Rueda e López arroupan a Carlos Viéitez nun multitudinario xantar do PP de Meaño

Na cita reuníronse máis de 900 comensais no pavillón de Xil. Presidido polo alcalde, a comida contou tamén cos líderes do PP galego, Alfonso Rueda, e dos populares pontevedreses, Luis López. O rexedor, Carlos Viéitez, salientou a importancia deste tipo de encontros para reforzar a unidade da formación.

Meaño estrea as renovadas instalacións da praza de abastos de Dena

O mercado foi obxecto dunha actuación que, entre outras cousas, corrixe o exceso de temperatura que rexistraba o edificio no verán. Para iso, instalouse aire acondicionado, converténdose nunha das poucas prazas de Galicia en contar con este servizo. Ademais, tamén se renovou a instalación eléctrica e se reformou o chan, cun novo pavimento antideslizante.

Meaño mellorará a iluminación no Polígono da Pedreira

Meaño mellorará a iluminación no Polígono da Pedreira.A actuación beneficiará a un treito de rúa duns 400 metros que nestes momentos carece de alumeado. A dotación deste servizo conta cunha achega da Xunta, garazas a un programa da Consellería de Industria. O goberno galego achegará o 80% do investimento que aquí se vai facer, que ascende a 46.000 euros.

A Xunta propón nun informe a fusión de Meaño con Sanxenxo e de Lousame...

A Xunta reabre o debate sobre a posible fusión de concellos. O goberno galego presentará este xoves un informe no que propón sete posibles fusións. Na nosa zona de cobertura habería dous casos: a unión de Noia con Lousame e a de Sanxenxo con Meaño.

A comunidade educativa do CEIP As Covas, farta do lamentable estado dos baños do...

A comunidade educativa do colexio As Covas, en Meaño, está farta do lamentable estado no que se atopan os baños. Piden de novo a Educación a que tome medidas e reforme os aseos canto antes, unha petición que veñen arrastrando dende hai anos. As condicións dos baños son tan malas que as familias aseguran que hai nenos e nenas que agardan a chegar á casa para facer as súas necesidades. Non descartan seguir facendo presión para que se atenda a súa petición, recorrendo a tódalas vías precisas.

Convocan o pleno ordinario da Mancomunidade o mesmo día no que o PSOE ía...

O novo presidente da Mancomunidade do Salnés convoca o seu primeiro pleno ordinario para o venres da semana que vén. Malia ter tomado posesión no mes de xaneiro, e as sesións ordinarias ter que celebrarse cada dous meses, ata o de agora aínda non se fixera ningunha. O anuncio desta convocatoria produciuse esta mañá, apenas unha hora despois de que o PSOE anunciase que ían presentar por rexistro unha solicitude de convocatoria. Os socialistas denuncian que o PP ten 'secuestrado' o organismo comarcal. Advirten, ademais, de que está ao borde da fractura.

A agricultura ecolóxica biointensiva, unha nova oportunidade laboral no Salnés

MEAÑO> A agricultura ecolóxica biointensiva ábrese paso como unha nova oportunidade laboral nas Rías Baixas. Trátase dun modelo sostible que busca a autosuficiencia dos...

Trepidante Carreira de Camas en Meaño

Na tarde deste domingo, en Meaño, meañeses e visitantes de tódolos recunchos de Galicia déronse cita para ver unha nova edición da Carreira de Camas.

O sector da soldadura segue reclamando máis profesionais, aquí e no estranxeiro

MEAÑO> Xa son preto de medio cento as persoas formadas en soldadura grazas ao programa de emprego da Mancomunidade do Salnés. A última remesa...

O alcalde de Meaño volve ao PP e integra ao seu partido independente Veciños...

MEAÑO> O alcalde de Meaño volve ás filas do Partido Popular. Esta tarde, o presidente provincial Luis López anunciou a integración de Carlos Viéitez...

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete