Pacto en Vilagarcía entre PSOE e BNG para aprobar os orzamentos de 2024
Fumata branca en Vilagarcía de Arousa. Despois do achegamento de posturas do pasado venres, PSOE e BNG asinaron hoxe o acordo que permitirá dar luz verde aos orzamentos municipais para este 2024. As contas ascenderán finalmente a 39 millóns de euros, contando cun préstamo que van pedir de ao redor de 4 millóns. Ademais, o PSOE cederá ao BNG o seu posto no Consello de Administración da Autoridade Portuaria. O orzamento irá a pleno o vindeiro mércores 24 de xullo.
O BNG esixe a retirada dos proxectos de Altri e da Mina de Touro...
O BNG reuniu hoxe en Vilagarcía aos seus alcaldes e cargos municipais nos concellos da ría de Arousa e do Baixo Ulla afectados pola mina de Touro e a celulosa de ALTRI. No acto, a voceira nacional da formación acusou ao presidente da Xunta de Galicia de poñer en risco a actividade na ría apoiando estes dous proxectos, que cualificou de bombas ambientais. Ana Pontón criticou que se poñan os intereses de dous multinacionais por enriba, dixo, da xente do mar e do marisqueo.
As traballadoras do SAF de Vilagarcía reclaman un plus polo uso dos seus coches...
As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Vilagarcía reclaman melloras na súa situación laboral. En concreto, denuncian que teñen que utilizar os seus vehículos persoais para desprazarse entre as vivendas dos usuarios que atenden. Algo que, aseguran, lles está a xerar un importante prexuízo económico xa que a contía coa que as compensa a concesionaria non é suficiente para cubrir o mantemento dos coches. Por iso reclaman ao concello que teña en conta esta demanda nos pregos do novo concurso.
O PP reclama a Ravella uns orzamentos ‘realistas’ e presenta 80 propostas
O Partido Popular de Vilagarcía presenta 80 propostas para que se inclúan nos orzamentos do concello para este ano. A formación recupera moitas das ideas que levaba en campaña, coas parroquias, o emprego, o deporte e o turismo como eixos. Critican ademais que no mes de xullo o goberno local aínda non fora quen de elaborar as contas para este 2024 e reclaman que sexan uns orzamentos realistas.
Nacen os Xoves Abertos, os concertos de Zona Aberta deste verán en Vilagarcía
Zona Aberta de Vilagarcía lanza os Xoves Abertos. Trátase da primeira iniciativa impulsada polo colectivo deseñesada específicamente para o sector hostaleiro, logo da súa integración na asociación hai uns meses. A proposta inclúe cinco actuacións musicais dende o xoves 27 de xuño ata o xoves 25 de xullo.
Pablo Barreiro e Javier Torcida, competirán no cto. europeo da clase 420, en categoría...
O regatista Pablo Barreiro, actual campión de España da clase 420 en categoría mixta, atópase preparando o vindeiro campionato de Europa da clase 420 co seu novo compañeiro, o santanderino Javier Torcida.
Traíñas ‘de primeiro nivel’ danse cita en Vilaxoán na Bandeira Concello de Vilagarcía
As augas de Vilaxoán acollerán o sábado a 29ª edición masculina e 4ª feminina da Bandeira de Traíñas Concello de Vilagarcía. Na competición feminina van participar catro clubes, dous deles representantes galegos na ACT. Na masculina participarán 8 equipos. Entre eles tamén estarán presentes os dous club galegos na ACT.
Centos de barcos da ría de Arousa únense ao Artic Sunrise na súa loita...
VILAGARCÍA> Centos de embarcacións arroupan ao Artic Sunrise de Greenpeace na súa chegada á ría de Arousa. Trátase dunha mobilización histórica coa que ecoloxistas...
A reforma do pavillón de Fontecarmoa rematará en xullo
A reforma do pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía, encaran a súa recta final. As obras superaron xa a súa fase máis complexa, co cambio de cuberta e a reparación da estrutura. Nestes momentos 30 operarios traballan no acondicionamento do interior, que inclúe tamén a reforma dos vestiarios e o ximnasio. Malia os contratempos e os retrasos acumulados, calculan que os traballos estarán rematados no vindeiro mes de xullo.
Convocan o pleno ordinario da Mancomunidade o mesmo día no que o PSOE ía...
O novo presidente da Mancomunidade do Salnés convoca o seu primeiro pleno ordinario para o venres da semana que vén. Malia ter tomado posesión no mes de xaneiro, e as sesións ordinarias ter que celebrarse cada dous meses, ata o de agora aínda non se fixera ningunha. O anuncio desta convocatoria produciuse esta mañá, apenas unha hora despois de que o PSOE anunciase que ían presentar por rexistro unha solicitude de convocatoria. Os socialistas denuncian que o PP ten 'secuestrado' o organismo comarcal. Advirten, ademais, de que está ao borde da fractura.

















