O mellor do fotoxornalismo galego, en Vilagarcía ata o 25 de maio
Xa se pode visitar na Sala Rivas Briones de Vilagarcía 'A Galicia inédita'. A mostra, impulsada pola Asociación de Xornalistas de Galicia, foi inaugurada este mediodía. A exposición recolle unha escolma de máis de 70 imaxes captadas por fotoxornalistas da prensa galega, entre eles, varios da zona de Arousa e Pontevedra.
Cita solidaria este domingo coa segunda edición do Solifest no barrio vilagarcián do Piñeiriño
O barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía, pon en marcha a segunda edición do Solifest. Trátase dunha iniciativa impulsada pola asociación de veciños a favor da Amencer-Aspace, que ten a sede neste barrio. A cita vai ser este domingo, cun completísimo cartel que animará a rúa Camilo José Cela dende o mediodía. Na organización agardan superar o éxito do ano pasado, tanto de público como de recadación solidaria.
As obras do novo centro de saúde de Vilagarcía estarán rematadas en 24 meses...
Comezan as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía. O ambulatorio contará con dous andares e máis de 50 consultas. Cun investimento de máis de 19 millóns de euros, a previsión é que estea rematado dentro de dous anos ou incluso antes. Esta mañá, coincidindo co arranque dos traballos, visitou a parcela da antiga Comandancia o presidente da Xunta, canda os conselleiros de Sanidade e Infraestruturas e o alcalde de Vilagarcía.
Clientes despistados e vendedores descontentos: os ambulantes volven á praza do Castro de Vilagarcía
Primeira xornada cos postos do mercado ambulante de Vilagarcía na praza do Castro. Os vendedores volveron a esta antiga localización tras a súa retirada da rúa Arcebispo Lago. Hoxe, moitos ambulantes lamentaban ter que deixar esa rúa peonil e volver ao Castro. Aseguran sentirse illados do resto do mercado. Quéixanse tamén de que este cambio de zona pillou a moitos clientes por sorpresa, polo que critican ao goberno local por non terlle dado máis publicidade.
O Centro Comercial Arousa volve apostar pola cultura coa primeira mostra en Galicia do...
Coñecemos o proxecto artístico de Baldot, un exboxeador colombiano que hai tempo decidiu cambiar as súas luvas para pelexar por pinceis. O artista ten exposto xa en medio mundo e, por primeira vez, visita Galicia cunha exposición que se pode visitar no espazo cultural do Centro Comercial Arousa. A mostra está protagonizada por ducias de polos de cores vivas e trazos rápidos. Vaise inaugurar este mércores.
Éxito de público e vendas no ‘Mercar na rúa’ de Zona Aberta de Vilagarcía
O comercio vilagarcián botouse á rúa esta fin de semana. Máis dunha trintena de establecementos de Zona Aberto levaron os seus mellores produtos á praza de Galicia grazas á iniciativa 'Mercar na rúa'. Aproveitando o bo tempo, centos de persoas achegáronse por alí, nunha proposta que permite a todo tipo de establecementos achegarse un pouco máis á súa clientela e darse a coñecer.
O Circo de Pinocho, o primeiro da historia en galego, visitará Vilagarcía en abril
Pinocho visita Vilagarcía. O boneco de madeira máis famoso do mundo achegarse á cidade co seu circo. Trátase do primeiro circo galego íntegramente na nosa língua. O espectáculo instalarase no peirao do Ramal do 4 ao 13 de abril, con varias funcións ao día e prezos de 10 a 20 euros. Esta mañá Pinocho e Pepiño Grilo xa estiveron por Vilagarcía. Prométennos moita diversión para todos os públicos, cunha boa dose das tradicionais acrobacias do circo de toda a vida.
Trinta establecementos bótanse á rúa este sábado en Vilagarcía para presumir de comercio local
O comercio de Vilagarcía bótase á rúa. Esta sábado Zona Aberta vai reunir durante todo o día na praza de Galicia os mellores produtos dunha trintena de establecementos do máis variado. Este ano inclúese por primeira vez oferta do sector da alimentación. Dende o colectivo de comerciantes e hostaleiros explican que esta iniciativa sirve para darlle visibilidade a todos os negocios, en especial a aqueles que están algo algo máis afastados do centro ou en rúas que non son peonís e polas que transcorre menos xente.
O Salnés sairá á rúa este xoves para denunciar o ‘desmantelamento’ da atención primaria
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Salnés convoca para este xoves ás 20:00 horas unha concentración na praza de Galicia de Vilagarcía para denunciar o que consideran o desmantelamento da atención primaria. Denuncian que no centro de saúde de San Roque faltan tres médicos e que o Sergas non ten en previsión cubrir esas vacantes. Queren que a protesta deste xoves sirva tamén de antesala da gran mobilización en defensa da sanidade que se vai celebrar o 6 de abril en Santiago.
500 deportistas danse cita este sábado en Vilaxoán na XVII Bandeira de Bateis ‘Porto...
Vilaxoán acolle este sábado a XVII edición da bandeira de bateis 'Porto de Vilagarcía'. Un cento de embarcacións e máis de 500 deportistas daranse cita este ano na proba, presentada esta mañá na Autoridade Portuaria vilagarciá. A competición vaise dividir en 12 categorías, dende alevín ata absoluto feminino e masculino.

















