As mariscadoras do Grove volven mobilizarse para o seu dereito ao paro remunerado

Nova protesta das mariscadoras a pé do Grove. Desta volta, na Xefatura Comarcal da Consellería do Mar en Carril. Esta mañá insistiron na súa reclamación: o seu dereito laboral de realizar un parón remunerado durante o verán por mor da baixa produtividade do marisco nesta época. Afirman que están nunha situación límite, con salarios que non superan os 500 euros.

O falecemento dun vilagarcián de 49 anos intensifica a reclamación do BNG dunha medicalizada...

Un falecemento rexistrado esta fin de semana en Vilagarcía intensifica as reclamacións do BNG para que a ambulancia medicalizada volva ao Hospital do Salnés. A formación denuncia que a atención sanitaria tardou media hora en chegar a este veciño vilagarcián de 49 anos que acababa de sufrir un infarto. Un tempo que, consideran os nacionalistas, reduce significativamente as posibilidades de sobrevivir nos casos de emerxencias máis graves. Por iso volven reclamar ao PP que rectifique a súa decisión de trasladar a medicalizada a Sanxenxo durante o verán.

Vilagarcía contará por primeira vez cunha unidade móbil con dez cámaras para a Festa...

Vilagarcía deseña o dispositivo de seguridade para a Festa da Auga, a cita máis multitudinaria do concello. Por primeira vez, porase en marcha unha unidade móbil de vixilancia dotada con dez cámaras que axudarán a manter controlado o centro da vila. Este ano agárdase que a festa sexa multitudinaria, superando as 30.000 persoas que se contabilizaron o ano pasado. Ao redor de 30.000 persoas contabilizáronse o ano pasado na Festa da Auga de Vilagarcía. Este 2025 a cita cae en sábado e agárdase que a afluencia sexa aínda maior. Por iso, o deseño do dispositivo de seguridade centrou a reunión que hoxe celebrou a xunta local de seguridade.

Reclaman que o Plan Hidrolóxico contemple as actividades produtivas das rías e o impacto...

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Plademar Muros-Noia presentan as súas alegacións ao Plan Hidrolóxico de Galicia Costa 2028-2033. Trátase do documento chamado a fixar a folla de ruta para a xestión sustentable da auga, equilibrando as necesidades humanas coa protección do medio ambiente. O colectivos basean as súas alegacións en tres piares: non se considera a conservación dos recursos dos que dependen as actividades produtivas das rías, non se contempla a presión que van exercer proxectos industriais como Altri ou as minas de Touro e San Finx e a falta de transparencia por parte de Augas de Galicia á hora de achegar información sobre o estado dos ríos e rías.

A Xunta construirá dez vivendas públicas en Vilagarcía

A Xunta e o concello de Vilagarcía asinaron hoxe o convenio para a cesión dunha parcela municipal para ese inmoble en Marxión. Estímase que o investimento total neste proxecto roldará os 1,9 millóns de euros. Hoxe mesmo publicouse a licitación para a redacción do proxecto deste edificio.

O BNG responsabiliza ao PP de calquera neglixencia por trasladar a ambulancia medicalizada a...

VILAGARCÍA> O BNG levará iniciativas ao Parlamento de Galicia contra a decisión da Xunta de trasladar a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés a...

Máis dun centenar de peregrinos náuticos chegan a Vilagarcía facendo o Camiño de Santiago...

> Hoxe O Salnés recibiu a visita dos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago a Vela. Os 120 participantes nesta ruta náutica fixeron parada en Vilagarcía, despois de realizar a última etapa por mar deste ‘Navega o Camiño’. Está previsto que mañá rematen a súa peregrinaxe en Santiago de Compostela, finalizando asía unha viaxe que comezaron a principios de mes na Rochelle.

Abre o albergue de Carril, o primeiro da ruta do mar de Arousa e...

Comeza a funcionar o albergue de peregrinos de Carril. Trátase do primeiro que se pon en servizo na ruta do mar de Arousa e o río Ulla. Coincidindo coa súa apertura, visitaron as instalacións o director de Turismo de Galicia e o alcalde de Vilagarcía. Xosé Merelles e Alberto Varela salientaron que neste proxecto a cooperación entre administracións foi fundamental.

A PDRA rexeita que os lodos da dragaxe do Lérez acaben en Sálvora

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa carga contra a posibilidade de que os fangos da dragaxe do Lérez rematen a escasas millas de Sálvora. O colectivo di que as localizacións que se están a estudar para esas verteduras son letais, porque as correntes arrastran os sedimentos de menor tamaño e máis contaminados cara o interior da ría. Como alternativa, dende a PDRA propoñen outra zona cunha profundidade de 150 metros para depositar residuos. Iso si, só os que proveñan da ría de Arousa e sempre e cando non sexan contaminantes.

O PP de Vilagarcía acusa ao goberno local de mentir de forma sistemática e...

O PP de Vilagarcía denuncia o que consideran continuas mentiras do goberno local. Os populares aseguran que o executivo de Alberto Varela faltou á verdade en asuntos como o asfaltado da rotonda do Cavadelo ou na perda de subvencións. Pídenlle aos socialistas que asuman as súas responsabilidades, que rectifiquen ou que dimitan.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete