Gotas organiza en Ribadumia un contacontos para normalizar entre a rapazada o colectivo LGTBIQ+

Ribadumia conta dende hoxe cunha biblioteca diversa. Trátase dun espazocon diferentes títulos que teñen como nexo común a temática LGTBIQ+. A colección xa está dispoñible na Casa da Cultura de Ribadumia, onde esta mañá a Asociación Gotas organizou tamén un contacontos diverso para a rapazada. O obxectivo, normalizar entre os nenos e nenas os dinstintos modelos de familia, inculcándolle valores como o respecto e a tolerancia.

Convocan o pleno ordinario da Mancomunidade o mesmo día no que o PSOE ía...

O novo presidente da Mancomunidade do Salnés convoca o seu primeiro pleno ordinario para o venres da semana que vén. Malia ter tomado posesión no mes de xaneiro, e as sesións ordinarias ter que celebrarse cada dous meses, ata o de agora aínda non se fixera ningunha. O anuncio desta convocatoria produciuse esta mañá, apenas unha hora despois de que o PSOE anunciase que ían presentar por rexistro unha solicitude de convocatoria. Os socialistas denuncian que o PP ten 'secuestrado' o organismo comarcal. Advirten, ademais, de que está ao borde da fractura.

Os amantes das motos teñen parada obrigada esta fin de semana en Ribadumia na...

Os amantes das motocicletas teñen esta fin de semana parada obrigada en Ribadumia. Este venres arranca a XII edición da concentración moteira que organiza Trasnos do Salnés. A programación inclúe outras moitas actividades paralelas, con diversas propostas musicais. Entre elas, a actuación do grupo Claxxon ou de Gin Toni's.

Gotas reivindica o orgullo LGTBIQ+ do rural cun mes ateigado de actividades en Ribadumia

Xa está en marcha o mes da diversidade en Ribadumia. A Asociación Gotas deseñou para este mes de xuño unha completa programación coa que reivindican respecto e tolerancia para o colectivo LGTBIQ+. As actividades arrancan este domingo, cunha andaina de convivencia polo río Umia. Por diante propostas culturais e educativas que terán como prato forte a Ruada das Gotas o próximo sábado 15, cun xantar diverso e actuacións musicais para tódolos gustos, con Alana, El Nido, Mondra e Señora DJ como principais reclamos.

A reforma da rúa Condesa en Ribadumia mellorará a mobilidade e a seguridade viaria...

En Ribadumia, están en marcha as obras de reurbanización da rúa Condesa, na contorna do colexio Julia Becerra Malvar. O proxecto busca mellorar a seguridade viaria e a mobilizada da zona, ao tempo que se crean novas zonas de estacionamento. A actuación conta cun orzamento que rolda os 700.000 euros, dos que a Deputación achegará o 70% e o concello, o 30 restante.

O PSdeG carga contra a Xunta polo retraso na reconstrución da ponte de Pontearnelas

O PSOE critica os retrasos que está sufrindo a recontrución da ponte nova de Pontearnelas. Denuncian a falta de compromiso da Xunta coa comarca e din que unha mostra máis é como se xestionou o arranxo desta infraestrutura. Lembran que a súa posta en uso estaba prevista para finais do ano pasado e que xa no mes de xuño, aínda está pendente de rematar. Advirten ademais dos danos que esta situación está a provocar na ponte dos Padriños, por onde se está a desviar o tráfico.

O bo tempo acompaña ao mellor viño esta fin de semana na Festa do...

RIBADUMIA> Ribadumia xa goza por todo o alto da Festa do Tinto do Salnés. Esta mañá inaugurouse de xeito oficial esta LI edición, na que se dan cita 14 adegas. Pola carpa instalada en...

Recollida de tapóns do alumnado do cole de Ribadumia para loitar contra a enfermidade...

Alumnado do colexio Julia Becerra Malvar, de Ribadumia, impulsa unha campaña solidaria sobre a enfermidade de Dent. A rapazada de 3º da ESO puxo en marcha un proxecto de recollida de tapóns para recadar fondos para esta doenza. Pero a iniciativa vai máis alá, incluíndo a creación dun cartel publicitario ou mesmo dando unha rolda de prensa para difundir entre a veciñanza a súa campaña.

O fútbol das mellores canteiras traerá ata Ribadumia máis de 5.000 persoas no mes...

87 equipos participarán na cuarta edición da Copa Ribadumia- Clae Viajes de fútbol nas categorías infantil e xuvenil. Será no mes de xuño, nas fins de semana do 14 ao 16 e do 21 ao 23, co campo da Senra como escenario. O torneo volverá atraer a conxuntos chegados de toda España e Portugal. Unha cita que promete ser, un ano máis, un importante pulo ao turismo na zona.

As mellores orquestras galegas farán parada en Ribadumia na Festa do Tinto do Salnés

Todo listo en Ribadumia para que arranque a LI Festa do Tinto do Salnés. Vai arrancar o vindeiro xoves, con boas expectativas en canto a participación. E non é para menos porque a cita reúne todos os ingredientes para que sexa un éxito. Ademais do bo viño, ata a Festa do Tinto achegaranse as mellores orquestras galegas, enchendo de troula Ribadumia durante catro días.

REDES SOCIAIS

25,991FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete