A reparación do tellado da Garda Civil de Sanxenxo xestionarase cun contrato de emerxencia
O paso da borrasca Joseph provocou importantes danos no cuartel da Garda Civil de Sanxenxo. Neste caso, parte do tellado voou cos fortes ventos que deixou o temporal. Segundo a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, estase xestionando un contrato de emerxencia para reparalo o máis rápido posible.
Eros, o gato da rúa que fai de profe no colexio Viñagrande de Vilanova
Eros é un gato da rúa que atopou no colexio de Viñagrande, en Vilanova, unha segunda oportunidade. No centro decidiron adoptalo e, coa súa axuda, fomentan valores como a convicencia e o respecto animal. A implicación da rapazada neste proxecto educativo está sendo exemplar.
A Xunta reparte 1,5 millóns de euros para facer máis sostibles 39 adegas da...
Dez adegas da comarca do Salnés beneficiáronse dunha liña de axudas da Xunta para a reconversión de viñedos. Medio Rural repartiu entre elas 350.000 euros. Unha delas foi Terra de Asorei, que aproveitará a achega de 72.000 euros que lle concederon para a creación dunha nova plantación de catro hactáreas en Agudelo, no concello de Barro.
Meis cede unha oficina do consultorio de Paradela a AMICOS para o seu servizo...
AMICOS terá un punto de atención sociolaboral no concello de Meis. A asociación firmou un convenio co concello polo cal o goberno local cédelles un espazo no antigo consultorio médico de Paradela. Dende alí, un orientador de AMICOS encargarase de prestar os seus servizos a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social de Meis e da súa contorna. Actualmente no Salnés ao redor de 200 persoas forman parte do proxecto de emprego da asociación.
Estas son as incidencias que deixou a borrasca Joseph nas comarcas das Rías Baixas
A borrasca Joseph deixa a súa pegada nas Rías Baixas. O temporal das últimas horas foi especialmente virulento na comarca de Caldas. En Cuntis o río Gallo desbordou. Tamén rebordou o Umia ao seu paso por Caldas, inundando zonas como A Tafona. En Portas, os servizos de emerxencia tiveron que rescatar un condutor atrapado nunha pista anegada. No Salnés, co Umia tamén anegando zonas en Meis ou Ribadumia, a principal incidencia foron os cortes de luz en varios puntos, así como pequenos desprendementos. Mesma situación na comarca de Pontevedra, con danos de escasa consideración.
Emgrobes lánzase en Fitur á conquista dos padais máis esixentes cunha degustación de centola
A Festa da Centola do Grove tamén se promocionou en Fitur. Emgrobes estivo presente na Feira Internacional de Turismo para ofrecer unha degustación deste produto estrela do municipio. O acto tivo lugar no stand de Galicia. Serviu tamén para presentar o novo cartel da Festa da Centola do Grove 2026 e proxecta un vídeo promocional do producto, do Grove e dalgunhas das actividades habituais da Festa.
Meaño habilita unha bolsa de aparcadoiro para sesenta vehículos en pleno centro da vila
Meaño conta cunha bolsa de aparcadoiro en pleno centro do municipio. O concello mercou un antigo viñedo que transformou nun espazo estratéxico para estacionar os vehículos, próximo a equipamentos como a casa consistorial, o centro de saúde ou o colexio As Covas. O goberno local calcula que pode acoller ao redor de 60 vehículos.
O xulgado extingue os contratos de seis traballadoras fixas-discontinuas de Coinba
Nova sentenza favorable para os traballadores de Coinba, en Vilaxoán. Desta volta o xulgado extinguiu os contratos de seis traballadoras fixas discontinuas que non foran convocadas aos seus postos dende finais de 2024. A CIG explica que tamén se lles recoñecen as súas indemnizacións por despedimentos improcedentes. Algunhas destas traballadoras levaban vinculadas a Coinba dende o ano 1987.
O Salnés e A China destacan os avances do último ano nas súas relacións...
A Mancomunidade do Salnés volveu organizar un encontro con representantes do tecido empresarial chinés en España. O acto tivo lugar nun restaurante do centro de Madrid, no que estiveron presentes alcaldes e concelleiros de toda a comarca.
A Mancomunidade convida en Fitur a descubrir O Salnés con calma e ‘a lume...
O turismo 'slow' centrou o paso da Mancomunidade do Salnés por Fitur. A comarca presentouse como un destino no que poder escapar da rutina e desconectar. Dende o organismo comarcal explican que este produto turístico permite ao visitante mergullarse con calma nas orixes de todo o que ofrece O Salnés.

















