Cambados recoñece á adega Martín Códax polo seu traballo a prol da cultura e...
A cooperativa acaba de ser distinguida co Premio da Cultura Galega 2025 que outorga a Xunta, un galardón co que se poñen en valor os 40 anos nos que Martín Códax leva traballando arredor da cultura, a música e o territorio. Trátase da primeira empresa en recibir este premio.
Seis anciáns faleceron atropelados nas estradas da provincia de Pontevedra no que vai de...
Campaña para a prevención de atropelos de persoas maiores nas estradas de Pontevedra. No que levamos de ano faleceron xa seis anciáns atropelados na provincia. A iniciativa, impulsada pola Subdelegación do Goberno, a Xefatura Provincial de Tráfico e a Garda Civil, chegou este martes a Cambados. A xornada comezou coa entrega de chalecos reflectantes ás persoas asistentes e continuou cunha sesión informativa con consellos prácticos.
O Salnés pon o foco na desestacionalización turística cun foro especializado
A Mancomunidade organiza o vindeiro luns en Sanxenxo un foro centrado na estratexia a seguir para seguir atraendo visitantes á comarca fóra da tempada alta. O programa inclúe catro mesas con temáticas clave para O Salnés: Xacobeo 2027, Turismo Deportivo, Turismo Náutico e Enogastronomía. O foro estará conducido polo xornalista Pedro Piqueras. Das 80 prazas dispoñibles xa se cubriron a metade.
As educadoras da escola infantil de Cambados vístense de amarelo na defensa dun ensino...
Mércores de primavera amarela na Escola Infantil de Cambados. O centro súmase ás protestas que se están a desenvolver por todo o Estado para reivindicar melloras na calidade do ensino para o alumnado de 0 a 3 anos. Entre outras cousas, demandan unha baixada da ratio, recursos na atención á diversidade ou tempos para poder planificar o proxecto educativo do centro. Este xoves, xunto con compañeiras doutras escolas infantís de toda Galicia irán á folga. Tamén se concentrarán á tarde en Pontevedra.
A lonxa de Cambados dixitalizarase a través dun programa da Xunta
Cambados xa conta cunha lonxa 4.0. A rula de Tragove incorpórase a este programa da Xunta, que se traduce nunha aposta pola dixitalización dos puntos de primeira venda. Con este proxecto, unifícanse en todas as lonxas de Galicia o sistema de poxas recollendo a información dun xeito máis áxil, permitindo a poxa non presencial e facilitando que os mariñeiros poidan realizar as operacións de descarga e pesaxe máis rápido.
Hierros Santa Cruz celebra por todo o alto os seus 50 anos de vida
A empresa Hierros Santa Cruz celebrou onte por todo o alto os seus 50 anos de historia. Fíxoo rodeada dos traballadores, provedores e amigos que a acompañaron nas diferentes etapas. A eles dedicoulles toda unha festa na parroquia de Castrelo, en Cambados, que mesmo contou coa actuación da orquestra Panorama e unha tirada de fogos artificiais. A empresa chega a este medio século de vida convertida en todo un referente do sector.
Xornada Triple Hélice en Cambados, punto de encontro para o futuro sostible do medio...
Administración, empresa e investigación son os tres piares clave para o futuro do medio rural galego. Este venres, en Cambados, as tres partes estiveron representadas na sétima Xornada Tiple Hélice, centrada na innovación e o desenvolvemento sostible. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Foro Empresa Pontevedra, que acolleu a adega Martín Códax.
Arte contra a droga nunha nova edición de Saudarte
Xa se pode visitar en Cambados unha nova edición de Saudarte. Trátase da mostra impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, coa que se pretende fomentar o ocio creativo entre a rapazada. Unha forma de afastar aos máis novos do mundo da droga. A exposición está composta por 25 pezas. Poderase visitar ata o 20 de maio.
A Mancomunidade do Salnés quere impulsar o turismo de caravanas nos concellos do interior...
A Mancomunidade do Salnés quere darlle un impulso ao turismo de autocaravanas. O organismo comarcal acaba de presentar un plan para crear áreas nos concellos do interior. A idea é desconxestionar os municipios costeiros fomentando este tipo de turismo en concellos como Meis, Ribadumia ou Meaño. Segundo os cálculos da Mancomunidade precisaríanse unhas 300 prazas para dar resposta a toda a demanda.
Somos Cambados e Somos Ribadumia exploran unirse a unha confederación de proxectos locais
Somos Cambados e Somos Ribadumia participarán este sábado nun encontro de candidaturas municipalistas de toda Galicia. Unha reunión que se vai celebrar en Chantada e que busca avanzar na construción dunha confederación de proxectos locais de cara ás municipais de 2027. A proposta pretende crear unha coalición específica para eses comicios mantendo a autonomía de cada formación, pero intentando ser clave para a configuración das Deputacións.


















