Atascos e tráfico denso en Vilagarcía polo reasfaltado da céntrica avenida de Xoán Carlos...
Xornada de circulación intensa no centro de Vilagarcía polo reasfaltado na avenida de Xoan Carlos I, a que pasa por diante do Concello. Trátase dunha actuación moi necesaria, polo mal estado que presentaba o pavimento nesa zona. O treito forma parte da N-640A, unha estrada que presenta deficiencias tamén noutros puntos. O alcalde recoñece incomodidades no tráfico, pero salienta que os traballos se executaron en apenas dous días.
O BNG reclama unha segunda ambulancia medicalizada para O Salnés para atender a Sanxenxo...
Os nacionalistas denuncian a intención da Xunta de trasladar un ano máis a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés para Sanxenxo durante os meses de verán. Reclaman unha propia para ese municipio e O Grove para non deixar desatendida, din, o resto da comarca. Esta mañá iniciaron unha recollida de sinaturas en Vilagarcía.
Desaparece a cruz do miradoiro do Monte Xiabre
A cruz foi roubada nunha xornada indeterminada da semana pasada. Persoas que adoitan camiñar pola zona dirixíronse ao concello de Vilagarcía para denunciar os feitos. O goberno local lamenta o sucedido e considera a súa desaparición como un acto vandálico. A cruz é un dos grandes símbolos de Vilagarcía, situada nun dos principais recursos turísticos do municipio.
Canastras contra os estigmas no centro de Vilagarcía da man de LAR Pro Saúde...
Os usuarios da Asociación LAR Pro Saúde Mental bótanse á rúa para loitar contra os estigmas e os prexuízos. Organizaron en Vilagarcía unha actividade deportiva en plena praza de Galicia. A través do baloncesto, os membros desta entidade tiveron ocasión de achegarse á xente da rúa e rachar mitos ou prexuízos.
Vilagarcía despide por todo o alto a primeira edición do concurso de tapas e...
En Vilagarcía rematou a primeira edición do concurso de tapas e compras que impulsou Zona Aberta. O colectivo de comerciantes dise máis que satisfeito coa excepcional acollida que tivo esta proposta, con practicamente os 2.500 pasaportes para votar pola mellores tapas repartidos entre a clientela. O petisco de Pepé Quilé acabou resultando gañador do primeiro premio, dun certame que de seguro ha ter continuidade o ano que vén.
Prisión para un dos tres detidos no marco da Operación Patrón contra o tráfico...
Prisión provisional, comunicada e sen fianza para un dos detidos no marco da Operación Patrón contra o tráfico de drogas. Así o decretou a xuíza do xulgado de instrución número 2 de Pontevedra despois de que os tres detidos pasaran hoxe a disposición xudicial. As outras dúas persoas, un home e unha muller, foron postos en liberdade con medidas cautelares. Todos están a ser investigados por un delito de tráfico de drogas e branqueo de capitais.
A PDRA e ADEGA inician a batalla legal contra Altri: ‘Imos pararvos o chiringuito’
Fronte común da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e ADEGA contra Altri. Os dous colectivos anunciaron hoxe o inicio de accións legais conxuntas para evitar a construción do proxecto da macrocelulosa en Palas. Explican que as irregularidades na tramitación do proxecto dálles pé xa a acudir á vía xudicial. Van comezar pola presentación dun recurso de alzada. Unha acción que é posible grazas a unha campaña de recadación de fondos que en apenas 20 días permitiulles xuntar case 40.000 euros.
Ravella aporta 60.000 euros para a ampliación do cemiterio parroquial de Rubiáns
Hai avances no proxecto de ampliación do cemiterio parroquial de Rubiáns, en Vilagarcía. Esta mañá o alcalde e o presidente da comunidade de montes desta parroquia asinaban un convenio de colaboración para o impulso do proxecto. O concello vai aportar 60.000 euros. A intención é iniciar os traballos canto antes pola altísima demanda de nichos. A previsión é construír uns 120 panteóns nun terreo anexo ao actual camposanto.
A Panorama estreará nas festas de Santa Rita de Vilagarcía o seu novo espectáculo
Vilagarcía desvelou hoxe a programación de Santa Rita 2025. As festas prolongaranse do 21 ao 25 de maio convertendo a cidade nun gran escenario do que hoxe denominaron como unha gran romaría popular urbana. A orquestra Panorama estreará no marco destas festas o seu novo espectáculo. Tamén actuarán Os Satélites e Marbella e a banda The Rapants. A isto hai que sumar a Feira Celta, propostas infantís e tamén distintas citas deportivas.
Roupa, libros, decoración e moito máis no primeiro mercado de segunda man de Vilagarcía
O Día das Letras Galegas Vilagarcía acollerá un gran mercado de segunda man. Chámase 'Vilabela' en el poderemos atopar produtos de todo tipo, dende roupa a vaixelas, pasando por bicicletas ou libros, sumando 85 postos. A proposta nace dun grupo de particulares, co apoio do concello. Vai estar instalado ao longo de toda a xornada na praza da verdura.

















