800.000 euros para a rehabilitación do Pazo Torrado de Cambados
A Deputación de Pontevedra investirá 800.000 euros na rehabilitación integral do Pazo Torrado de Cambados. O goberno provincial achegará 600.000 euros a través do Plan Extra Provincia Extraordinaria. Os outros 200.000 proveñen do Plan +Provincia. Esta mañá visitaron pazo Torrado os deputados provinciais Marcos Guisasala e Javier Tourís, xunto co alcalde e o concelleiro de cultura.
O Salnés toma conciencia da loita contra a explotación sexual da man da activista...
A coñecida activista Mabel Lozano foi a protagonista do acto central do 8M impulsado pola Mancomunidade do Salnés. A tamén cineasta ofreceu en Cambados unha charla sobre a prostitución. No acto proxectáronse tres das súas curtas, que abordan a trata de mulleres e a explotación sexual. Ademais dun acto aberto á veciñanza en xeral, mantivo tamén un encontro co alumnado de secundaria.
Un cento de empresas do sector mar-industria contarán cunha guía para detectar casos de...
Un centenar de empresas do sector mar- industria da comarca do Salnés únense á Xunta de Galicia para implementar nas súas compañías unha guía para a detección de vítimas de violencia machista na contorna laboral. Xuntas suman case 15.000 traballadores, a maioría mulleres. O documento ofrece pautas para identificar posibles vítimas e información sobre os recursos que lles achegan as administracións.
Cambados pecha o Ano Asorei co concurso para a rapazada que reintrepreta a obra...
Cambados pecha o Ano Asorei. O último acto dentro desta programación foi a entrega de premios do concurso Reinterpretando a Asorei. Trátase dunha actividade pensada para a rapazada de infantil a secundaria, que lles permitiu descubrir a obra do autor cambadés. Neste certame participaron nove centros de toda Galicia, que participaron este mañá na entrega dos galardóns. Entre os centros recoñecidos, varios centros da nosa contorna.
Martín Códax afonda na sustentabilidade e impulsa a primeira planta de agrocompostaxe do Salnés
No 2026, a comarca do Salnés contará coa súa primeira planta de agrocompostaxe. Trátase dun proxecto impulsado por Bodegas Martín Códax, que busca avanzar na xestión sustentable de residuos e na revalorización dos que se producen na viticultura, como o bagazo ou o raspón da uva. A intención é que se abra tamén aos municipios da contorna. A planta estará situada na finca de Pé Redondo, en Meis, e conta co apoio da Deputación de Pontevedra.
Cambados plasma as enfermidades raras nun mural para insistir na súa visibilización
En Cambados, este venres darase visibilidade ás enfermidades raras. Por iniciativa de GaliciAME e coa colaboración do concello organizarase un acto para conmemorar o Día Mundial das Enfermidades Raras. Ás 12 do mediodía pintarase un mural deseñado para a ocasión, co obxectivo de poñer o foco sobre estas patoloxías e achegalas á sociedade.
O Día dos Namorados vivirase en Cambados con música
Cambados vai celebrar o Día de San Valentín con música. Zona Centro, en colaboración co concello, organiza para os días 14 e 15 deste mes concertos na praza de Asorei. O propio día dos Namorados, o 14, actuará Take It Easy. Ao día seguinte, será a quenda da Dani Barreiro.
‘Vendima’ e Treixadura no Ramón Cabanillas de Cambados
Xornada de divulgación da viticultura entre a rapazada cambadesa. O alumnado do Ramón Cabanillas elaborou un documental sobre o sector do viño no Salnés. Presentaron a peza nun acto ao que convidaron tamén a membros de Treixadura. Dúas rapazas do centro encargáronse despois de entrevistalos para coñecer un chisco máis da traxectoria deste emblemático grupo.
Unha unidade móbil da Policía permitirá renovar o DNI ou pasaporte en Cambados
A veciñanza de Cambados poderá obter ou renovar o seu DNI ou pasaporte sen saír da vila. A Policía Nacional ofrecerá no municipio un servizo para facer todo tipo de trámites relacionados con esta documentación. Trátase dunha prestación que se ofrece naqueles concellos onde non hai comisaría. A partir de marzo a unidade móbil desprazarase a Cambados de forma periódica en función da demanda.
O entroido de Cambados repartirá uns 15.000 euros en premios
En Cambados xa teñen todo listo para celebrar o entroido. Vaise celebrar do 28 de febreiro ao mércores 5 de marzo. Este ano con dúas grandes novidades. A primeira, é que toda a veciñanza poderá participar no concurso 'A túa cara sóame', unha proposta que xa veñen celebrando na vila nos últimos anos con figurantes. Outra das novidades deste ano chega o martes 4, co concurso de comparsas, que se traslada ao Auditorio da Xuventude.


















