Galaxia conmemora o seu 75 aniversario co libro ‘As poetas da colección Salnés’

Cinco autoras danse cita no libro 'As poetas da colección Salnés'. Trátase dunha publicación impulsada por Galaxia, coa que se conmemora o 75 anivesario da editorial. Un poemario que serve tamén de homenaxe á célebre Colección Salnés creada en 1961 de poesía en lingua galega. Neste novo libro, presentado esta mañá en Carril, inclúense textos de autoras como Xohana Torres, María do Carme Kruckenberg ou Pura Vázquez.

Vilagarcía propón mover os postos do mercado ambulante de Arcebispo Lago ao Castro e...

Vilagarcía estuda un traslado temporal dos postos do mercado ambulante de Arcebispo Lago á zona da praza do Castro e ao interior da Peixería. Trataríase dunha reestruturación que viría motivada pola reforma de Conde Vallellano e polas obras do tanque de tormentas detrás da Praza de Abastos. A idea do goberno local é, unha vez rematados estes traballos, recolocar os postos arredor do Mercado. O asunto tratouse na Mesa Local do Comercio, que volverá reunirse dentro de dúas semanas.

O albergue de Carril recibirá peregrinos a partir deste verán

A Xunta e o Concello de Vilagarcía asinan o convenio que desbloquea o albergue de peregrinos de Carril. O acordo tradúcese na cesión do uso do edificio por 30 anos ao goberno galego, que se vai encargar de xestionalo. O inmoble pasa a formar parte da Rede de Albergues do Camiño de Santiago. A intención é que o recinto comece a recibir peregrinos este verán.

Vilagarcía terá que aportar seis millóns de euros para a ampliación da depuradora

O concello de Vilagarcía terá que aportar seis millóns de euros para a ampliación da súa depuradora, orzamentada xa en 31 millóns. A Xunta di agora que esta actuación terá que ser cofinanciada por parte das dúas administracións. O alcalde da cidade asegura que non se vai perder a oportunidade de levar a cabo esa ampliación e que buscarán as vías para conseguir eses cartos.

O Hospital do Salnés reacredítase como referete na humanización da atención ao nacemento e...

O Hospital do Salnés reacredítase como centro sanitario de referencia na humanización da atención ao nacemento.Trátase dun distintivo que outorga a OMS e Unicef a aqueles centros que apostan polos partos naturais e respectuosos. O Hospital do Salnés conta con este distintivo desde o ano 2005.

Rueda anuncia en Vilagarcía que a Xunta triplicará os fondos para a adopción de...

A Xunta triplicará este ano os fondos para para o coidado e adopción de animais abandonados. Nunha visita á protectora de animais de Vilagarcía o presidente galego apuntou que as axudas a concellos, protectoras e particulares acadará este ano os 1,4 millóns de euros. Alfonso Rueda salientou, ademais, que por segundo ano consecutivo o executivo galego ofrece achegas de ata 150 euros a aqueles particulares que decidan adoptar un animal abandonado.

A escola infantil de Vilagarcía convértese nun museo polo entroido

Entroido na Escola Infantil de Vilagarcía. A rapazada do centro viviu hoxe a xornada principal do seu entroido. Todos os nenos e nenas foron disfrazados de cadros, co obxectivo de que vaian entrando en contacto coa arte dende ben pequenos. Ademais do baile, organizaron un desfile polo exterior do recinto ante familiares que se achegaron.

A rapazada do IES Castro Alobre implícase na dinamización do galego aproveitando o Día...

No Instituto Castro Alobre de Vilagarcía conmemoraron hoxe o Día de Rosalía. A rapazada do centro participou nun concurso de deseño de colgadores para móbiles inspirados na poetisa. As mellores propostas incorporáronse a unha creación conxunta coa que aproveitan para recadar fondos para as actividades de dinamización lingüística do instituto.

Os parquistas de Carril defenden o seu proxecto para a nave do Ramal

Os parquistas de Carril negan que nesas instalacións se vaia vender marisco, tal como denuncia a Confraría carrilexa. Aseguran os parquistas que a nave non vai ser unha lonxa encuberta, senón que coa ampliación de usos o que se busca é potenciar o sector e promocionar a ameixa de Carril, tendo en conta que a lonxa estaba a quedar pequena para o volume de produción. Din que a previsión é abrir a nave antes do verán.

Vilagarcía opta a facerse con máis de 6,4 millóns de euros de fondos europeos

O concello de Vilagarcía vai presentar un conxunto de cinco proxectos ao Plan de Acción Integrado da Unión Europea. Entre eles, salienta a reforma do baixo dos Duráns para traslarar alí os servizos sociais, a ampliación da piscina e a remodelación das rúas Veiga do Mar e Aduana. Tamén inclúe outro plan para a electrificación e expansión por todo o rural do municipio do serivizo VaiBike.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete