O goberno de Cambados rompe o cuadripartito e cesa o edil de Pode, José...
Rompe o cuadripartito de Cambados. O goberno decidiu este mediodía cesar a José Ramón Abal, edil de Cambados Pode. PSOE, Somos e BNG explican que se trata dunha medida moi meditada, que chega despois de acumular numerosos desencontros. A pinga que colmou o vaso foi o voto en contra de Abal á RPT e a falta de vontade para acadar puntos de acordo.
O xantar da Festa do Albariño de Cambados celebrarase na Sociedade Cultural polas obras...
Xa queda menos para unha das celebracións máis agardadas. A Festa do Albariño de Cambados será do 29 de xullo ao 2 de agosto. A cita cumprirá neste 2026 74 anos con todos os seus ingredientes: casetas das adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas na Calzada, concertos en Fefiñáns e noutros puntos do municipio, cata-concurso, túnel do viño e o tradicional Xantar. Este ano as obras do Pazo Torrado obrigarán a celebralo na Sociedade Cultural. Hoxe tamén coñecimos o nome do pregoeiro. Será o actor cambadés Flako Estévez.
O GDR Salnés Ulla Umia fai balance do 2025 con case o 100% dos...
O Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia celebrou onte a súa asemblea. Un encontro que lle serviu para facer balance do ano 2025 e do estado no que se atopan os proxectos que contan co seu financiamento. Dende o órgano apuntan que estas iniciativas están executadas case ao 100%, favorecendo así o desenvolvemento rural.
Cambados, concello ‘extremadamente seguro’ segundo o subdelegado do goberno na provincia
O concello de Cambados prepárase para a Festa do Albariño tamén dende o punto de vista da seguridade. Este venres celebrouse a xunta local de seguridade, na que participou o subdelegado do goberno na provincia e os distintos corpos, para perfilar o dispositivo previsto para unhas datas nas que se agardan na vila unhas 200.000 persoas. No encontro tamén se repasaron outros datos relativos á seguridade na vila. Abel Losada, o subdelegado, apunta que Cambados é un municipio 'extremadamente seguro', destacando que o índice de criminalidade baixou nestes primeiros meses do ano.
O persoal de Valoriza do servizo mancomunado de Cambados, Vilanova e Meis ameaza con...
O persoal de Valoriza, que ese encarga da recollida de lixo para a Mancomunidade do Salnés en Cambados, Vilanova e Meis anuncia protestas na defensa dos seus dereitos laborais. Reclaman un novo convenio no que as melloras que se pacten sexan incorporadas ao prego de condicións do concurso de adxudicación do servizo. Denuncian que nestes momentos teñen uns salarios moi baixos.
‘Produtoras’ en Cambados: 30 proxectos para visibilizar nunha feira o talento das mulleres creadoras
Durante toda esta fin de semana Cambados convértese en punto de encontro de creadoras e emprendedoras, en feminino. O paseo da Calzada acolle ata este domingo unha nova edición da Feira Produtoras. Un total de 30 proxectos danse cita nesta iniciativa, que trae á vila propostas de distintos sectores, como roupa, artesanía ou alimentación. Todos cun nexo común: detrás deles hai mulleres que buscan darlle visibilidade ao seu proxecto a través de propostas como esta.
A esquerda cambadesa, en ‘período de reflexión’ sobre a continuidade de Abal no goberno...
Crise no cuadripartito de Cambados. PSOE, Somos e BNG abriron un período de reflexión para valorar a continuidade de Cambados Pode no executivo. O alcalde non descarta o cese de José Ramón Abal, logo de que no último pleno votase co PP contra a modificación da RPT. O líder de Pode deulle plantón logo ao resto dos grupos de goberno nunha reunión convocada para pedirlle explicación e tampouco asistiu á última xunta de goberno.
Morre un home en Cambados tras ser ferido de bala por un policía nun...
Ocorreu nunha vivenda de Corbillón contra as 6 e media da mañá deste martes. Sucedeu no marco dun operativo antidroga levado a cabo dende primeira hora en varios puntos do Salnés. Leváronse a cabo unha vintena de rexistros en Vilanova, Cambados, Ribadumia e Vilagarcía, que deixarían unha ducia de detidos. Esta operación continúa en marcha ao tempo que se abriu unha investigación para aclarar as causas do tiroteo mortal de Cambados. A familia nega que o varón tiverse relación co narcotráfico e asegura que estaba desarmado.
Uns 40 chefs Michelin participarán en ‘Estrelas no Camiño’, nunha edición que homenaxeará a...
Estrelas Solidarias non Camiño reunirá a case corenta chefs con setenta estrelas Michelin. Estamos a falar dun evento que acada a súa décimo terceira edición e que se vai celebrar na Finca Casa Barqueiro, en Negreira. Entre os convidadados atopamos cociñeiros da nosa contorna, como Javier Olleros, do Grove; Pepe Vieira, de Poio; ou o cambadés Yayo Daporta. Esta edición é dobremente especial: Casa Barqueiro fai 25 anos, e o evento rende homenaxe a Arzak, o seu padriño desde o principio. Os beneficios van destinados a Art for Dent.
Amicos pon en marcha un proxecto europeo medioambiental centrado no río Umia
A iniciativa inclúe limpezas e a instalación de barreiras que permitan reter plásticos. Os usuarios de Amicos terán un papel clave, como encargados de poñer en marcha e supervisar todo o proxecto. A acción vaise desenvolver no leito do río, ao seu paso polos concellos de Cambados, Meis e Caldas.
















