O Salnés propón en fitur ‘outra forma de facer o camiño’

A Mancomunidade do Salnés amosou en Fitur outra forma de facer o camiño. O organismo comarcal quere adiantarse ás necesidades dos visitantes, buscando cativar aos peregrinos de alto poder adquisitivo que optan por paradores ou hoteis para descansar no canto de albergues. Un perfil de visitante que busca experiencias novas, vinculadas a un turismo de calidade.

O Salnés e o empresariado chinés en España seguen entreitando o seu vínculo

Aproveitando a celebración de Fitur, representantes da Mancomunidade e todos os alcaldes do xeodestino do Salnés asistiron a un encontro con empresariado da China en España. O organismo comarcal leva tempo traballando para fortalecer os lazos de cooperación coas principais organizacións empresariais do xigante asiático. En xogo, ademais de alianzas turísticas, novas relacións económicas en sectores comerciais estratéxicos, como o vitivinícola ou o da conserva.

Sanxenxo e O Grove, unidos pola media maratón Entre Rías

Os concellos de Sanxenxo e O Grove van da man na organización e promoción da segunda edición da Media Maratón Entre Rías. Esta tarde, os alcaldes dos dous municipios protagonizaron en Fitur a posta de longo desta proba, que se vai celebrar o 18 de maio polo borde litoral dos dous municipios. Telmo Martín e Jose Antonio Cacabelos reivindicaron a importancia do traballo conxunto entre concellos, con independencia da súa cor política.

A Mancomunidade lanza Salnés Slow Business para os que buscan combinar a vida persoal...

A Mancomunidade presenta en Madrid Salnés Slow Business. Trátase dunha nova proposta turística que ofrece a oportunidade de combinar traballo e lecer. Máis de 80 negocios e empresas forman parte xa desta iniciativa dirixida a empresarios, altos executivos ou nómadas dixitais que precisan un descanso pero non poden desatender as súas responsabilidades laborais.

Sanxenxo volve contar cun espazo propio no stand de Galicia en Fitur

Como xa é habitual, Sanxenxo conta cun espazo privilexiado dentro da Feira Internacional de Turismo. O municipio ten instalado un mostrador no corazón do stand de Galicia, por onde pasou hoxe o presidente da Xunta e outras autoridades. Nese espazo, o concello ofrece todo tipo de información para que o visitante poida gozar dunha experiencia completa os 365 días do ano.

Deputación e Concello de Sanxenxo destinarán 1,2 millóns de euros á estrada entre Noalla...

Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra asinan o convenio de colaboración para a mellora da seguridade viaria na estrada entre Noalla e Aios. O presidente do organismo provincial e o alcalde asinaron esta mañá ese documento no Pazo de Quintáns. O proxecto suporá un investimento total de 1,2 millóns de euros, dos que a Deputación achegará o 80%.

O Obradoiro de Hostalería do Salnés volve acender os seus fogóns

Bota a andar unha nova edición do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés. Vinte alumnos e alumnas formaranse durante os vindeiros nove meses nas súas instalacións de Sanxenxo. Trátase da décimo sexta edición dunha acción formativa cunha ampla saída laboral.

Sanxenxo prende mañá o Nadal e inicia unha intensa e ampla programación

Achégase o Nadal e os concellos van iluminándose pouco a pouco para recibir estas festas. Mañá será a quenda de Sanxenxo. O prendido oficial do alumeado celebrarase mañá pola tarde na Praza Pascual Veiga. Un acto que marca tamén o arranque dun ambicioso programa que este ano incorpora novidades, como un mercado do Nadal.

Sanxenxo abre ao tráfico rodado o paso inferior da rúa Madrid

Deste xeito conclúe a primeira fase do prexecto do mercado. Ademais, habilitouse tamén para os peóns unha gran praza mentres non se execute o edificio. O paso inferior ten 70 metros de longo. Poderse acceder a el dende a rúa Progreso pola Rúa Constitución, agás os vehículos cunha altura superior aos 3,3 metros.

Expectación en Sanxenxo pola apertura dun Gadis de 2.000 metros cadrados

O centro inaugurouse esta mañá cun ir e vir de curiosos e clientes, desexosos por coñecer estas novas instalacións. Están situadas no Vinquiño. Trátase dun espazo de case 2.000 metros cadrados. Ademais, dispón dun aparcardoiro de máis de 160 prazas, de balde para a clientela.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete