Tatuaxes ‘made in Sanxenxo’ para que as mulleres que tiveron cancro de mama recuperen...
Un tatuador de Sanxenxo ofrece a mulleres que sufriron cancro de mama a reconstruír as aréolas ou a cubrir cicatrices con debuxos. Trátase dunha iniciativa totalmente de balde, coa que busca que as mulleres poidan recuperar a autoestima logo de pasar por esta doenza. Unha acción solidaria que sirve tamén de homenaxe á súa avoa, que faleceu de cancro de mama.
A Lanzada viaxa ao medievo para poñer en valor a tradición e a súa...
Sanxenxo organiza "A Lanzada na Historia", un novo evento cultural que busca poñer en valor a tradición e rememorar parte da historia deste enclave. A cita terá lugar os días 20, 21 e 22 de xuño na contorna da torre e na explanada onde se celebran as festas patronais. A proposta inclúe actividades de temática medieval, cun mercado, xogos populares e representacións históricas.
Deza e Tabeirós queren ‘copiar’ o modelo de éxito da Mancomunidade do Salnés
A Mancomunidade do Salnés, exemplo para os concellos das comarcas de Deza e Tabeirós. Esta mañá representantes do organismo comarcal recibiron a visita de alcaldes de varios municipios desas comarcas, interesándose polo modelo de xestión mancomunado que se presta no Salnés. Un encontro que parte da idea da actual Mancomunidade do Deza de incorporar novos municipios desa comarca e tamén da veciña de Tabeirós-Terra de Montes. O presidente dese organismo e alcalde de Lalín felicitou á Mancomunidade do Salnés polo seu traballo, asegurando que é a que mellor funciona de Galicia.
A campaña do 25N de Sanxenxo estará asinada por alumnas da Universidade de Vigo
As campañas de prevención contra a loita machista de cinco concellos da provincia de Pontevedra, entre eles Sanxenxo, levarán a firma do alumnado da Universidade de Vigo. Trátase dunha iniciativa pioneira que nace da colaboración entre a universidade e a Subdelegación do Goberno. No seu marco, o alumnado do máster de Publicidade foi o encargado de deseñar estas campañas, que se desenvolverán nos municipios seleccionados co gallo do 25 de novembro.
O BNG reclama unha segunda ambulancia medicalizada para O Salnés para atender a Sanxenxo...
Os nacionalistas denuncian a intención da Xunta de trasladar un ano máis a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés para Sanxenxo durante os meses de verán. Reclaman unha propia para ese municipio e O Grove para non deixar desatendida, din, o resto da comarca. Esta mañá iniciaron unha recollida de sinaturas en Vilagarcía.
Sirát ou Matria, entre os filmes programados na primeira mostra internacional ‘Sanxenxo de cine’
Sanxenxo impulsa a súa primeira mostra internacional de cinema. O concello pon en marcha 'Sanxenxo de cine', unha iniciativa que traerá á vila catro filmes de renome a finais de xuño. Entre eles, Sirát, a última película de Oliver Laxe, premiada esta pasada fin de semana no festival de Cannes. A mostra, explicaron esta mañá, ten vocación de continuidade.
Expertos e produtores de aceite de varios puntos de España danse cita nunhas catas...
O Obradoiro de Hostalería do Salnés acolleu hoxe cuarta edición dunhas catas que traen ata a localidade expertos e produtores de toda España. Nesta xornada catáronse cinco propostas, entre elas dúas galegas.
Melloras na capela da Lanzada ás portas do verán
Sanxenxo continúa poñendo a punto a contorna da Lanzada. O concello instalou na contorna da capela un novo valado. Un novo equipamento que busca preservar os espazos naturais da zona, que forman parte da Rede Natura 2000. Na actuación investíronse uns 30.000 euros.
Sanxenxo Degusta Tapas rolda o medio cento de propostas na súa edición máis ambiciosa
Este venres comeza en sanxenxo unha edición de récord do 'Sanxexo degusta tapas'. Este ano participan na iniciativa 28 establecementos con 44 tapas a escoller. A proposta repártese entre petiscos tradicionais e outros innovadores. Poderanse degustar ata o 1 de xuño a un prezo único de só 4 euros.
Garda Civil e Policía Local de Sanxenxo reforzarán a súa coordinación na campaña de...
Sanxenxo reforzará a súa seguridade para facerlle fronte á campaña de verán. Esta mañá o alcalde e o subdelegado do goberno en Pontevedra presidiron a Xunta Local de Seguridade. Avanzaron que a Garda Civil vai reforzar a súa presenza na vila nos meses estivais, ao tempo que reforzará a súa coordinación coa Policía Local. Un dispositivo habitual, indicaron esta mañá, para un dos principais destinos turísticos de Galicia.

















