A vendima, a pleno rendemento nos viñedos de Martín Códax
A vendima xa está a pleno rendemento na Denominación de Orixe Rías Baixas e en Martín Códax. As condicións meteorolóxicas adiantaron finalmente o inicio da recollida da uva, que está a entrar na adega nun excelente estado sanitario e cun bo equilibrio entre grao e acidez. Os traballos na cooperativa cambadesa desenvolveranse de xeito progresivo, co obxectivo de completalos na primeira quincena de setembro. Todo fai pensar que estamos ante unha gran colleita.
O Salnés copa os premios da Cata-Concurso da Festa do Albariño de Cambados
O Salnés arrasou na trixésimo sétima edición da cata concurso da Festa do Albariño de Cambados. Tres adegas desta subzona de Rías Baixas coparon o podio. Foron Mar de Ons, de Bodegas Aguiuncho, de Vilalonga; Bodegas Pazo Cilleiro de Meis e Lagar da Costa, de Castrelo, que se fixo co bronce. Foron os tres viños escollidos polo panel de expertos entre os 52 que se presentaron nesta edición.
Cheo ata a bandeira no Paseo da Calzada para inaugurar a XXLIII Festa do...
Este mediodía o Paseo da Calzada de Cambados estaba ata a bandeira. Ninguén quixo perder o arranque da raíña das festas, a do Albariño. Pasada a 1 do mediodía e despois do pregón, os stands das adegas comezaron a servir os seus viños. Comezando así cinco días de festa que se prometen intensos.
Cambados desconta os días para a LXXIII Festa do Albariño
Cambados xa conta os días para que o albariño encha as súas rúas. Do 30 de xullo ao 4 de agosto a vila celebrará a edición número 73 da súa festa grande, convertida nun evento multitudinario e un referente cultural e turístico. Haberá concertos, pasarrúas e actividades para todos os públicos pero o epicentro continuará a ser o Paseo da Calzada. Alí instalaranse as 42 casetas que acollerán as adegas da DO Rías Baixas coas neveiras cheas para que os seus viños sexan os verdadeiros protagonistas.
San Xoán atípico nas prazas de abastos coa sardiña a 15 euros o quilo
Noite de San Xóan. Unha festividade que desta volta foi atípica nas prazas de abastos ao cadrar en luns. Os mercados só recibiron hoxe unha pequena cantidade de sardiñas do xeito. A maioría da xente optou por mercar o sábado e conxelar. Con todo, hoxe eran moitos os que se achegaban ata a praza na procura de sardiñas. Só os máis madrugadores foron quen de conseguilas.
Cambados quere desbloquear dunha vez por todas o proxecto da praza de abastos
Cambados quere reactivar canto antes o proxecto da praza de abastos, que leva anos paralizado. Agora que Portos deu o visto bo ao plan especial, a Xunta comprométese a financiar a reforma do mercado, xunto con fondos do goberno central. A gran novidade é que agora todas as administracións están de acordo en darlle unha volta ao proxecto, apostando pola reforma da actual praza no canto de construír un novo edificio.
Fondos provinciais para o campo de Lampáns, no Grove, e o reasfaltado dun dos...
O Grove mellorará o campo de fútbol de Lampáns con fondos da Deputación de Pontevedra. O concello recibirá 140.000 do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que van permitir o cambio da herba artificial destas instalacións. Por outra banda, en Cambados, tamén se anunciou hoxe que o concello vai recibir 100.000 euros, neste caso do Plan +Provincia para o reasfaltado dun dos principais accesos ao porto de Tragove.
As xornadas de portas abertas na Ruta do Viño Rías Baixas colgan de novo...
A Ruta do Viño Rías Baixas celebrou por todo o alto a súa Primavera de Portas Abertas. Dende a organización salientan a altísima demanda que tiveron todas as propostas que se incluíron na edición deste ano. Un total de 22 adegas da Denominación de Orixe participaron nesta actividade, ofrecendo visitas de balde ás súas instalacións. A iniciativa completouse cunha ducia de actividades paralelas, nas que o eneturismo foi da man do territorio, a paisaxe e a gastronomía.
O representante de España no campionato do mundo de catas a cegas decidirase en...
Os 200 mellores sumilleres de España daranse cita en Cambados. A vila acolle esta vindeira fin de semana o sexto Campionato de España de Cata a Cegas por Equipos. De aquí sairá o representante de España para o campionato do mundo que se vai celebrar en Francia en outubro. A proposta, que se vai celebrar no Salón Peña, inclúe tamén un túnel do viño aberto a todo o mundo.
O albariño Rías Baixas volverá conquistar Vitoria do 20 ao 22 de xuño
Os días 20, 21 e 22 de xuño o albariño da Denominación de Orixe Rías Baixas lanzarase á conquista do País Vasco. Concello de Cambados, Mancomunidade do Salnés e Centro Galego de Vitoria repiten coa Festa do Albariño de Vitoria; unha segunda edición que durará unha xornada máis.

















