixeron fronte común denunciando que o PP está a rachar co consenso que sempre caracterizou á Mancomunidade.

Cambados impulsa unha Festa Mariñeira que servirá para recadar fondos para a restauración da...

Cambados estará os días 28 e 29 deste mes máis á beira do mar que nunca. O barrio de Santo Tomé acollerá a Festa Mariñeira, un encontro co que se busca recuperar e poñer en valor a cultura mariñeira na vila. Haberá varias rutas, a proxeccion dun documental, citas gastronómicas, música e un encontro de embarcacións tradicionais. A festa servirá tamén para recadar fondos a prol da rehabilitación da emblemática embarcación cambadesa Airexa.

Convocan o pleno ordinario da Mancomunidade o mesmo día no que o PSOE ía...

O novo presidente da Mancomunidade do Salnés convoca o seu primeiro pleno ordinario para o venres da semana que vén. Malia ter tomado posesión no mes de xaneiro, e as sesións ordinarias ter que celebrarse cada dous meses, ata o de agora aínda non se fixera ningunha. O anuncio desta convocatoria produciuse esta mañá, apenas unha hora despois de que o PSOE anunciase que ían presentar por rexistro unha solicitude de convocatoria. Os socialistas denuncian que o PP ten 'secuestrado' o organismo comarcal. Advirten, ademais, de que está ao borde da fractura.

O PSdeG carga contra a Xunta polo retraso na reconstrución da ponte de Pontearnelas

O PSOE critica os retrasos que está sufrindo a recontrución da ponte nova de Pontearnelas. Denuncian a falta de compromiso da Xunta coa comarca e din que unha mostra máis é como se xestionou o arranxo desta infraestrutura. Lembran que a súa posta en uso estaba prevista para finais do ano pasado e que xa no mes de xuño, aínda está pendente de rematar. Advirten ademais dos danos que esta situación está a provocar na ponte dos Padriños, por onde se está a desviar o tráfico.

Martín Códax, sede do Foro Mundical de Cooperativas Vitivinícolas

A adega Martín Códax é estes días sede do Foro Mundial de Cooperativas Vitivinícolas. Trátase do evento máis importante a nivel mundical para o sectore vitivinícola. Un espazo no que se debate arredor do modelo económico, social e colaborativo das cooperativas.

Cambados e Ribadumia, unidos pola quinta edición do torneo de ximnasia rítmica do Club...

Os concellos de Cambados e Ribadumia únense pola quinta edición do torneo de ximnasia rítima que organiza o Club Grand Jeté. A cita vai ser no pavillón municipal da Senra, en Ribadumia, este vindeiro sábado. Alí daranse cita unhas 250 participantes chegadas de diferentes puntos de Galicia.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete