Telmo Martín marca obxectivos para 2026: vivenda, novos aparcadoiros e impulso aos mantementos
O alcalde de Sanxenxo comprométese a rematar este ano cumprindo cos proxectos estratéxicos comprometidos na última campaña, un ano antes das eleccións municipais. Telmo Martín fixo hoxe balance dos proxectos que están en marcha. Avanzou que nos vindeiros meses porán a disposición da Xunta novos terreos para construír vivenda pública, ao tempo que anunciou a creación dun aparcadoiro de 300 prazas en Portonovo.
A Deputación achegará 646.000 euros para a reforma da Rúa do Río de Sanxenxo
A Deputación e o concello de Sanxenxo irán da man para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial entre Portonovo e A Vichona, coñecida popularmente como a Rúa do Río. O organismo provincial achegará 646.000 euros para este proxecto, valorado en 920.000 euros. Vaise actuar nun treito duns 200 metros onde se ampliarán as beirarrúas, reordenará o tráfico e mellorarán os servizos.
Zona Aberta leva á praza de Galicia de Vilagarcía o seu photocall do amor...
O amor chega a Vilagarcía da man de Zona Aberta. O colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade pon en marcha a súa campaña de San Valentín. Co apoio do concello, van instalar o propio día 14 de febreiro un photocall na praza de Galicia para que os namorados poidan sacar fotos. Ademais, sortearán unha cea para dúas persoas entre as persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados.
Falece un home en Meis tras unha intoxicación por monóxido
O suceso produciuse na Avenida do Médico Paz García arredor das 08:45 horas. A vítima fora revisar un xerador e foi atopada inconsciente.
Comezan as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada de Baión, en Vilanova
A Deputación de Pontevedra vai investir neste proxecto 900.000 euros. Os traballos realizaranse entre os puntos quilométricos 0+000 e o 0+560 desta estrada provincial que une Baión con András. Unha actuación que contempla a execución dunha senda peonil en formigón coloreado na marxe esquerda da vía ao longo dos seus primeiros 500 metros.
A Illa avalía os estragos que deixou o lóstrego na zona de Sucavirto
Na Illa de Arousa avalían os danos que deixou na zona de Sucavirto un raio. A peor parte levouna unha vivenda que, literalmente, foi atravesada polo lóstrego. Nese momento no seu interior había dúas persoas que, de milagre, resultaron ilesas. O raio deixou desfeitas no alumeado público e mesmo levantou partes do formigón da rúa. O alcalde di que polo de agora é difícil facer unhas estimación de canto custará recuperar a normalidade na zona.
Vilagarcía instalou tres quilómetros de tubaxes de saneamento e pluviais no que vai de...
Este venres o alcalde fixo balance das últimas actuacións, cifrando o investimento en máis de un millón de euros. Alberto Varela apuntou que se viron beneficiadas máis de 300 vivendas de doce lugares e parroquias, a través de 23 obras deste tipo.
Peche no IES Cotarelo Valledor de Vilaxoán demandando melloras no ensino público
Peche reivindicativo no IES Cotarelo Valledor de Vilaxoán. Uns 30 docentes, convocados pola CIG, pasaron a noite no centro para demandar melloras no ensino público. No encerro participaron tamén familias e alumnado. Demandan, por exemplo, a redución de ratios ou a mellora na atención á diversidade con máis persoal e medios.
As familias poderán solicitar prazas para os Campamentos da Lanzada a partir do dous...
A partir do dous de marzo abrirá o prazo para que as familias poidan solicitar unha praza para a rapazada nos Campamentos da Lanzada da Deputación de Pontevedra.
Falece o pai do ribadumiense Rafael Louzán, presidente da Real Federación Española de Fútbol
RIBADUMIA> Falece o pai de Rafael Louzán, actual presidente da Real Federación Española de Fútbol. José Louzán Güimil falecía este xoves en Ribadumia aos...

















