O GDR Salnés-Ulla-Umia mobiliza un millón de euros para o impulso de proxectos que...
Ata o vindeiro seis de abril está aberta a nova convocatoria de axudas Leader que xestiona o GDR Salnés-Ulla-Umia. Poden optar a estes fondos proxectos que favorezan o desenvolvemento de zonas rurais, que fomenten o asentamento de poboación ou xeren postos de traballo. Destes fondos pódense beneficiar empresas e autónomos, pero tamén asociacións, comunidades de montes e os propios concellos. A gran novidade desta edición é que a convocatoria pasou de dúas a tres anualidades.
Sanxenxo cede a parcela das Cunchas á Xunta para construír 40 novas vivendas públicas
A Xunta de Galicia construirá arredor de 40 vivendas públicas para menores de 36 anos no concello de Sanxenxo. Un acordo que chega tras pechar a cesión da parcela da rúa das Cunchas, ata o de agora de propiedade municipal. Estas novas vivendas de promoción pública sumaranse ás 25 que o goberno autonómico ten previsto construír en Noalla, noutra parcela cedida polo concello.
O futuro Centro Loxístico Multiservizos do Salnés estará operativo antes de que remate o...
A Mancomunidade do Salnés ten preparado xa o proxecto para a reforma do que será o futuro Centro Loxístico Multiservizos. Trátase dunha infraestrutura estratéxica para a comarca que aglutinará distintos servizos mancomunados, como o parque de maquinaria ou espazos formativos. A transformación desta nave, situada no polígono de Sete Pías, está orzamentada en 600.000 euros. O organismo comarcal acaba de conseguir unha axuda da Xunta pola metade dese importe.
Os árbitros españois de Primeira e Segunda División fórmanse en Sanxenxo
Máis de 120 árbitros de Primeira e Segunda División están concentrados en Sanxenxo. Os colexiados están a formarse no concello, asistindo a diferentes actividades e probas do Comité Nacional de Árbitros. Pero tamén teñen tempo para coñecer a contorna: hoxe visitaron o Pazo de Quintáns, que acolle o Centro Gastronómico Rías Baixas. Fixérono en compañía, entre outros, do alcalde Telmo Martín e do presidente da Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán.
A praia de Canelas estrea pasarela elevada de madeira para facilitar o acceso e...
A praia de Canelas, en Sanxenxo, estrea acceso renovado. O concello instalou unha nova pasarela elevada de madeira, máis respectuosa coa zona de dunas do areal. Tamén se colocou un novo alumeado con tiras LED. A intervención precisou dun investimento de máis de 30.000 euros dons que a Xunta achegou 24.000.
As primeiras 25 vivendas públicas que a Xunta vai construír en Sanxenxo estarán rematadas...
A Xunta construirá 25 vivendas públicas en Sanxenxo. O presidente e o alcalde asinaron este martes o convenio polo que o municipio pon a disposición do goberno galego unha parcela de máis de 2.600 metros cadrados en Noalla. Este mesmo mércores o proxecto sairá a licitación cun orzamento de 6,7 millóns de euros, coa previsión de que as vivendas poidan estar rematadas a comezos de 2028. No acto, o alcalde comprometeuse a poñer novos terreos a disposición da Xunta para converter Sanxenxo, dixo, nunha referencia da vivenda pública en Galicia.
Telmo Martín marca obxectivos para 2026: vivenda, novos aparcadoiros e impulso aos mantementos
O alcalde de Sanxenxo comprométese a rematar este ano cumprindo cos proxectos estratéxicos comprometidos na última campaña, un ano antes das eleccións municipais. Telmo Martín fixo hoxe balance dos proxectos que están en marcha. Avanzou que nos vindeiros meses porán a disposición da Xunta novos terreos para construír vivenda pública, ao tempo que anunciou a creación dun aparcadoiro de 300 prazas en Portonovo.
A Deputación achegará 646.000 euros para a reforma da Rúa do Río de Sanxenxo
A Deputación e o concello de Sanxenxo irán da man para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial entre Portonovo e A Vichona, coñecida popularmente como a Rúa do Río. O organismo provincial achegará 646.000 euros para este proxecto, valorado en 920.000 euros. Vaise actuar nun treito duns 200 metros onde se ampliarán as beirarrúas, reordenará o tráfico e mellorarán os servizos.
A reparación do tellado da Garda Civil de Sanxenxo xestionarase cun contrato de emerxencia
O paso da borrasca Joseph provocou importantes danos no cuartel da Garda Civil de Sanxenxo. Neste caso, parte do tellado voou cos fortes ventos que deixou o temporal. Segundo a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, estase xestionando un contrato de emerxencia para reparalo o máis rápido posible.
Estas son as incidencias que deixou a borrasca Joseph nas comarcas das Rías Baixas
A borrasca Joseph deixa a súa pegada nas Rías Baixas. O temporal das últimas horas foi especialmente virulento na comarca de Caldas. En Cuntis o río Gallo desbordou. Tamén rebordou o Umia ao seu paso por Caldas, inundando zonas como A Tafona. En Portas, os servizos de emerxencia tiveron que rescatar un condutor atrapado nunha pista anegada. No Salnés, co Umia tamén anegando zonas en Meis ou Ribadumia, a principal incidencia foron os cortes de luz en varios puntos, así como pequenos desprendementos. Mesma situación na comarca de Pontevedra, con danos de escasa consideración.

















