O programa de emprego do Salnés reinvéntase apostando por novos enfoques tecnolóxicos

Arranca a décimo cuarta edición do Programa Integrado de Emprego que impulsa a Mancomunidade do Salnés. Un cento de alumnos formaranse durante os vindeiros meses en distintos campos co obxectivo de acadar un posto de traballo. O itinerario formativo mantén os cursos tradicionais reinventándose con novos enfoques tecnolóxicos. O programa conta cun investimento de 250.000 euros, dos que a xunta aporta 220.000.

Estas son as incidencias que deixou a borrasca Joseph nas comarcas das Rías Baixas

A borrasca Joseph deixa a súa pegada nas Rías Baixas. O temporal das últimas horas foi especialmente virulento na comarca de Caldas. En Cuntis o río Gallo desbordou. Tamén rebordou o Umia ao seu paso por Caldas, inundando zonas como A Tafona. En Portas, os servizos de emerxencia tiveron que rescatar un condutor atrapado nunha pista anegada. No Salnés, co Umia tamén anegando zonas en Meis ou Ribadumia, a principal incidencia foron os cortes de luz en varios puntos, así como pequenos desprendementos. Mesma situación na comarca de Pontevedra, con danos de escasa consideración.

O Salnés e A China destacan os avances do último ano nas súas relacións...

A Mancomunidade do Salnés volveu organizar un encontro con representantes do tecido empresarial chinés en España. O acto tivo lugar nun restaurante do centro de Madrid, no que estiveron presentes alcaldes e concelleiros de toda a comarca.

A Mancomunidade convida en Fitur a descubrir O Salnés con calma e ‘a lume...

O turismo 'slow' centrou o paso da Mancomunidade do Salnés por Fitur. A comarca presentouse como un destino no que poder escapar da rutina e desconectar. Dende o organismo comarcal explican que este produto turístico permite ao visitante mergullarse con calma nas orixes de todo o que ofrece O Salnés.

A Mancomunidade convida ao Salnes ao embaixador da China en España para afianzar lazos...

Encontro clave entre a Mancomunidade do Salnés e o empresariado chinés no marco de Fitur. O organismo comarcal organizou un acto en Madrid ao que tamén asistiu o embaixador chinés en España. A cita serviu para seguir promocionando o destino máis alá do verán. De aí a importancia do mercado chinés, caracterizado por viaxar fóra da tempada alta. O presidente da Mancomunidade aproveitou o acto para convidar ao embaixador chinés a visitar O Salnés este ano.

Oito alumnos fórmanse en elaboración de viños e enoturismo cun novo curso da Mancomunidade...

Enoturismo e Elaboración de Viños son as materias que trata o novo curso da Mancomunidade do Salnés. A acción formativa está enmarcada no Programa Integrado de Emprego e busca dar resposta a unha necesidade crecente do territorio: a escaseza de perfís profesionais especializados en enoturismo. Os oito candidatos xa empezaron a súa formación, que se desenvolverá en Condes de Albarei e Pazo Baión.

A pesca artesanal para e plántase ante os novos controis da Unión Europea, que...

A flota plántase ante os novos controis á pesca impostos dende a Unión Europea. Medio milleiro de mariñeiros mobilizáronse esta mañá na lonxa do porto de Tragove, en Cambados, para protestar contra o novo regulamento en barcos de a partir de doce metros. Todos a unha, representantes de distintos portos e rías, reclaman unha moratoria na aplicación da norma e a apertura de negociacións para modificar as novas esixencias europeas que consideran inasumibles para a pesca artesanal.

Varios concellos das Rías Baixas recibirán o 2026 con antelación

As Rías Baixas despedirán ao grande este 2025 con multitude de eventos. Un dos máis destacados está en Vilagarcía, coa xa tradicional Toma das Uvas, que celebra o seu 25 aniversario. Ademais, hai propostas noutros concellos, como este mércores á mañá en Cambados ou hoxe á tardiña en Meaño.

O marisco, polas nubes nesta Noiteboa

Hoxe é Noiteboa e un dos puntos quentes da xornada estivo nas prazas de abastos. Xa dende primeira hora foron moitos os clientes que se foron achegando na procura de peixes, mariscos ou unha boa carne. Na praza de abastos de Cambados, os prezos ían hoxe polas nubes. Entre o máis caro, pola súa escaseza, a ameixa da ría. A babosa chegou a venderse a 70 euros o quilo.

O GDR Salnés-Ulla-Umia despide o 2025 cun encontro no que se fixo balance do...

O actual programa Leader abrangue o período 2023-2027. Unha iniciativa para o desenvolvemento das zonas rurais, cos obxectivos básicos de asentar poboación a través da creación e mantemento de emprego e de dotar de servizos esenciais as distintas parroquias e municipios que compoñen o territorio do GDR. Na asemblea destacouse a capacidade de xestión do Grupo de Desenvolvemento Rural para impulsar e completar proxectos.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete