Ofensiva institucional do BNG para que Sanxenxo e O Grove conten cunha ambulancia medicalizada...
Un verán máis a ambulancia medicalizada con base no hospital do Salnés trasladarase a Sanxenxo. O BNG volve cargar contra esta medida que, consideran, pon en risco a saúde da veciñanza de boa parte da comarca. Advirten que con este cambio de localización, os tempos de resposta multiplícanse, afectando en especial a municipios como Vilagarcía, Catoira, Cambados ou A Illa. Piden que o hospital manteña a ambulancia e que se dote a Sanxenxo e O Grove dunha segunda unidade medicalizada.
Morre un home en Cambados tras ser ferido de bala por un policía nun...
Ocorreu nunha vivenda de Corbillón contra as 6 e media da mañá deste martes. Sucedeu no marco dun operativo antidroga levado a cabo dende primeira hora en varios puntos do Salnés. Leváronse a cabo unha vintena de rexistros en Vilanova, Cambados, Ribadumia e Vilagarcía, que deixarían unha ducia de detidos. Esta operación continúa en marcha ao tempo que se abriu unha investigación para aclarar as causas do tiroteo mortal de Cambados. A familia nega que o varón tiverse relación co narcotráfico e asegura que estaba desarmado.
9.453 sinaturas reclamando un centro de día e residencia para o alumnado do CEE...
A ANPA do Centro de Educación Especial de Vilagarcía entrega máis de 9.000 sinaturas reclamando un centro de día e unha residencia. Inician deste xeito o camiño para chegar ata a Consellería de Política Social para lograr ese obxectivo. As familias explican que O Salnés necesita estes servizos, pensando nos agora nenos que no futuro serán adultos. Explican que precisan dun lugar onde poder seguir desenvolvendo a súa vida.
Concentracións en Pontevedra e O Salnés alertando do aumento das listas de agarda
Xornada de mobilizacións en defensa da sanidade, alertando do incremento das listas de agarda. Na nosa contorna houbo protestas ás portas do Hospital Provincial, en Pontevedra, e no Hospital do Salnés. Advirten das demoras na atención primara e nas consultas especializadas e as consecuencias que isto está a ter no servizos de urxencias. Reclámanlle á Xunta un incremento do investimento na atención primaria ata acadar o 25% do orzamento do Sergas.
Zona Aberta volve converter Vilagarcía en punto de encontro para amantes das tapas
Zona Aberta de Vilagarcía lanza a segunda edición da súa ruta de tapas e compras. A iniciativa, que busca promocionar a hostalería e comercio local, arranca este xoves. Na cita participan de novo 11 establecementos, que ofrecerán as súas tapas a un prezo único de 4 euros. Ademais, este ano Martín Códax súmase á proposta, coa opción de gozar do petisco e unha copa de viño por 6 euros. O colectivo pon en xogo ademais 300 euros en vales de compra.
As fochancas que, literalmente, quitan o sono á veciñanza de Faxilde
En Vilagarcía, a veciñanza da rúa Canto, en Faxilde, denuncia o estado que presenta o camiño. A vía sufriu varios afundimentos en distintos puntos, por mor do paso de vehículos pesados. Nun deses puntos, o concello instalou hai tres semanas unha prancha de ferro para tapar unha gran fochanca. Unha solución temporal que está a causar moitas molestias aos veciños, en especial pola noite, polo ruído que fai cando pasan coches. Aseguran que levan presentados xa varios escritos no concello denunciando o estado do camiño sen que ninguén lles faga caso.
SOS Sanidade convoca para este xoves concentración no Salnés polo aumento das listas de...
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca unha concentración para este xoves ás Portas do Hospital do Salnés. Desta volta, poñen o foco nas listas de agarda demandando á Xunta solucións. A protesta celebrarase de xeito simultáneo en distintos puntos de Galicia.
Os socios de Zona Aberta gozarán de vantaxes na súa saúde dental grazas a...
Convenio entre Zona Aberta de Vilagarcía e Vitaldent. A través deste acordo os asociados ao colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade terán vantaxes á hora de coidar a súa saúde dental. A clínica ademais súmase á entidade como novo socio.
‘Si’ de Esquerda Unida a uns ‘malos orzamentos’ para Vilagarcía
Esquerda Unida votará a favor dos orzamentos de Vilagarcía. A formación apunta que son unhas contas que non lle acaban de convencer, pero que van apoialas porque reservan unha partida para a compra da casa dos duques de Terranova, onde propoñen construír unha residencia de maiores. Juan Fajardo fala duns 'malos orzamentos', pero di estar disposto a facer o que haxa que facer para que ese proxecto sexa unha realidade, mesmo incluso aínda que lle custe a súa representación no pleno.
O BNG reclama un estudo técnico sobre a caída da produtividade das rías galegas
A voceira nacional do Bloque mantivo este xoves unha reunión co patrón maior da Confraría de Carril. Logo de escoitar o sector, Ana Pontón demanda un plan de rexeneración para as rías. Tamén defendeu a bonificación das cotas da Seguridade Social aos mariscadores e a posta en marcha de hatcheries públicas e mixtas para garantir semente.


















