Xornada de protestas nas residencias do Salnés polas súas condicións precarias
Nova xornada de folga en toda Galicia das traballadoras das residencias. No Salnés, convocadas pola CIG, organizaron concentracións diante das resistencias ServiSenior e Divina Pastora, en Vilagarcía. Despois levaron as súas reivindicacións ao centro de DomusVi en Ribadumia. Reclaman un novo convenio, con melloras nas súas condicións e un incremento salarial. Esta é a terceira das catro xornadas de folga que teñen convocadas.
Ruta de tapas e compras por Vilagarcía con 500 euros en premios
Vilagarcía proponnos gozar dunha ruta de tapas e compras. Zona Aberta impulsa esta iniciativa, na que a hostalería e o comercio van da man. Nesta ruta participan 11 locais. Como é habitual neste tipo de rutas, a clientela poderá ir facendo un percorrido por eles para optar a premios. A singularidade é que para iso terán que pasar tamén por outros dous establecementos comerciais adheridos ao colectivo. A ruta bota a andar este venres.
Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.
Cantos da Terra amenizará a gala anual da Fundación Galega contra o Narcortráfico
A Fundación Galega contra o Narcortráfico organiza a semana que vén a súa gala anual. Será o mércores 30 no auditorio de Vilagarcía. O acto inclúe a entrega dos Premios Nécora de Ouro a persoas e entidades que loitan contra as drogas e a actuación do grupo tradicional Cantos da Terra. A entrada é libre e de balde.
Fronte común contra Altri dos alcaldes e voceiros socialistas das comarcas do Salnés e...
Fronte a Illa de Cortegada, no fondo da ría de Arousa, os alcaldes e voceiros do PSOE das comarcas do Salnés e Caldas dixeron 'non a Altri'. Todos eles asinaron hoxe un manifesto en contra da instalación da celulosa en Palas.
Zona Aberta sortea unha fin de semana para dúas persoas polo Día da Nai
Xa está en marcha a campaña do Día da Nai en Zona Aberta de Vilagarcía. Os comerciantes e hostaleiros da cidade sortean unha fin de semana para dúas persoas entre a súa clientela.
O Clasclás despedirase este ano cunha gran gala lírica
A música clásica volverá ser a protagonista en Vilagarcía. Do 21 ao 28 de xuño a vila acolle unha nova edición do Festival Internacional de Música Clásica, o coñecido como ClasClás. Este ano como novidade a cita inclúe un programa con formacións sinfónicas. Ademais, a cita española terá un especial protagonismo nas propostas deste ano.
A Iniciativa Cidadá pola Memoria Democrática reclama unha rúa máis céntrica para o xuíz...
O colectivo a prol da memoria histórica de Vilagarcía, O Faiado da Memoria, reclama ao concello que rectifique dous puntos da súa proposta para mudar o rueiro da vila. En concreto, demandan para o xuíz Luis Pando unha rúa ou equipamento de maior entidade que a que se plantexa actualmente, a rúa de Carril que leva o nome do Xeneral Yagüe. Tampouco convence a decisión de bautizar co nome de Carmen Meaños, filla dun asasinado durante o golpe do 36, o traxecto entre Cervantes e o cemiterio de Carril. Máis aló dos cambios no rureiro esixen ao goberno local que repase o arquivo do concello para eliminar calquera honra concedida a cargos do Franquismo.
Colectivos carrilexos din estar indignados pola visita dos conselleiros a Cortegada sen veciñanza
A veciñanza de Carril está moi indignada porque na inauguración da capela de Cortegada non se contou con eles. Os colectivos da zona amosan o seu malestar coa Xunta por non telos convidados a un acto ao que asistiron os conselleiros de Cultura e Medio Ambiente. Na asociación veciñal falan dunha 'falta de respecto a Carril', máis aínda tendo en conta a histórica loita social para recuperar a illa para o pobo.
O Piñeiriño, o barrio máis compostador de Vilagarcía
O concello de Vilagarcía acaba de ampliar unha das dúas illas de compostaxe no barrio do Piñeiriño ante a alta implicación da veciñanza. Ademais, esta fin de semana, coincidindo co Solifest, a Asociación Breogán promoverá entre o público que depositen os refugallos orgánicos que se xeren no festival nestes colectores.


















