O sol volveu saír en Meis nunha multitudinaria terceira edición da Carreira de Leo
Unha marea humana encheu a localidade este domingo para participar nesta proba solidaria. Unhas 2.400 persoas participaron nesta cita que serviu para recadar fondos para enfermidades raras, nesta ocasión, para a Asociación Española de Enfermos de Alexander e a entidade Duchenne Parent Project. Un evento que ademais serve para lembrar a memoria do pequeno Leo, falecido a causa dunha doenza rara.
Meusviños incorpora unha cuarta xornada dedicada a profesionais
Meusviños, as xornadas vitivinícolas de Meis, seguen medrando. A sexta edición desta cita gaña unha xornada máis, arrancando xa o xoves 16 de outubro cunha cata profesional. O evento prolongarase ata o domingo 19 reunindo 14 adegas nas casteas instaladas no Mosteiro. Ademais, a vila aproveitará o evento para irmandarse co concello asturiano de Cangas de Narcea, incluíndo unha cata maridaxe dos viños da DOP Cangas.
A chuvia pon en ‘stand by’ a vendima nas Rías Baixas
A chuvia condiciona a vendima en Rías Baixas. A entrada de uva nas adegas está paralizada por culpa do mal tempo. É o caso de Mar de Frades, onde están a vivir unha das campañas máis madrugadoras que lembran: comezaron o pasado 25 de agosto. Con todo os seus responsables auguran unha vendima longa, logo dun primeiro parón a semana pasada e agora outro que, como mínimo, se prolongará ata o venres.
Meis recupera con éxito a súa Feira Labrega despois de cinco anos de parón
Meis recupera con gran éxito a súa Feira Labrega. Despois de cinco anos de parón, a cita volveu onte ao campo da feira con mostras de artesanía, xogos tradicionais, gastronomía e música. A cita, que cumpriu a súa décimo terceira edición, está enmarcada na programación das festas de San Bieito.
O XIII Foro do Albariño reivindica o enoturismo en Rías Baixas como ferramenta cultural...
O enoturismo centrou o XIII Foro do Albariño e curso de verán da Universidade de Santiago que acolle Terra de Asorei, en Meis. Pola adega están a pasar estes días expertos chegados de distintos puntos de España para abordar o enoturismo como unha ferramenta para preservar a cultura propia e impulsar as economías locais. O foro rematará este sábado en Cambados.
Meis recupera a Feira Labrega para as Festas do San Bieito, cos callos como...
Meis xa ten todo preparado para as Festas de San Bieito 2025. O día grande será o 13 de xullo, coa Festa dos Callos. Ese mesmo día terá lugar a ruta BTT dos callos. Precisamente, con deporte vai arrancar a programación, xa este vindeiro 28 de xuño. Será co torneo interparroquial de fútbol. Este ano a gran novidade é que volve a Feira Labrega. A proposta complétase con distitas actividades infantís e música, da man de distintas charangas e orquestras, entre as que salientan a New York, Fania Blanco Show ou Capitol.
Día Interncional do Té dende o mosteiro da Armenteira
O Día Internacional do Té celebrouse na provincia de Pontevedra dende o Mosteiro da Armenteira. A Deputación de Pontevevedra conmemorou alí esta xornada cunha degustación de tés producidos con camelias da Finca Areeiro. Alí, ademais, extráese o aceite das sementes que recollen as monxas nos xardíns da Armenteira, co que logo elaboran xabóns e outros produtos cosméticos.
Meis tamén reivindica o uso do galego nos cemiterios
O cemiterio de San Martiño de Meis acolle este sábado un acto centrado no uso do galego nos camposantos. Trátase dun estudo elaborado por Ana Belén Vázquez que, desta volta, céntrase no uso do noso idioma nos distintos cementerios deste municipio. O acto terá lugar ás 7 e media da tarde.
Cantareiras e pandereteiras, protagonistas da romaría das Letras Galegas de Meis
O Concello de Meis celebrará o Día das Letras Galegas cunha romaría. Vaise celebrar na Casa de Parga, cun especial protagonismo para as pandereteiras e cantareiras. A festa arrancará xa a media mañá, coa intención de que a veciñanza vaia alí pasar o día e comer de campo. As actuacións musicais iranse sucedendo ao longo de todo o día, con formacións locais. O peche da xornada virá da man das Lembranzas.
Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.

















