As limpadoras dos hospitais do Salnés e O Barbanza reclaman a equiparación laboral e...

Xornada de folga das traballadoras da limpeza do Hospital do Salnés. Xunto coas compañeiras dos complexos hospitalarios do Barbanza e Cee reclaman equiparación de salarios e condicións ao resto de hospitais do SERGAS. Dende esta semana, convocan os martes e mércores paros de dúas horas por cada quenda.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico pide cambios lexislativos ante un escenario ‘altamente preocupante’

Trinta anos despois da primeira experiencia, a Fundación Galega contra o Narcotráfico impulsa a segunda edición do Congreso de Lexislación Antinarcotráfico. Trátase dun foro que busca poñer sobre a mesa solucións a través de conferencias e mesas de traballo nas que van participar membros das forzas e corpos de seguridade do estado, profesionais da adminitración de xustiza, representantes políticos e a sociedade civil.

A CIG ameaza con mobilizacións se non hai avances na negociación do convenio da...

A patronal acaba de presentar a súa proposta para o convenio da conserva. Hoxe a CIG analizouna nunha asemblea en Vilagarcía. Na central nacionalista critican as subas salariais que se poñen enriba da mesa, practicamente nulas nas categorías máis baixas, así como o sistema de clasificación de persoal. A vindeira xuntanza vai ter lugar o día 13 en Madrid. Agardan que logo dun ano de inmobilismo, comece a haber avances. Do conctrario, advirten, chamarán á mobilización do sector.

As familias do CEIP A Lomba amósanse ‘moi preocupadas’ pola caída de cascallos da...

Preocupación na comunidade educativa do CEIP A Lomba, en Vilagarcía, pola caída de cascallos da fachada deste centro. Técnicos municipais inspeccionaron hoxe o exterior do edificio logo dos desprendementos desta fin de semana. Segundo o seu informe, o centro presenta un problema estrutural, con diversas patoloxías. A ANPA reclama un arranxo urxente para garantir a seguridade da rapazada.

Vilagarcía creará un novo acceso á Vía Verde do Salnés

O concello de Vilagarcía creará un novo acceso á Vía Verde do Salnés. Trátase dunha actuación no inicio da senda que busca reducir as pendentes nesa zona para favorecer o acceso de todo tipo de públicos. O proxecto conta cun orzamento de 230.000 euros, financido con fondos europeos.

Abre o Mercado das Flores de Vilagarcía con prezos que van dos dous aos...

Hoxe abriu as súas portas en Vilagarcía o Mercado das Flores. Ata o vindeiro sábado, seis postos ofrecen ramos, flores soltas e centros para lembrar aos que xa non están. Os prezos polo que vimos hoxe mantéñense máis ou menos como o ano pasado. Para que se fagan unha idea, podemos mercar dende rosas ou pompóns a dous euros a unidade ata un completo centro que rolda os 80.

A solución ao problema do transporte no colexio de Rubiáns podería chegar coas novas...

Optimistas pero sen baixar a garda. Así saíron as representantes da ANPA do colexio de Rubiáns, en Vilagarcía, da reunión que esta mañá mantiveron en Pontevedra. Foron convocadas a un encontro coa xefa territorial de mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte para tratar a súa demanda: un cambio no transporte escolar que permita mudar os horarios do centro. Segundo lles trasladaron, hai aberto un proceso para incorporar tres novos autobuses á área de Vilagarcía. Pero non lles concretaron se se empregarán para solucionar a problemática do colexio de Rubiáns.

Vilagarcía gravará as vivendas de uso turístico a través da ordenanza do lixo

Ata o momento este tipo de aloxamentos pagaban unha cantidade ao ano en función do número de habitacións, 27,72 € por cada unha. Agora cada VUT pasará a ter un fixo de 129,56 euros, como a vivenda habitual de calquera familia, máis un variable de 6,50 por cada unha das prazas rexistradas. A medida conta co apoio do BNG, xa que forma parte do acordo entre socialistas e nacionalistas para a aprobación do presuposto.

Vilagarcía concentra os actos de apoio ao pobo palestino no Salnés nesta xornada de...

Aínda que marcharon por separado CIG e CCOO e UTX coinciden no fondo do programa: que malia o acordo de paz entre Israel e Hamás os crimes contra o pobo palestino persisten. No Salnés, as tres forzas sindicais saíron á rúa nesta xornada de folga e paros laborais. En Vilagarcía, o principal acto foi o da CIG, diante da casa do concello.

Os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas achegaranse á edición máis internacional do...

A edición máis internacional do Curtas está a piques de comezar en Vilagarcía. O festival audiovisual comezará o próximo día 24 con máis dun cento de estreas, preto dunha vintena mundiais. Ademais das exposicións, que xa se poden visitar, o Curtas traerá á cidade este ano os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete