María Deza despídese de Sanxenxo para dirixir a Axencia Galega de Infraestruturas
María Deza despídese do Concello de Sanxenxo. A primeira tenenta de alcaldía dá o salto á política galega. Será a nova directora da Axencia Galega de Infraestruturas. A popular, moi emocionada, despediuse hoxe da corporación nun pleno extraordinario no que, apuntou, pediu desculpas polos erros que puido cometer. O alcalde e os grupos da oposición agradecéronlle o seu traballo.
Sanxenxo contará cun programa pioneiro de educación sanitaria e chequeo de balde para a...
Sanxenxo e a Sociedade Galega de Hipertensión van da man para impulsar un programa de educación sanitaria para a poboación. Trátase dunha actividade que se que se vai celebrar os días 26 e 27 deste mes. Enmárcase no 31 Congreso da Sociedade Galega de Hipertensión e no 22 Congreso Sociedade Galega de Risco Vascular.
A Autovía do Salnés ampliarase ata Noalla
A Xunta destinará 40 millóns de euros para ampliación da Autovía do Salnés e tentar desconxestionar o tráfico entre Sanxenxo e o acceso ao Grove. O proxecto inclúe o desdobramento da actual vía rápida entre Sanxenxo e Noalla e a creación dun terceiro carril entre este punto e A Lanzada. Tamén a ampliación a catro carrís da PO-308 entre a vía rápida e a PO-550. A actuación, que comezará no 2027, inclúe tamén a creación dunha senda peonil e ciclista que percorra toda A Lanzada.
Sanxenxo merca por 300.000 euros un terreo en Portonovo para construír un aparcadoiro público
Sanxenxo amplía a súa bolsa de aparcadoiro no centro de Portonovo. O concello vén de adquirir unha parcela na que construirá un parking público de cara ao vindeiro ano. Mentres non arranquen as obras, o terreo poderá ser empregado polos residentes como aparcadoiro gratuíto, cunha capacidade para uns 20 vehículos. A parcela tivo un custo de 300.000 euros.
O Obradoiro de Hostalería do Salnés a AECC, unidos de novo polos bos hábitos...
O Obradoiro de Hostalería do Salnés e a Asociación Española contra o Cancro volven ir da man no fomento dos hábitos alimenticios saudables. Esta mañá, renovaron o seu convenio polo que o alumnado do obradoiro ofrecerá durante catro xornadas almorzos e aperitivos saudables. Unha iniciativa ademais solidaria, porque a recadación destinarase a proxectos de investigación contra o cancro. O ano pasado, logo de atender a máis de 500 comensais, conseguiron recadar uns 3.000 euros.
Sanxenxo xa presume das súas 17 bandeiras azuis
Esta mañá o presidente da Xunta e o alcalde de Sanxenxo encargáronse do izado da insignia da praia de Silgar. Unha escena que se repetiu de forma simultáneo nos outros 16 areais do municipio que tamén contan con este distintivo. Sanxenxo mantense como o municipio de España con máis bandeiras azuis nas súas praias. A elas hai que sumar bandeiras azuis en 3 portos deportivos, 1 centro azul e 8 sendeiros azuis, tamén o concello de España co maior número.
Sanxenxo abre unha céntrica nova rúa con 60 prazas de parking e a previsión...
Xa está aberta ao tráfico en Sanxenxo a nova vía que une as rúas Progreso e Sanxenxo. Trátase dunha rúa que aínda non ten nome, que suporá un alivio para o tráfico nos meses de verán. Conta con 60 prazas de estacionamento. A creación desta vía e das zonas verdes anexas forman parte do proxecto de desenvolvemento urbanístico desta zona, é dicir, foi executada polas construtoras que, no futuro, farán edificios nas parcelas desas rúas.
Sanxenxo, con oito distintivos, é o municipio de España con máis bandeiras de sendeiros...
Sanxenxo xa presume das súas oito bandeiras de sendeiros azuis. Esta mañá o alcalde e a conselleira de medio ambiente izaron unha desas insignias na Ruta dos Carballos de Aldariz. Telmo Martín e Ángeles Vázquez salientaron que Sanxenxo, ademais de ser o municipio de España con máis bandeiras azuis nas súas praias, é tamén o concello con máis sendeiros azuis. O alcalde comprometeuse a conseguir máis distintivos, implantando un novo sendeiro azul cada ano.
Sanxenxo reclama a Costas do Estado a substitución urxente da pasarela de madeira de...
O concello de Sanxenxo esixe a Costas do Estado a substitución urxente da pasarela de madeira de Baltar. Dende o goberno local denuncian o seu deterioro e recordan que se trata dunha estrutura de 31 anos. Lamentan que aínda que na delegación de Costas de Pontevedra se completaba esta actuación, finalmente non se levou adiante pola intervención, din, de Madrid.
Sebastián Yatra, Camilo ou Leiva revolucionan a terceira edición do Festival Costa Feira de...
Sebastián Yatra e Camilo, pratos fortes da terceira edición do Costa Feira de Sanxenxo. O festival arrancará o 29 de xullo, traendo ata o parque de Nantes multitude de artistas. Por alí pasarán tamén ao longo deste verán Leiva, Manuel Carrasco, Guitarricadelafuente ou Café Quijano. Máis alá da parte musical, os promotores do evento salientan o impacto económico que ten o festival na economía da zona.

















